domingo, janeiro 27, 2008

Internet e Mass Medias na cita electoral do 9M


O debate político na Internet entre Zapatero e Rajoy proposto por 20 Minutos podería quedar en nada por culpa en boa medida das canles de televisión, que durante o día de onte se lanzaron en masa a emular á iniciativa emprendida por YouTube e a CNN para crear uns debates electorais coa participación dos cidadáns a través da Internet.

TVE, Antena 3 e LaSexta parecen ser as canles que se enredan nesta absurda loita na que todos parecen querer ser os pioneiros nun formato de interactividade copiado dos EE.UU.

A primeira canle en sumarse a esta nova tendencia foi Televisión Española, que estreou unhcanle electoral en YouTube na que os cidadáns poderán enviar preguntas en vídeo dirixidas ós candidatos, das que as seleccionadas se emitirán por TVE dentro dos programas de entrevistas que se retransmitirán nos vindeiros días, podendo tamén os internautas botar polas súas preguntas favoritas a partir do 14 de febreiro.

Esta nova plataforma se promocionará a través dunha web de RTVE na que se explican os detalles desta iniciativa, dando consellos a quen desexe participar (coma que os seus vídeos non duren máis de 30 segundos, que se identifique o autor ou destacar pola orixinalidade).

Segundo Rosalía Lloret, directora de Medios Interactivos de RTVE, esta iniciativa nace «a raíz do éxito do programa Tengo una pregunta para usted» e pretende«fomentar a participación cidadá no proceso político».

Reaccionando a toda velocidade ó anuncio de RTVE, dende Antena 3 tamén estrean unha canle en YouTube, que complementará á web electoral dos seus servizos informativos. Dende Antena 3 aseguran que as preguntas remitidas en vídeo polos internautas se poderán ver en seccións especiais de Espejo Público e 360 grados, así como nas distintas edicións de Antena 3 Noticiasemitíndose as cuestións máis orixinais e as que non foran abordadas polos diferentes programas dos partidos políticos.

Amais, tamén levarán a comunicación das eleccións ós novos soportes coma Internet, a telefonía móbil (SMS, MMS, WAP, vídeo baixo demanda e televisión móbil), televisión por Internet, etc.

LaSexta decidiu seguir o mesmo camiño que o resto de canles televisivas, aínda que dun xeito menos áxil, pois a súa aposta céntrase na creación da web TúPreguntas.com, que non estará operativa ata o vindeiro luns.

A iniciativa de LaSexta preséntase coma un reto lanzado a Zapatero e Rajoy, para que respondan ás preguntas dos internautas ós dous líderes políticos, seleccionando as máis orixinais e incisivas para un potencial debate televisivo desta canle.

LaSexta permite o envío de preguntas a través de webcam na súa web especial, remitindo o enderezo dun vídeo subido a YouTube e mesmo escribindo a pregunta en texto (sen vídeo). Os usuarios da web tamén poderán opinar sobre as preguntas enviadas e intercambiar ideas con outros cidadáns.

Quén da máis?

Sem comentários: