quinta-feira, novembro 30, 2006

Xornada de Conferencias: A Restauración da Mina das Pontes

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, organiza para este sabado día 2 de decembro na Casa Dopeso unha xornada de conferencias co título: “ A restauración da mina de As Pontes “. A partir das 4 da tarde intervirán entre outros:

Francisco Aréchaga Rodríguez (Director da mina de As Pontes, ENDESA Generación)
Felipe Mazías Vázquez (Catedrático de Edafoloxia da USC) e
Francisco da Silva Bello (Concelleiro de Desenvolvemento e Urbanismo das Pontes).
+artículo sobre as conferencias na Voz de galicia
imaxén: estado actual da lagoa artificial de Cospuden (leipzig, germany).
Ademais da atención os aspectos medioambientais, o redor das enormes infraestructuras mineiras en desuso tanto en Francia, como en Alemania ou en Wales lebaron se acabo proxectos de rexeneración que incluirón aspectos da seguridade, económicos, sociais e urbanísticos.

segunda-feira, novembro 27, 2006

Nova derrota do noso equipo na liga local

Tras outro intenso encontro da liga local, o noso gran equipo, demostrou a súa melloría con 5 dianas, que non foron suficientes para derrotar o equipo rival. O resultado final foi de 8-5. Pese a derrota, o noso adestrador Alfonso comentou que estaba moi contento coa melloría do equipo, e esperamos que en novas contendas sigan mellorando ata atopar a ansiada victoria.

domingo, novembro 26, 2006

I Concurso de Fotografía: “Feísmo Urbanístico no Concello das Pontes”

Xa queda pouco más de dúas semanas para que remate o prazo de presentación de fotografías sobre o feísmo no noso Concello. E polo tanto, queremos animar a participar a toda a xente que lle interese. De momento xa entregaron 7 persoas os seus sobres pechados, pero a Asociación desexa que o número de participantes aumente nos derradeiros días (como soe pasar neste país sempre que hai que entregar algo). Nós consideramos que o número de participantes tamén pode ser un síntoma da inquietude e da preocupación que a xente ten sobre o tema do urbanismo descontrolado e caótico que nos tocou vivir nos últimos decenios. Xa nos chegaron bastantes felicitacións pola iniciativa deste concurso, agora gustaríanos que éstas se manifestasen nunha boa cantidade de fotografías que mostren o estropicio arquitectónico, urbanístico e ambiental das Pontes.
Recomendámosvos que lle botedes unha ollada aos seguintes enlaces para que vos inspire (contén fotografías moi representativas do feísmo en Galicia):
ou neste
A ASOCIACIÓN CULTURAL CHOIVA AZEDA CONVOCA O 1º CONCURSO FOTOGRÁFICO "FEÍSMO URBANÍSTICO NO CONCELLO DAS PONTES", CONFORME AS SEGUINTES BASES:

Os concursantes poderán participar cun máximo de 10 fotografías, que se axustarán ás seguintes normas:
-Tema: O feísmo urbanístico no termo municipal do Concello das Pontes
-Modalidade: en cor eu en branco e negro, en papel fotográfico
-Tamaño mínimo: 15 x 20 cm.

As fotografías presentaranse en sobre pechado figurando no exterior o número de obras presentadas e o lema do autor. Cada foto levará un título e o lugar onde foi tomada, e nun sobre adxunto deberán constar os seguintes datos: nome completo do autor (aceptarase o uso de pseudónimo), número de DNI, enderezo e número de teléfono.

As fotografías enviaranse a dirección postal de Choiva Ázeda: R/ Alimpadoiros local 2 s/n CP:15320 (As Pontes) ou entregaranse directamente no Bar Súper 8, sito na rúa Coruña (en fronte da Biblioteca Municipal), dende o 1 de novembro ata o 15 de decembro.

As obras pasarán unha selección previa antes de ser expostas e as elixidas formarán parte da exposición que a tal fin se inaugurará dentro dos actos a programar no marco dunha mostra organizada para tal efecto.

Establécense os seguintes premios:

- 300 euros para o gañador
- dous accésits de 100 euros cada un.

De non haber un número mínimo de obras presentadas ou si a calidade das mesmas, na opinión do xurado, fora deficiente, os premios poderán declararse desertos.

As obras gañadoras quedarán no poder da Asociación pasando a formar parte dos seus arquivos documentais, podendo reproducilos e difundilos con total liberdade.

Os premios resolveranse no mes de decembro por un xurado composto por persoas vinculadas ao mundo cultural da vila de As Pontes, así como expertos en urbanismo, e actuando como secretario do mesmo, un representante da Asociación Cultural Choiva Ázeda.

O dictame do xurado será inapelable e darase a coñecer na apertura da exposición que a tal fin organizará a Asociación Cultural Choiva Ázeda na Casa da Cultura do Concello das Pontes, e os concursantes, polo propio feito da súa participación, aceptan en tódolos seus termos, as presentes bases.

10ª Os membros da Organización, igual que os membros do xurado, poderán presentar obras pero non poderán ser premiados.
11ª A valoración das obras terá en conta tanto o estropicio e desfeita reflexados na fotografía, como a calidade técnica de mesma.

Para máis información: chamando ó teléfono 670 432 491 ou escribindo un correo electrónico á dirección: choivazeda@hotmail.com

Qué é o feísmo?
"Non estou moi de acordo co ese termo. Os edificios non son feos, senón malos. Hai xente que é fea, sen faccións perfectas, non é bonita, pero en cambio é verdadeira, auténtica. Son edificios que son a expresión dunha sociedade desnortada, atrapada na especulación e o mal gusto".
Cesar Portela Femández-Jardón (Arquitecto).

ou como di Javier Armesto:
"Con la expresión feísmo, más coloquial que otra cosa, se evitaba decir lo que realmente era: estropicio y, peor todavía, reconocer la dura evidencia de que hoy, a pesar del indiscutible progreso, la Galicia colonizada por el hombre, con normas, leyes, planes y recursos públicos, está más deteriorada, más fea, que veinticinco años atrás".

quarta-feira, novembro 22, 2006

o emprego da biomasa forestal

A Asociación Forestal de Galicia profundará no aproveitamento enerxético dos restos da madeira procedentes das tallas e podas, o que se coñece genéricamente como biomasa.
Para iso, invita aos propietarios de montes, comuneiros e a todas as persoas interesadas a asistir a un seminario técnico sobre o emprego da biomasa forestal que terá lugar na Casa Dopeso (As Pontes) este xoves 23 a partir das sete da tarde. A asociación conta co patrocinio da Consellería de Medio Rural para organizar este seminario.
O aproveitamento da biomasa consiste en queimar restos dos montes nunha planta a través da cal obtense enerxía. Nos paises nórdicos, estase a defender unha política de descentralización enerxetica, onde as centrales de biomasa pasan a xogar un importante papel, aproveitandose (para aforrar ainda máis emisions) a auga quente que se produce no proceso de xeneración enerxética para as calefacións.

domingo, novembro 19, 2006

reportaje do pais

" Esta central emite más que 2,4 millones de coches. La vida en As Pontes gira en torno a la gigantesca central térmica, y pocos parecen lamentarse." clic eiqui

sexta-feira, novembro 17, 2006

o coco

Según o PP españa vive sumida no pánico. Volven a asociar inmigración e delincuencia. E din que eles pretenden: plantar cara al “incivismo, el fenómeno okupa y antisistema”. Según eles un dos problemas que ten a sociedade española son os okupas e os movementos antisistema.
Di Acebes ca xuventude educada en ideas de esquerda, comenza despreciando a disciplina e o esforzo segue por acosar nas aulas e términa...fatal; ocupado vivendas e rompendo escaparates de surcursais bancarias.
?

domingo, novembro 12, 2006

novos links

dende hoxe podes accder a novos links:

+mellor en bici . web que promove o uso da bicicleta en sustitución dos vehículos privados.
este colectivo organiza "bicicletadas" para revindicar o pracer e os beneficios para o medio ambiente que as bicicletas poden aportar. Hoxe a convocatoria xuntou a 1050 persoas en Vigo e unhas 50 en Chantada e miles máis en múltiples poboacions en toda españa.
inclúe unha calculadora que che di canto co2 aforras nos teus traxectos en bici ou camiñando.
+andalucía investiga. para recordar a Efrén.
+memoria histórica en galicia. Asociacións e Fundacións que se adican á recuperación da Memoria Histórica da Guerra Civil e da Represión
imaxen: Chantada 12-11-06

sábado, novembro 11, 2006

Catro anos despois OUTRO PRESTIGE AÍNDA É POSÍBEL

4 ANOS DESPOIS...
... segue existindo un alto risco no tránsito marítimo
... Galiza non posúe un Plan de Continxencias propio
... seguen sen determinarse os “Lugares Refuxio” e os Centros de Almacenamento
... a escaseza de medios é evidente
... non se controla eficazmente o Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra
... continúa a deterioración do noso medio mariño
... permanece a débeda histórica do Estado
Catro anos despois OUTRO PRESTIGE AÍNDA É POSÍBEL.
É obriga da sociedade galega lembrar que unha catástrofe
marítima e medioambiental aínda é posíbel. É obriga da
sociedade galega reclamar que non suceda NUNCA MÁIS.


Manifestación o domingo 12 de nobembro as 12 dende a Almeda de Santiago.

quarta-feira, novembro 08, 2006

SOS Mourela: Plataforma: Comunicado 6-11-2006

A Plataforma na Defensa do Círculo Lítico da Mourela, quere manifestar o seu descontento e preocupación, pola situación de abandono que se está a producir nas escavacións do círculo lítico, no concello das Pontes de García Rodríguez.
Recentemente a plataforma puxo en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio, a necesidade de aportar tódolos medios técnicos e humáns dispoñíbeis para garantir a continuidade dos traballos arqueolóxicos durante os meses de inverno.
Ler o comunicado premendo aquí