Os ecoloxistas diríxense a Bruxelas para que estude o caso de Endesa nas Pontes
da Voz de Galicia: "A Federación Ecoloxista Galega reiterou onte a súa oposición ao proxecto de inundación da mina das Pontes e anunciou que fará xestións ante a Unión Europea para que as autoridades comunitarias estuden a súa viabilidade. Considera que existen posibilidades de que o lago non consiga manter un nivel aceptable na calidade das súas augas e critica a importante detracción que sufrirá o río Eume durante os catro anos que se calcula que tardará en encherse o oco da explotación mineira. O portavoz da federación, José Luis Baleato, explicou que a importante cesión de caudal prexudicará á rexeneración do Eume, que, segundo dixo, empezaba a recuperarse coa presenza ata de lampreas e algún salmón: «queda co caudal ecolóxico, é claro que terá incidencia sobre estas especies». Os ecoloxistas cren que pode influír ata no marisqueo na desembocadura do río."
A Asociación Cultural foi creada no ano 2003, e nace co obxectivo de ser un medio de apoio para todo tipo de representación e inquedanza cultural da cidadanía, así coma medio de formación, por medio de cursos e actividades.
A bitácora de Choiva Azeda pretende divulgar o traballo de distintos colectivos sociais, e ca idea do fomento da participación social en materias como o patrimonio cultural e medio ambiental, a sustentabilidade ou a educación.
forma de contacto: choivazeda@hotmail.com ou nos tlfos: 659092297 (Marcos), 650003849 (Helio)
local social: Rúa Alimpadoiros s/n CP: 15320, As Pontes (Galicia)
Sem comentários:
Enviar um comentário