Videos da festa da fraga

Loading...

quarta-feira, dezembro 21, 2005

ADEGA reclama unha moratoria para as urbanizacións no litoral

Adega advirtió del peligro de «marbellización» de la costa gallega debido al desembarco de las principales inmobiliarias españolas.
Denuncia que, ahora que la costa mediterránea está saturada y que la UE envió un apercibimiento a España por la impunidad con la que actúan los grupos inmobiliarios en Valencia, toma cuerpo en Galicia el Sistema de Actuación por Generación de Obra Urbanizada.
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=133&Itemid=2

Las cofradías alertan de la presión del crecimiento urbano sobre el mar.
(...) «o crecemento das cidades e das urbanizacións non están planificados en función da riqueza que existe». Como ejemplo de sus quejas: «A Coruña ten varios palacios de congresos moi bonitos, pero aínda non hai unha depuradora e saen á ría os detritus humanos e non humanos». (...)
http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=4356777

terça-feira, dezembro 13, 2005

segunda-feira, dezembro 12, 2005

Rematamos parte das reformas do local

































Como podedes ver rematamos parte das reformas do local, e podedes ver nas fotos que non nos quedou nada mal, gracias o bo facer dalgúns e o non facer de outros. Pasade a velo cando queirades. Ou botade unha man na parte que queda.

escombrera

Según pública la Voz de Galicia y como consta en los dos estudios sobre fauna, que publicará la empresa privada y realizados por Universodade de Santiago. "En la escombrera de Endesa viven lobos, gatos monteses, nutrias, corzos, jabalíes y liebres... Las 1.200 hectáreas de parque se podrían vender por 15 millones"
http://www.lavozdegalicia.es/se_sociedad/index.htm

sábado, dezembro 10, 2005

calendario+ charla Intermon-oxfam











O sábado 17, ás 18 h na Casa Dopeso, presentación almanaque "2006 ázedo", xusto antes da charla sobre o traballo da ONG Intermón-Oxfam, que tratará sobre innovadores proxectos de desenvolvemento económico e social que están a levar a cabo na África Subsahariana (Utilización do purín -humán e animal- na xeración de enerxía eléctrica).

Crónica de LA voz de Galicia: Segue o espiritu Full Monty Los ponteses también se desnudan :
http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=4328295
Crónica na web de Amigus: http://www.amigus.org/web/archives/004772.php
imaxen: Hugo Arias Saudos azedos a todos/as.

terça-feira, dezembro 06, 2005

a constitución; art45/48

Artigo 45
1. Todos teñen dereito a gozar dun ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de o conservaren.
2.
Os poderes públicos mirarán pola utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexeren e melloraren a calidade de vida e defenderen e restauraren o ambiente, coa axuda da indispensable solidariedade colectiva.
3. Para quen viole o disposto no número anterior, nos termos que a lei fixe estableceranse sancións penais ou, se houber lugar, administrativas, así como a obriga da reparación do dano causado.
Artigo 46
Os poderes públicos garantirán a conservación e promoverán o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España e dos bens que o integran, calquera que sexa o seu réxime xurídico e a súa titularidade. A lei penal sancionará os atentados contra este patrimonio.
Artigo 47
Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna eaxeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para faceren efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeralpara que se impida a especulación.
A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.

Artigo 48
Os poderes públicos promoverán as condicións para a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural.


+++ xente facendo cousas:
imaxen: por panchez
http://www.aduaneirossemfronteiras.org/

quarta-feira, novembro 30, 2005

A mina convertida en lago contará con dúas illas e unha praia artificial

As Pontes Endesa apila terra na zona máis próxima á vila para crear o primeiro illote O PLAN DO CARBÓN

A empresa gastarase 35 millóns en rexenerar o xacemento e empezará no 2008

Difícil imaxinar un lago artificial de quince quilómetros de perímetro e 811 hectáreas de superficie, máis ou menos o mesmo que ocupa o núcleo urbano da Coruña. Pero así será o que construirá Endesa no oco da mina das Pontes entre o 2008 e o 2012. Entre tanta inmensidade haberá dúas illas: unha de entre oito e nove hectáreas de superficie, situada ao noroeste e reservada para as aves, tanto que os humanos terán prohibido o paso; a outra, máis pequena, de aproximadamente unha hectárea, situada no campo este de o xacemento, que será de libre acceso.

A construción deste último illote non figura no proxecto básico de rexeneración do oco, orzado en 35 millóns de euros, senón que se trata dun engadido deseñado pola dirección da mina de Endesa. De feito, a empresa xa comezou a apilar terra para conformar o montículo, que asomará sobre as augas entre dúas e tres metros. En canto acabe o depósito de material empezarase xa a sementar herba e a plantar arboledo.

Este illote do campo este, pegado ao barrio da Casilla e o máis próximo ao núcleo urbano das Pontes, estará moi preto dunha praia artificial dun quilómetro de lonxitude para a que Endesa xa está realizando ensaios. O director da mina, Francisco Aréchaga, explicou que están experimentando o uso de area procedente dunha canteira próxima para conformar a praia.

Catro fervenzas
Aréchaga, durante unha visita recente á mina, recordaba que o xacemento se encherá coas achegas do río Eume, que será a máis importante, e tamén coas augas procedentes do propio vertedoiro, espazo rexenerado con vexetación que está rodeado por unha canle ao que vai parar a choiva. De todas estas fontes beberá o lago artificial, no cal desembocarán catro fervenzas, avanzou Aréchaga.

No vertedoiro, Endesa reproduciu a escala o futuro lago da mina. é unha charca de dúas hectáreas de superficie situada en Goente, na fronteira co monte Forgoselo, e a empresa púxolle o nome de charca do Pazo, pois ese era o topónimo do lugar ata que foi engulido polo vertedoiro de Endesa.

A compañía está redactando o proxecto para construír a canle de seis quilómetros de lonxitude que levará a auga do Eume ata o oco mineiro. O proceso interromperase durante os meses de verán a causa do descenso do caudal do río.

O enchido efectuarase ao longo de catro anos, ao ritmo máis rápido posible para que a calidade da auga sexa menos mala. A isto contribuirán tamén as 1.500 toneladas de cal que se engadirán para controlar o pH. Durante os primeiros anos, o lago non será apto para a vida piscícola e estará prohibida a solta de peixes.

Na Voz de Galicia

sexta-feira, novembro 25, 2005

paisaxe + aforro enerxético + economía local

"Medio centenar de vecinos de As Pontes compran ya directamente las hortalizas a ocho agricultores que las cultivan en sus tierras. Así funciona el llamado grupo de consumo, promovido hace un año de forma experimental por la Agrupación Agroalimentaria do Eume -creada, a su vez, por la asociación Euroeume- para abrir un canal directo de comercialización entre consumidores y productores, sin intermediarios. (...)
Más información en el teléfono 981 440 668, de la asociación Euroeume."

http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=4285418
http://www.euroeume.org/

sexta-feira, novembro 18, 2005

INTERMÓN-OXFAM NAS PONTES




A ASOCIACIÓN CULTURAL CHOIVA ÁZEDA,


Convídavos o día 17 de Decembro ás 18 horas, na Casa Dopeso á charla e coloquio da ONG Intermón-Oxfam, que tratará sobre innovadores proxectos de desenvolvemento económico e social que están a levar a cabo en diversos países da África Subsahariana.

O noso invitado é Xosé Luis Quintela Julián
Director Territorial de INTERMÓN-OXFAM en Galicia, Asturias e León

P.D. O final da sesión servirase viño galego ós asistentes

Máis información sobor de Intermón-Oxfam en:
www.intermonoxfam.org


quarta-feira, novembro 16, 2005

Yoni Medio Gramo en Lugo


Hoxe as 11 da noite todos/as, os choiva azeda adictos temos unha cita no pub Morrigan da capital Luguesa, xa que temos a este pedazo actor e humorista azedo, que participa no ciclo de Noites de Comedia. É gratuito, así que se podedes non ó dudedes pasadevos a tomar unhas pintas polo Morrigan, que queda preto do campus universitario, na Avd. de Madrid, para os que coñezades Lugo.

terça-feira, novembro 15, 2005

Seguimos precisando xente para o noso calendario

Como xa saberedes seguimos incentivando a xente para que se anime a sair no noso calendario para o vindeiro ano. Xa sabedes non buscamos a modelos, tan só xente con ganas de rirse un pouco, e pasalo ben, se queredes mais información xa sabedes, contactade con nos no enderezo choivazeda@hotmail.com

XV Festival de Jazz en Lugo


Empezou o festival de jazz de Lugo, vai haber concertos ata o vindeiro Sabado. Para todos aqueles que núnca forades a un evento deste típo, dende a asociación volo recomendamos, é para vivilo alí mesmo, non para escoitalo ou que volo conten, animadevos, podedes mirar o programa na páxina http://www.jazzlugo.com/. Larga vida ó Jazz.

sexta-feira, novembro 11, 2005

mareas negras nunca mais


Van tres anos da catastrofe e ainda no temos portos refuxio nin plans de contixencia.

Sequimos tendo que dar Gracias os individuos, as familias galegas de todo-los tipos, as asociacións, a sociedade galega.
Especialmente a todos os que viñeron de fora a axudar ainda cando lles dicían que non o fixesen.
Gracias por gritar que nos importa o mundo, o noso entorno , que ainda estamos vivos.

imaxen:proxecto para a creación de islas refuxio© st ciurlo http://www.plataformanuncamais.org/

terça-feira, novembro 08, 2005

calendario azedo

Estimadísima/os folerpas ázedas:

Queremos comunicarvos que dende Choiva andamos a argallar o "Almanaque Ázedo 2006".
Para pode-lo levar a cabo estamos a buscar xente coma vos... xente sen complexos e que sabe rirse de si mesmo (polo menos tanto coma dos demáis).
O Almanaque irá decorado con instantáneas tipo-fullmuntis, e serán tomadas polo gran Hugo Arias.
O único requisito é ser das Pontes (aínda que aceptamos os de Roupar, que son tan, ou máis, ázedos cos ponteses).
Para participar, para suxerencias, para queixas, etc. contactar con nos no noso e-mail, e para máis información estade pendentes do voso correo........
Saúdos e Saúde pra todas e todos.

A Directiva.

jusqui ici tout va bien...

podese esquecer esa mirada?
aa

segunda-feira, novembro 07, 2005

novo boletin de Amnistia Internacional

Queridísima/os colegas:
como de costume, información de Amnistía Internacional para que podas dispor de información da situación dos dereitos humáns no mundo, e que podas apoiar, coa túa firma ou apoio económico, as causas que esta ONG defende polo mundo adiante.
Graciñas a toda/os.

http://www.es.amnesty.org/emailing/newsletter/dem/2005nov/news_dem_nov.htm

quarta-feira, novembro 02, 2005

preocupados polo deterioro dos dereitos civiles en Europa

Washington Post denuncia:
<<....Según el periódico, oficiales de inteligencia en servicio y retirados le dijeron que algunos sospechosos se encuentran detenidos en un país de Europa democrática oriental, en una instalación que data de la época soviética. El diario publicó que altos funcionarios estadounidenses le pidieron que no nombrara a ése y a otros países de Europa oriental.
.... Según el informe, Afganistán y Tailandia también han tenido este tipo de instalaciones secretas de detención. ....
individuos estrechamente vinculados a las agencias de inteligencia dicen que el gobierno de Estados Unidos cree que es muy justificado mantener encarcelados en suelo extranjero a los sospechosos de ser operativos de Al-Qaeda. De esa forma, los detenidos no pueden llevar sus casos ante tribunales estadounidenses y se les puede interrogar durante un largo período.>>

http://www.washingtonpost.com/wp-dyn/content/article/2005/11/01/AR2005110101644.html
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_4401000/4401394.stm

sábado, outubro 22, 2005

apoya la campaña de Amnistia


«España: Frontera Sur»

El Estado da la espalda a los derechos humanos de los refugiados e inmigrantesComo resultado de una investigación sobre la situación de los refugiados, solicitantes de asilo e inmigrantes que llegan a territorio español a través de Ceuta, Canarias y la costa de Andalucía, este informe saca a la luz los obstáculos que encuentran las personas que huyen de persecuciones y abusos graves en sus países de origen, víctimas del propósito de “detener el flujo de inmigración irregular procedente del sur”. (Junio 2005)Descargar (Formato PDF comprimido ZIP, 1,05 Mb)

http://www.es.amnesty.org/actua/migrantes_oct05/

foto:© Daniel Loewe

novos socios +++

+++Os interesado/as en facerse socios da asociación poden informarse sobre as nosas actividades e intereses así como explicarnos as suas propias iniciativas poñendose en contacto con nos no mail: choivazeda@hotmail.com
Para inscribirse poñervos en contacto con Marcos: correo markozvs@hotmail.com Necesitase cubrir un sencilla solicitude de inscripción, formaliza-lo pago das cuotas, unha fotocopia do DNI e dúas fotos de carnet.

Sinxelo, así que a animarse.

o0o a mourela o0o

0o00o 0o00o 0o00o 0o00o
Novidades sobre o futuro do círculo lítico da Mourela. Parece que ainda temos posibilidades de mantelos eses antiquisimos restos.

http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=4180192
http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=4180193

sábado, setembro 24, 2005

aparece y desaparece?!


la voz de galicia:

"Patrimonio estudia el traslado de un yacimiento arqueológico
As Pontes
La autovía de Vilalba amenaza el anillo lítico de A Mourela
Unas excavaciones sacan a la luz restos milenarios que se daban por desaparecidos.

A no ser que Cultura -la Dirección Xeral de Patrimonio- lo salve y decida llevárselo a otro sitio, ese círculo de piedras, situado en el polígono industrial de Os Airíos, desaparecerá bajo el tramo As Pontes-Cabreiros, que forma parte de la autovía Ferrol-Vilalba, y cuyas obras, por cierto, están a punto de comenzar. (....) Pese a que la consellería declinó confirmarlo, desde el Concello de As Pontes se descarta la posibilidad de que se varíe el trazado de la autovía. Hacer eso implicaría meses, sino años, de retraso en las obras.
"

http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=4096743
http://www.celtiberia.net/verlugar.asp?id=216

sexta-feira, setembro 09, 2005

PARA A QUE QUEIRA FACERSE SOCIA/O!!!

Queridas amigas:
xa tedes a vosa disposisión a folla de inscripción na nosa, e se o desexades vosa, queridísima asociación... e que aquí todo son vantaxes, so tedes que pedi-la (solicita-la, quema máis fisno), cubri-la (os datos bancarios son 20 números, 19 non chegan, vale?) e envia-la como non... a choivazeda@hotmail.com, e os ir-responsables de turno encargaranse do resto... estamos desexando, que as pidades, ehh, non por nós, se non por vós, porque ser socia é todo vantaxes e posibilidades...
Bicos a todas e a todos, tamén.

quarta-feira, setembro 07, 2005

pero amarelo, amarelo limón


En choiva estan a renovar o local.
Podemos ver de lonxe ca cor vai ser o
amarelo do logo cun toque limón.

sábado, setembro 03, 2005

viaxar, compartir....

non tes coche ou automóbil
necesitas desplazarte fora
prefires viaxar acompañado
queres aforrar os teu malos humos...

http://www.compartir.org/

quinta-feira, agosto 25, 2005

choiva...............
non podedes imaxinar o tempo que me levo poñelo logo.

quinta-feira, agosto 18, 2005

MUIÑEIRA EN PRAGA


Ola meus!!! Os membros enviados a desestabiliza-los paises do este europeo, xa están de volta, e veñen con materiais fotovideográficos, para que todos os faigades unha idea do mal que o pasaron por aló...

quinta-feira, agosto 11, 2005

muiños de vento, sostenibilidade e a costa da morte

Dende asoción Neria(foro que une a doce Concellos)veñen tempo falando de outra ameaza que chega a costa da Morte: o proxecto para instalar parque eólicos no mar. Aseguran que estes poñen en perigo a consolidación de una economía sostible na zona.(Esparamos que as inquetudes sostibles destes se reflexe tamen no ambito do urbanismo) Polo que veñen transmitindo, apoían a implantación fontes de enerxías renovables, pero non a calquera prezo. Conscientes de cos parques eólicos mariños teñen un impacto menor que unha central térmica ou nuclear, estes seguen a crear problemas nos lugares en que son instalados (problemas para a fauna mariña, a navegación, o turismo,...) ¿Como e quen debe decidir onde se instalan?
Antes de falar de novos parque eólicos, en áreas tan emblematicas, parece lóxico que as administracións poñan en marcha planes serios que reduzan o consumo de enerxía e planeen que parte de esta se produza nos centros de consumo, nos propios edificios e se empece a reducir as emisións de gases contaminantes. a.
¿cal é a vosa opinión?

http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=3972215
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=3960602&txtDia=7&txtMes=8&txtAnho=2005
http://www.elpais.es/articulo/elpepiautval/20050717elpval_17/Tes/Turismo%20de%20interior%2C%20paisaje%20y%20parques%20e%F3licos%20en%20Els%20Ports
http://www.lavozdegalicia.es/se_opinion/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=3982577
http://www.elpais.es/articulo/elpporopi/20050829elpepiopi_3/Tes/Invocando%20a%20Eolo
http://www.elpais.es/articulo/elpporopi/20050829elpepiopi_8/Tes/
http://80.88.224.18/greenpeace/

quinta-feira, julho 21, 2005

Viaxe as Illas Cíes

De novo imos intentar organizar ó viaxe as Illas Cíes, xa que o tivemos que cancelar por falta de xente. Esperamos que esta vez na segunda quincena de Agosto e sendo un fin de semana, podamos xuntar un grupiño de 10 a 15 persoas, xa sabedes podedes contactar con nós no e-mail choivazeda@hotmail.com, ou facer calquera comentario no noso blog, (xa aparecemos en google) tamén podedes pasar polo local, e apuntarvos.

Colabora con Amnistía

Nos encantaría que “el grito” que te pedimos fuera un grito de alegría. Sin embargo, eso no será posible mientras en muchos lugares del mundo se escuchen gritos de tortura. Une tu voz a la nuestra en un gran grito contra la tortura. Un grito que debe ser tan fuerte como para atravesar el océano y llegar a los oídos del Presidente George W. Bush.
¡Grita con Amnistía Internacional!

quinta-feira, julho 14, 2005

APRAZADA A VIAXE ÁS ILLAS CÍES

Debido a excesiva duraçao do Festival Celta de Ortigueira, con todo o que iso acarreou nos membros que tiñan pensado acudir a este excelente espacio natural, decidiuse apraza-la viaxe ata novo aviso. Estamos abertísimos as vosas propostas.

quarta-feira, julho 06, 2005

sábado, julho 02, 2005

CURSO DE SOLFEXO

Seguimos a facer o noso cursiño de solfexo, tódolos venres ás 20:00, a nota informativa é que a vindeira semana, cambiamos o día para o xoves a mesma hora, os que estedes interesados en participar aínda estades a tempo, tan só levamos dúas clases.
Para calquera duda ou consulta, escribídenos a choivazeda@hotmail.com ou vide a visita-lo noso lokal social, na rúa Alimpadoiros local 2, As Pontes.

quinta-feira, junho 30, 2005

Viaxe as illas Cies


Boas a todas/os complacenos invitarvos a unha viaxe que temos planificada para a vindeira semana do 12, 13, de Xullo, na cal temos pensado ir a esas illas paradisiacas que son as Cíes, o viaxe constará de dous días, durmindo unha noite nelas. Se estades interesados temos unha lista na porta do local, e tamén podedes contactar con nos no e-mail choivazeda@hotmail.com se queredes apuntarvos ou queredes preguntar algo. A fecha non é a definitiva podese modificar. Nun principio sairemos cedo das Pontes direción Cangas do Morrazo, e alí colleremos o barco para chegar directamente as Cies, onde faremos noite e o seguinte día a tardiña, faremos o percorrido a inversa, chegando As Pontes a noite. Intentaremos que o viaxe sea integramente costeado pola asociación, mentres que a comida acordaremos como facer nunha reunión o día antes, (se cada quen leva algo, se facemos bote, etc.). Se alguen non ten saco ou esterilla deixaremoslle un, e tendas temos as suficientes. Pero se alguén ten sacos de sobras ou esterillas, tamén serán ben recibidos. Nada mais permanecede atentos o noso novo blog. Saudos.

segunda-feira, junho 27, 2005

Choiva Ázeda apoia a campaña de Amnistía Internacional contra a Tortura.


Estimado amigo,Estimada amiga,Nos encantaría que “el grito” que te pedimos fuera un grito de alegría. Sin embargo, eso no será posible mientras en muchos lugares del mundo se escuchen gritos de tortura.Une tu voz a la nuestra en un gran grito contra la tortura. Un grito que debe ser tan fuerte como para atravesar el océano y llegar a los oídos del Presidente George W. Bush.Tras el 11-S y el comienzo de la llamada “guerra contra el terror”, la administración Bush enmascara mediante eufemismos tales como “posturas estresantes”, “privación sensorial”... la práctica de la tortura.Esto es especialmente grave porque la actitud de EE.UU. puede servir de ejemplo a otros países, lo que supondría un importante retroceso de los derechos humanos en todo el mundo o la justificación de prácticas que nunca han cesado en algunos países.
Absolutamente nada puede justificar el uso de la tortura, ni su legalización ni su legitimación.Por eso te pedimos que:
1. envíes tu grito a Bush, sólo tienes que hacer clic aquí.
2. hagas un donativo para ayudarnos a luchar contra la tortura y a defender los Derechos Humanos en todo el mundo. Haz clic aquí.

Porque la indiferencia es la peor de las torturas.¡Gracias por tu apoyo!

Esteban Beltrán Director Amnistía Internacional Sección Española Amnistía Internacional no vende ni comparte los datos que nos proporciones con ninguna entidad u organización. Privacidad. Para darte de baja de este boletín o cambiar tus datos, envíanos un mensaje a socios@es.amnesty.org. © 2005 Amnistía Internacional


quinta-feira, junho 23, 2005

ben-vida

23 de xunio 2005
noite de San Xoan

foleon, 10, campo de golf

hai que queimalo



sexta-feira, abril 01, 2005

CHOIVA ÁZEDA + INTERMÓN-OXFAM

A ASOCIACIÓN

Convídavos este sábado 2 de Abril ás 18 horas, na Casa Dopeso á charla e coloquio da ONG Intermón-Oxfam sobor da Globalización Económica, así como dos diferentes proxectos de densenvolvemento, desta prestixiosa ONG, en diversos países do Terceiro Mundo

GLOBALIZACIÓN, ECONOMÍA, POLÍTICA SOCIAL E POBREZA

O noso invitado é José Luis Quintela Julián
Director Territorial de INTERMÓN-OXFAM en Galicia, Asturias e León

P.D. O final da sesión haberá pinchos e viño para os asistentes

Colabora: o Concello das Pontes