Videos da festa da fraga

Loading...

sexta-feira, outubro 27, 2006

españa na portada de "The Guardian"

Unha vez + o nome de España aparece como o país que máis se distancia do seus obxectivos para cumprir o protocolo de Kioto en Europa. Esta vez España aparece un sábado en grande e amarelo na portada de periódico máis lido e de maior influencia en Inglaterra .

clic eiqui para:
1.
articulo completo
2. descentralización energética
3. + info sobre cambio climático no Guardian
4.
o impacto económico do desorde climático na economía
5.
como condenan a morte as nosas emisións a un neno somali
6.
unha verdade inconveniente

A Unión Europea, a quen lle gusta presumir de se-la campiona na loita contra o cambio climático, está fallando no seu obxectivo de reduci-las súas emisión de gases invernadoiro e vai ter que tomar medidas moito máis contundentes para poder conseguilo, según as novas proxección presentadas en Bruxelas. A Comisión Europea dixo, que en base os seus datos e tendo en conta as políticas que se están a poñer en marcha, as emisións dos 15 países da Unión Europea orixinal serán so un 0.6% inferiores as de 1990 no 2010. A Eu-15 tiña a intención e compromiso no protocolo de Kioto dunha reducción do 8% no 2012. (...)

Mr Dimas sinalou que, de seguir así sete países -Austria, Bélxica, Dinamarca, Irlanda, Italia, Portugal e Spain - excederan as súas emisión individuais, que están blindadas baixo a leis da EU. Incluso tomando medidas extraordinarias, España verá incrementadas as súas emisións de 1990 en un 51.3 no 2010 comparado co 15% de aumento que lle permitía o protocolo de KiotoO crecemento económico de España e aproximadamente do 4% anual, un dos máis alto da Unión, pero sufriu nestes anos episodios climáticos extremos que fan que se emitan aínda máis gases de efecto invernadoiro.Según as proxeccións Irlanda incrementará nun 30% os niveis do 1990 no 2010, (se lle permitía un 13%), Portugal un 42.7% (se lle permite un 27%). (...)

Datos europeos para a esperanza:

+ o ano pasado vendéronse un 20% de coches limpos (eléctricos, que utilizan bio carburantes,...) en Estocolmo; o segredo o concello penaliza fortemente con impostos os vehículos contaminantes.
+ 22% foi o incremento en uso de bicis para chegar o traballo na capital británica (onde tamén chove).
+11.000 británicos deixaron o anos pasado de ter coche privado para facerse socios dun club de alquiler de vehículos.
+ 2050 o ano en que o goberno sueco espera deixar de emitir gases contaminantes a atmosfera.
+ A enerxía eólica é xa capaz de subministrar electricidade os fogares galegos.

post by aar

Sem comentários: