sábado, dezembro 23, 2006

Xa temos gañadores


Parabens a gañadora do "Primeiro Concurso de Fotografía sobre o feísmo nas Pontes": Ana Belén Ardao Bouza e os dous concursantes elexidos polo xurado para os segundos premios: Carolina Leal Sueiras + David Cabarcos Vizoso.
Parabens a todo-los de concursantes que fixeron que o xurado tivera que estar reunido discutindo moito máis tempo do previsto.
Queremos agradecelo traballo e entusiamo de todos eles:
Hugo Arias +Mª Luisa Gabín Naveiras + Javier Gil Vieco + Fernando Vérez Tojeiro + Miki + Armando Maseda López + Alex Blanco + Jose A. Blanco + Lúa Rivera Cendán + Marta Bellas Rozas + Serpa + Celia + Natalia Corral Franco + Paser+ David Tembrás Alonso “Beabis” + Carolina Díguele Parras + Sonia Corral + Jose Mª López + Bico + Edgar.
Recordar ca gala de entrega de premios e a inauguración da exposición onde poderedes ver unha grande mostra do traballo de todos eles será o próximo día 26 (terceira feira) ás 6 da tarde.
Temos que agradecer tamén a sua colaboración os membros do Xurado, a todo o persoal do Departamento de Cultura do Concello, a xente do Bar Super 8, a Arantxa e a Carol.

7 comentários:

Anónimo disse...

felicito a ana belén, parabéns :)

tamén a carolina e david, asi mesmo a choiva azeda pola iniciativa e a idea tan boa que tiveron.

poñerei unha crítica constructiva, poque sei que tomarán boa nota delo, e que saberán encaixala; e ten sucedido quizais noutras circunstancias algo comparable, i é que sendo unha idea e a iniciativa moi boa, despois no momento final se estropea ou non se cumple co agardado, neste caso coas bases do concurso, non sei para que se poñen se non se cumpren, o cal é absurdo e incoherente, e sei de 3 casos de incumplimento, unha é no meu caso, xa que en nengún lugar se especifica que non se poda poñer o nome na fotografía, motivo polo cal se me descalifica do concurso, sen que exista nas bases tal cousa. Outro caso que sei doutra persoa, é porque as súas imaxes miden menos de 15x20 dentro dunha fotografía que sí mide iso, cando realmente nas bases pon que é a fotografía o que debe medir tal, e señores, o negro ou branco ou cor da marxe tamén é fotografía. é luz que incide ou non no papel no momento da exposición de copiado, e queda negro ou branco e ademais está no papel fotográfico e cada un na foto fará o que quere. E outro caso é a foto que sae nesa noticia, non sei se é a gañadora, pero en tal caso, vexo que non cumpriron a base nº 11, porque urbanísticamente son feas... feas.... esas fachadas de ladrillo, pero do outro concepto que nas bases puña, se ía ter en conta... para a valoración dos gañadores... cóstame crer que non houbera millores fotografías no que supostamente é un concurso fotográfico. Pensemos, que é un concurso fotográfico ?

penso que se a idea era finalmente esta, deberiades por nas bases que non se admiten concursantes profesionais, que as fotos non poden ter marxe, que non se poden firmar as fotos, que nn importa a calidade fotográfica, que s valorará máis que anda a desfeita urbanística, que o xurado pese ás bases ten o poder de decidir outras cousas sen que as bases seña polo que se rixan á hora de valorar ós gañadores e quizá algo máis.

repito,
creo que estas críticas levan razón por iso as publico e me doe un pouco dicilas, pero non é con outro ánimo que o de construir e de que as teñades en conta á hora de levar a cabo tan maravillosas iniciativas coma as que soedes ter. felicidades de verdade, pero cun pequeno tirón de orella.


parabéns aos gañadores :)
e pese a todo, gracias Choiva e con tino, pero a pola seguinte :)

un saudo
hugo

Anónimo disse...

Beizóns polo premio.

Anónimo disse...

fan falla ganas de de vuscarlle tres pes o gato. Mira Hugo, pero a donde vas presentandote a un concurso donde un xurado ten que elexir de forma imparcial e poñendo o nome sobre a foto, ¿pero enton pra que carallo era o sobre pechado co nome dentro? en fin...neste caso todos entendimos as bases menos ti.
no referente o tema da calidade tecnica...pois que queres que che diga, nun concuso coma este, ¿pretendias atopar algun premio pulitzer entre os concursantes?, veña oh. Era un concurso pra todo dios, e a meirande parte dos que nos presentamos eramos simplemente aficionados cunha camara de 120 euros.
Noraboa por as tuas fotos, pois coma sempre son moi boas, pero non esta demais saber perder.
Creo que habia moitas fotos canidatas a gañar, pero o xurado de forma imparcial decideuse por a foto de Ana Belen. Calquera outra que gañase, poderia ser discutida, porque non quita de ser algo subxetivo.
saudos e ata o proximo concurso.
J.A.Blanco

Anónimo disse...

Eu pensaba que o máis importante era o concurso non quen o obtivera, pero vexo que ata pra iso somos envexosos.

Anónimo disse...

mira hugo, eso no meu pobo chamouse envexa toda a vida.... se te presentas a un concurso aberto a todo o mundo, tes que estar tan disposto a gañar como a perder, non cres?? en canto ó das bases...´quero pensar que non as liches ben, porque estaban moi pero que moi clariñas, e logo o do nome en sobre pechado???? non era moi complicado de entender, de feito de todos os que se presentaron, penso que ti fuches o único que non o entendiches, non che da que pensar???
bueno, en fin, penso que o tiron de orellas habiacho que dar a ti, rapaz, e mais de un.
noraboa os gañadores e á asociación
apertas

Unknown disse...

The style and design ugg sandals varies from culture to culture and people's demands like high heels or no heel. ugg sandals boots are basically made from leather, canvas, wood, rubber, plastic and other petrochemical derived materials. Comfortable and fashion shoes depends on the person's need. You can get a high heel ugg boots if you are short or want to look tall or you can get sport ugg if you are an athlete of very sporty personality. Many types are available in uggs like the hunter shoes, mountaineering shoes, skiing shoes, plain leather corporate look shoes, and many more.

Unknown disse...

http://iblogs.org/index.php?cmd=/public/user/blogs/name_baglouis/
http://iblogs.org/index.php?cmd=/public/user/blogs/name_lvhandbags/
http://iblogs.org/index.php?cmd=/public/user/blogs/name_vuittonbag/
http://indoblogger.com/lvhandbags/
http://lination.com/lvhandbags/
http://liousvuitton.blog.friendster.com/
http://liousvuitton.us.splinder.com/
http://lvbag.us.splinder.com/
http://lvbag1.us.splinder.com/
http://lvbag112.webs.com/apps/blog/

^_~