sexta-feira, fevereiro 02, 2007

Amnistía Internacional

Dende Choiva Azeda sempre apoiamos "a morte" (é unha forma de falar) a Amnistía Internacional. Fai poucos anos tiveron a ben que os invitasemos a As Pontes, e aquí se plantou a súa delegación da Coruña. Visita que se plasmou nunha conferencia sobre a situación dos Dereitos Humáns no Iraq dende a súbida ó poder (do xa cadáver) Sadam Husseim e ata a situación de caos deixada pola liberación-invasión occidental.
Unha das cousas que máis chamou a atención, é a súa forma de financiamento, xa que non aceptan cartos (nin en forma de donativos) de ningún organismo público de ningún país de mundo. Polo que o seu orzamento cíñese as cotas dos socios, que só en España contaba do ano 2.006 con 43.000. Esta forma de actuar, blinda á organización de presións económicas que imposibilitarían a súa imparcialidade e a súa arbitrariedade. Ogallá esta medida fose corrente na maioría das ONGs, ONGd ou ONL.

Aquí colgamos un enlace para actuar nas súas derradeiras campañas en activo: Amnistía Internacional

Sem comentários: