Videos da festa da fraga

Loading...

quinta-feira, maio 08, 2008

CASTRO DA ATALAIA : PATRIMONIO CULTURAL GALEGO

Podemos defini-lo patrimonio cultural dun pobo como o conxunto de bens, materiais e inmateriais, de recoñecido valor que reflicten as tradicións e a forma de vivir e pensar ó longo do tempo.

O termo patrimonio, en sentido estricto, significa , polo tanto, podemos dicir que o patrimonio cultural de Galiza é o conxunto de elementos materiais e inmateriais que conforman as características específicas da nosa cultura e caracterízase pola súa abundancia, variedade e ampla dispersión xeográfica así como a vinculación á paisaxe que os rodea.

A noción de ben cultural queda subordinada á posibilidade do gozo público, o que, á súa vez, se vincula ó deber de conservación, e iso con independencia de que a súa titularidade sexa pública ou privada.

Así pois, xa que os bens culturais teñen un valor de testemuña histórica e de civilizaciónos propietarios e as diversas administracións deben preservar ese interese xeral que é o noso patrimonio histórico. No exercicio dese cometido estes entes públicos precisan a colaboración das institucións e, sobre todo, dos cidadáns, no coidadodefensa, protección, conservación e custodia de tódolos bens que forman parte do noso patrimonio cultural.

Porén, o Concello de Cervo da Mariña lucense outorgoulle tres licenzas a un construtor, para levantar 100 vivendas sobre o castro da Atalaia. Ambos sabían que nese terreo hai un importante xacemento arqueolóxico.

O Concello non tramitou a orde de de paralización da obra  emitida por Patrimonio até catro días despois, permitíndolle, deste xeito, ao construtor destruír parte do xacemento.

 Pola súa banda, Patrimonio, que actuou correctamente ao principio, incomprensiblemente permitiu que esta desfeita continuase noutras parcelas que non se viran afectadas, tal e como se pode comprobar nestas ligazóns:

http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia/

http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-atalaia-1//

http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-2/

http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-3/

Como cidadáns, preocupados pola defensa , protección e conservación do noso patrimonio, pedímosche a túa colaboración difundindo esta información.

SALVEMOS O CASTRO DA ATALAIA!

2 comentários:

Anónimo disse...

Os datos manexados respecto do castro de Atalaia non son certos. A licenza de obra outorgada para a construcción das vivendas deuse antes de que a Consellería de Cultura inventariara o achádego e, ademáis, a propia Consellería de Cultura, en mans do BNG, autorizou a continuidade das obras na zona, unha vez descartado o valor patrimonial do suposto castro

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2008/04/19/0003_6746094.htm
http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2008/04/19/0003_6746683.htm

Anónimo disse...

O concello de Cervo do PP autorizou a concesión destas tres licenzas en novembro e decembro de 2006 e abril de 2007, o concello sabía da existencia de restos arqueolóxicos na zona dende o 2005 e en agosto de 2006 a propia consellería de Cultura instou ao goberno municipal a realizar catas arqueolóxicas en terreos cercanos ao decobrirse o Cuncheiro que posteriormente se comprobou estaba ligado a un asentamento poboacional galaico-romano dos séculos I e III.

A pesar disto autorizou as licenzas sen pedir informes sectoriais da Xunta e incumpriu unha orde de paralización de Patrimonio polo que se destruiu unha boa parte do xacemento, o caso esta en mans dos xulgados.