Videos da festa da fraga

Loading...

domingo, outubro 08, 2006

don alejandro

na Chocolatería (ORFAS, 15-SANTIAGO DE COMPOSTELA) se expoñen actualmente diversas maquetas de edificios e proxectos dun dos arquitectos e mestres de maior influencia na segunda metade do século xx: ALEJANDRO DE LA SOTA, realizadas por alumnos de universidade de Munich.
http://www.alejandrodelasota.org/03_01_00.cfm

o Martes 10 de outubro terá lugar, de 16:00 a 19:00 horas, una sesión crítica con 3 arquitectos que son bós coñecedores da obra e pensamento do mestre.

interveñen:
VICTOR LÓPEZ COTELO- que traballara durante anos con no estudio de Alejandro. Catedrático en Munich e autor, entre outros, do proxecto de rehabilitación e extensión Da Vaquería en Santiago.
JOSE LLINÁS CARMONA- arquitecto con estudio en Barcelona. Autor de numerosos proxectos na cidade condal como a nova Biblioteca de Gracia e a de plaça Lesseps.

MANUEL GALLEGO JORRETO- profesor da escola de arquitectura da Coruña e autor de imnumerables proxectos en Galicia, como o museo de Belas Artes da Coruña.
organiza: colexio oficial de arquitectos de Galicia+ coa colaboración do consorcio de Santiago.

Sem comentários: