sábado, fevereiro 10, 2007

novo cursos no CGAC

Infórmovos de que próximamente desenvolveranse no CGAC, dous talleres de artista en relación á arquitectura e os espazos urbanos:

- Taller sobre arquitectura sustentable Terapia Urbana, impartido polo equipo Ecosistemaurbano (Belinda Tato e José Luis vallejo).
Neste taller preténdese afondar, a través da creación dun proxecto, na activación de espazos urbanos abandonados ou degradados coas premisas de sustentabilidade, aproveitamento de materiais e recursos naturais. O proxecto que se constrúa finalmente será susceptible de aplicacións reais.

O taller ten un carácter práctico moi claro de aí que en número de horas sexa bastante intensivo, está dirixido a estudantes ou profesionais dos ámbitos da arquitectura, belas artes, xeografía, ambientalistas, xeógrafos/as, urbanistas, deseño, ecoloxistas... e todas aquelas persoas interesadas no ámbito do espazo urbán.

Datas: 7-9 marzo

- Taller impartido por Carmen Mazaira e Izaskun Chinchilla. Ao igual que no anterior taller, Proxecto dunha continxencia forma parte do contexto da exposición “Arquitectura contemporánea en Galicia” que terá lugar a finais de xuño no CGAC. As directoras do taller están interesadas en crear un grupo de participantes moi heteroxéneo formado por persoas interesadas no desenvolvemento urbano, estudantes, arquitectos, maiores que fan seguimento das obras da cidade, urbanistas, comerciantes, colectivos de mulleres... en definitiva, un grupo cidadán moi diverso co que poder reflexionar sobre os usos e compartamentos da cidade e deseñar, tomando como referencia esas reflexións, as bases dun concurso público.

Datas: 14-15 abril

Coordinadora: Virginia VIllar

As persoas interesadas poden poñerse en contacto co Servizo de Actividades e Proxectos Educativos.
981 546 602/ 623
cgac.educacion@xunta.es / cgac.actividades@xunta.es

post by aar

Sem comentários: