sábado, setembro 16, 2006

ninguen pode escapar

Para a maioría de nos o desorde climático ameaza hoxe o noso estilo de vida. Para os habitantes de Banglasesh, o cambio climático pon en perigo a súa supervivencia.O futuro xa esta eiquí. Bangladesh ten unha poboación de 150 millóns de persoas e un 70% do territorio a cotas moi baixas (o delta do Ganges e do Brahmaputra...)Cada un dos seus habitantes producen de media o ano 0.3 toneladas de CO2. A media para un cidadán americano e de 20 toneladas.Os bangladeshis suplican nos, os habitantes das nacións ricas e mais contaminantes, que poñamos freo o as nosas emisións e fagamos algo para reducilos efectos do cambio climático xa.Cada grado centígrado que suba a media de temperatura global implica un 10% de terreo perdido en Bangladesh.

Para ler +:
+ http://comment.independent.co.uk/commentators/article1603631.ece
+ http://news.independent.co.uk/environment/article1603660.ece
Para calcular a tua huella ecoloxica:
+ http://www.earthday.net/footprint/index.asp

post by aa da información publicada no Independent o 15 de sep 2006

sexta-feira, setembro 15, 2006

a cidade interpretada

A iniciativa pretende amosar que a obra de arte situada no espazo público pode ser un estímulo e un medio de conciencia da nosa presenza activa no mesmo. A obra de arte pública proponse na actualidade máis como unha “mediación” que como un obxecto en si mesma, xa que o interese dos artistas está en establecer un diálogo entre a obra, o lugar e a audiencia. O espectador transfórmase nun actor, un “intérprete” do espazo.

As intervencións dos oito artistas invitados a traballar sobre o contexto de Santiago de Compostela inciden en tópicos inseparábeles da percepción da cidade, como son a Historia, a crenza ou a cultura, e noutros aspectos como a xeografía urbán, a sociedade ou a industria turística. Pero se pretendeu unha aproximación a estas cuestións desde a concepción do espazo público non como algo físico senón como un proceso temporal de construción colectiva. Trátase de ler o texto da cidade histórica a través dos rasgos profundos das súas rúas e prazas, dos seus relatos e itinerarios, pero tamén de facer política dos seus espazos, de examinar a transitividade existente entre os seus suxeitos e obxectos. Para iso é necesaria a apelación ao espectador como aquel suxeito de experiencia ou ‘intérprete que pode estabelecer conexións críticas entre tempo e espazo, forma e contexto, memoria e cotidianeidade.

No proxecto ‘A cidade interpretada’ participan Nathan Coley coa intervención no COAG e outra na praza de Cervantes de Camouflage Church;

Hans Schabus con Melodie Finisterre instalado no paseo da Ferradura;
Germaine Kruip con Wish, un orixinal proxecto que versa sobre as estrelas fugaces, visible desde diferentes puntos da cidade;
Roman Ondák, con Lucky day na praza da Praterías;
Jorge Barbi coa obra Minarate, situada no Pazo de Bendaña;
André Guedes, coa Visita de Eugenio na praza do Obradoiro;
Carme Nogueira coa obra Refuxio na praza da Trisca;
e Apolonija Sustersic que aporta Manifestation Platform no parque de Hortas.

terça-feira, setembro 12, 2006

concurso de expresión grafica rápida

A Cámara Oficial Mineira de Galicia convoca o primeiro certame de pintura rápida en explotacións mineiras de Galicia, que está patrocinado por Endesa e apoiado pola Consellería de Industria.
Esta primeira edición terá lugar no vertedoiro das Pontes o 30 de setembro. Entre as 10 e as 18 horas dese día, os artistas que se anotaron previamente deberán inmortalizar un recuncho dese antigo vertedoiro de escorias procedentes da mina, hoxe convertido nun espazo arbolado e pasteiros dun milleiro de hectáreas.

Os premios en metálico suman 6.000 euros. O primeiro 2.000 euros, 1.500 o segundo e 1.000 o terceiro. O xurado concederá tres accésit de 300 euros cada un.
A inscrición no certame é gratuíta. Os interesados poderán anotarse ata o mesmo día 30 a través do teléfono 981 139 664 e do correo electrónico cmg@camaraminera.org. As bases pódense consultar na web www.camaraminera.org.
Cada concursante aportará o seu propio material. Terán liberdade á hora de elixir a técnica e o estilo, aínda que a temática deberá limitarse ao vertedoiro. O concurso pretende destacar os proxectos de restauración ambiental na minería.

informacion da voz de galicia. imaxen: aru (proxecto para a rexeneracion dunha explotacion a ceo aberto cerca de Leipiz)

sexta-feira, setembro 08, 2006

feira medieval

09-09-2006 + 10-09-2006 feira medieval na Vila

-
-- - - --
------ --
-----
- -

quarta-feira, setembro 06, 2006

vida no rural

O deputado nacionalista Fernando Blanco , das Pontes, entregou onte á conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, informes elaborados pola comunidade educativa de Cabanas que xustifican a permanencia da escola de Lavandeira, que a Xunta pretende pechar.
Segundo explicou o concelleiro do BNG Xosé Manuel Pérez Sardiña, o documento inclúe 200 firmas contrarias a clausúraa do centro. Tamén o compromiso de dez pais para matricular aos seus fillos pequenos en Lavandeira.
Blanco fixo entrega a Sánchez Piñón tamén de informes similares para evitar a pechadura das escolas de Covas (Ferrol) e Cervás (Ares), condenadas ambas por Educación.

da voz de galicia

sexta-feira, setembro 01, 2006

verdegaia, salvemos monteferro e o COLECTIVO MAUXO

Realizarase o domingo 3 de setembro, aberto a todo aquel que queira coñecer as paisaxes e hábitats desta zona do concello de Nigrán, ameazada polo proxecto dun campo de golf. Ademais, aproveitaremos o roteiro para facer unha limpeza nas covas do Folón. Sairemos da igrexa de Coruxo ás 10:00. O roteiro durará todo o día. Cómpre levar comida, calzado axeitado e luvas para a limpeza.
* * *
E para os máis marchosos: mañá, sábado 2, ás 11 da noite, no aparcamento de Panxón:
CONCERTO DE DAKIDARRÍA (a reivindicativa banda de punk-ska-reggae de Nigrán, fondamente ligada a Salvemos Monteferro). Porque a cousa promete, recomendámola. Tamén estarán os amigos de The Gotxos Party.

(nota que nos chega desde o colectivo salvemos monteferro)