E continua o enchido do lago...pasiño a pasiño
Pois si, comeza o mes de xuño, acercase o verano, afortunadamente diría eu, e entre opinións negativas, coma a do Catedrático Ramón Varela e tamén favorables coma a do tamén Catedrático Felipe Macias, continua a encherse o tremendo burato da xa, antiga mina de Lignito de As Pontes. Por certo moi boas entrevistas tanto a de Varela coma a de Macias que recomendo leades neste mesmo blog.
Sen entrar a valorar opinións concretas o que si me molesta dende a miña reducida óptica e a falla de información. Non se esta informando o pobo de As Pontes da evolución desta obra xigantesca. Estamos falando duna rexeneración medioambiental que vai transformar o noso entorno de maneira irreversible. Nin concello, nin Endesa, nin xunta. ¿non merece o pobo de As Pontes estar informado? Eu coido que si.
O pasado domingo día un de Xuño, din un paseo por a zona dos alimpadoiros. Déixovos un vídeo do aspecto que presenta o Lago. (Ver vídeo do Lago)
J.A.Blanco Bouza
2 comentários:
gústame o comentario que se escoita o final... "xa se ve un pedazo de barco"...
lembrade que a Sociedade Galega de Historia Natural, Adega e Fusquenlla denunciaron o enchido pasivo ao tempo que as negativas repercusións medioambientais do futuro lago. Na páxina de Fusquenlla téñese recollido información deste tema, así como da polémica suscitada ante a proposta de ubicar a planta de celulosas en As Pontes.
Enviar um comentário