Videos da festa da fraga

Loading...

terça-feira, janeiro 16, 2007

Verdegaia organiza roteiro polo LIC da Costa Ártabra

O L.I.C. Costa Ártabra repártese polos concellos costeiros de Ares, Mugardos, Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Cariño e Ortigueira. Trátase dun tramo de costa moi variado en canto a ecosistemas se refire, albergando areais, cantís, humidais, pequenas illas e mesmo serras, e que conforman un espazo único integrado dentro da Rede Natura 2000. O tramo de costa que imos percorrer correspóndese coas zonas costeiras de Sta. Comba, Sartaña e Ponzos, na parroquia ferrolá de Covas.
Ademais dos seus valores ambientais e patrimoniais, Verdegaia pretende salienta-las múltiples agresións que ameazan a conservación deste espazo protexido como é o proxecto de parque acuícola ideado para Ponzos.

Data: Domingo 28 de Xaneiro de 2007. Saída: 10:00h.
Contacto:616 03 92 68 ou 661 63 69 46
Máis información en www.verdegaia.org

Sem comentários: