sexta-feira, dezembro 08, 2006

canto costa salva-la mourela???

da web SOS mourela.

by: Plataforma na defensa do Patrimonio das Pontes e ADEGA

Con este documento preténdese obter unha aproximación do custo da execución de dous túneles para resolver o problema derivado do trazado da autovía Ferrol-Vilalba, no treito entre o casco urbano de As Pontes e Cabreiros, entre o P.K.36+320 e o P.K.36+420 (aprox.) por riba da Necrópole da Mourela.
Con este importe de referencia quérese abrir unha nova vía de diálogo que poida desenredar a situación xerada.
Para a elaboración do presente documento empregouse a base de prezos do Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Guadalajara Ed. 22 Ano 2006.
A estimación dos diferentes elementos de sustentación do túnel foron estimados a partir do análise de obras similares.
Para calcular o incremento real da obra, habería que deducir as partidas correspondentes ao Proxecto Inicial que se deixarían de facer. Entre outras: o movemento de terras, o paso superior do PK36+305, os traballos arqueolóxicos necesarios na zona, etc.
Así mesmo, habería que valorar o aforro en tempo de espera ata a conclusión da escavación arqueolóxica da Necrópole da Mourela.
Do presente Estudo tírase que o importe do Presuposto Base de Licitación ascende a un total de 2.807.394,91 € que para a execución dos 110 metros de vía supón un custo de 25.521,77 €/m.
Por outro lado, partindo de que o Presuposto de Licitación ascende á cantidade de 52,6 millóns de euros e o de adxudicación foi de 39,2 millóns de euros, o incremento (tendo en conta o exposto no párrafo anterior) sería:
Un 5,3% con respecto ao Presuposto de Licitación.
Un 7,1% con respecto ao Presuposto de Adxudicación.
Un 20,1% con respecto ao aforro xerado pola baixa do contratista.
Polo tanto, esta nova obra entraría dentro do 10% de incremento contemplado pola Lei de Contratos das Administracións Públicas, polo que consideramos que podería ser asumida.
A este beneficio hai que lle engadir o da protección do Patrimonio Cultural. O túnel permitiría evitar un impacto severo sobre un campo de mámoas de máis de 5000 anos de antigüidade.

Sem comentários: