quarta-feira, junho 14, 2006

SOS Mourela: Mesa redonda “As pedras tamén morren”

Espazo en directo para a emisora local RadioEumeSábado 17, ás 11 da mañá, no salón de actos da Casa DopesoDebido á destrucción patrimonial que se está a producir no lugar da Mourela, entorno ao xacemento megalítico máis importante do noso concello, nas obras do treito As Pontes-Cabreiros da Autovía Ferrol-Vilalba, consideramos necesaria a apertura dun debate local con tódalas forzas sociais das Pontes, onde xurdan unha serie de medidas encamiñadas á protección e defensa do noso patrimonio.

Dende a plataforma entendemos que este problema é un problema de todos, non só dos veciños senón tamén dos que nos representan. Por iso convocamos a todos a participar desta mesa redonda o vindeiro sábado.


Plataforma Cidadá na defensa do Círculo Lítico da Mourela

Sem comentários: