sábado, dezembro 23, 2006

Xa temos gañadores


Parabens a gañadora do "Primeiro Concurso de Fotografía sobre o feísmo nas Pontes": Ana Belén Ardao Bouza e os dous concursantes elexidos polo xurado para os segundos premios: Carolina Leal Sueiras + David Cabarcos Vizoso.
Parabens a todo-los de concursantes que fixeron que o xurado tivera que estar reunido discutindo moito máis tempo do previsto.
Queremos agradecelo traballo e entusiamo de todos eles:
Hugo Arias +Mª Luisa Gabín Naveiras + Javier Gil Vieco + Fernando Vérez Tojeiro + Miki + Armando Maseda López + Alex Blanco + Jose A. Blanco + Lúa Rivera Cendán + Marta Bellas Rozas + Serpa + Celia + Natalia Corral Franco + Paser+ David Tembrás Alonso “Beabis” + Carolina Díguele Parras + Sonia Corral + Jose Mª López + Bico + Edgar.
Recordar ca gala de entrega de premios e a inauguración da exposición onde poderedes ver unha grande mostra do traballo de todos eles será o próximo día 26 (terceira feira) ás 6 da tarde.
Temos que agradecer tamén a sua colaboración os membros do Xurado, a todo o persoal do Departamento de Cultura do Concello, a xente do Bar Super 8, a Arantxa e a Carol.

quinta-feira, dezembro 21, 2006

varias profesoras do IES Castro da Uz...

Varias profesoras do IES Castro da Uz ( http://centros.edu.xunta.es/iescastrodauz/ )resultaron premiadas nos Premios Nacionales de Investigación e Innovación Educativa 2006
Modalidad de Innovación Educativa. Parabéns para todas elas.


<Nacionales de Investigación e Innovación Educativa 2006
Modalidad de Innovación Educativa

Primer Premio dotado con 15.000 euros: «Exposición virtual Dalí-arte-
Dalí-ciencia-Dalí-sueño-Dalí-realidad-Dalí».

Coordinador: Marina Fernández Bouza. 20%.
Autores:
Rocío Chao Fernández.20%.
M.ª José Fernández Yánez.20%.
Rosa Ana Fernández Rodríguez.20%.
M.ª José Vergara Leonardo.20%.>>

O resto dos premios foron para:
Segundo Premio dotado con 9.000 euros: «Enseñando Física y Química
con ideas Quijotescas».
Segundo Premio dotado con 9.000 euros: «Lecto-escritura para
todos.

sábado, dezembro 16, 2006

ikea regala una bicicleta a cada uno de sus empleados

Published: 16 December 2006 . the independent.

Ikea, the Swedish retail chain, showed its green credentials yesterday by giving all 9,000 of its workers a free bicycle.

The store handed out the £139 fold-up bike and offered a 15 per cent subsidy on public transport at its Christmas breakfast. This year the flatpack furniture specialist decided that giving a bike would send a strong environmental message.
The bicycle is the store's second high-profile green gesture this year following its decision to introduce a charge for plastic bags and encourage reusable ones. Plastic bag take-up at checkouts is down by 97 per cent.
"We want to create a better everyday life for the many, and do what we can to make greener living possible," Ikea's UK manager, Peter Hogsted, said. "The bike is a fun present but there is a serious message. We all have a responsibility to do what we can to protect the environment."

quinta-feira, dezembro 14, 2006

Premio de poesía Uxío Novoneyra

Unha avogada de Corme resultou gañadora do premio de poesía Uxío Novoneyra de As Pontes, un certame de carácter bienal convocado polo Concello. Os 5.000 euros do premio foron para Diana Varela, de 25 años, pola obra Xardín de palabras.
O premio entregarase oficialmente o día 2 de xaneiro nunha ceremonia no Alovi. Diana Varela, natural de Corme pero que exerce a súa profesión de avogada en A Coruña, é a cuarta gañadora do certame de poesía. O primeiro foi Xosé Vázquez Pintor; o segundo, Daniel Salgado; e o terceiro, Suso Pensado.

Patrimonio apoia facer un túnel

"Patrimonio apoia facer un túnel na autovía para salvar o círculo lítico"

(...) Felipe Arias indicou que Patrimonio propuxera fai un ano a alternativa do túnel na Mourela, opción que daquela non aceptou a Consellería de Política Territorial. Onte, este departamento presidido pola socialista María José Caride declinou facer unha valoración oficial sobre o túnel (...)

quarta-feira, dezembro 13, 2006

menos choiva azeda

+non sabemos CO2 se emite a atmósfera durante o transporte do carbón dende Indonesia ...
hoxe celebramos que; según ENDESA ; a Central das Pontes emite medio millón de toneladas de CO2 menos o ano.
No 2004, a central, cos catro grupos queimando unha mestura de lignito e hulla, lanzou á atmosfera 10,7 millóns de toneladas de CO2. No 2008, con todas as caldeiras renovadas, emitirá 9,7 millóns.

imaxen: gráfico de greenpeace que explica como nun sistema de xenearación centralizado de enerxía tan so chega a utilizarse de forma eficiente un 22% da enerxía producida.

terça-feira, dezembro 12, 2006

mulleres

na Voz ..."las mujeres en Galicia perciben un salario un 27% inferior al de los hombres por desarrollar un trabajo similar, diferencial que se incrementa a medida que sube el nivel de responsabilidad del puesto de trabajo" .
+ rancia foto no Pais:
Fundación Galega para a A Sociedade do Coñecemento, constituida ayer en Santiago, para la búsqueda de fórmulas de gestión y financiación de proyectos vinculados a la Ciudad de la Cultura.
En el patronato de la fundación (os da foto) participan las empresas Citroën, Inditex, Fenosa, Coren, Pescanova, Fadesa, Finsa, las tres universidades gallegas, el Banco Pastor, Caixa Galicia y Caixanova. "

post by aar

segunda-feira, dezembro 11, 2006

comunicado de ADEGA e a Plataforma Pola defensa do Circulo da Mourela

ADEGA PRESENTA UNHA ALTERNATIVA PARA SALVAR O CÍRCULO LÍTICO DA MOURELA

O proxecto contempla a construcción dun túnel para que a autovía Ferrol-Vilalba discorra baixo o monumento
9 de decembro de 2006. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio de As Pontes veñen de presentarlle á Xunta un proxecto para a construcción dun túnel na autovía Ferrol-Vilalba que evitaría a destrucción do Círculo Lítico da Mourela, un conxunto megalítico único en Galiza.
A Dirección Xeral de Patrimonio xa amosou o seu apoio a esta alternativa, viábel técnica e económicamente. Só falla que a Dirección Xeral de Obras Públicas amose a mesma sensibilidade na conservación da nosa herdanza cultural.

As obras da autovía Ferrol-Vilalba están arestora paradas á altura do polígono industrial dos Airíos (As Pontes) á espera de que Patrimonio remate as prospeccións arqueolóxicas na zona. Sería lamentábel que, unha vez máis, a conservación da nosa herdanza cultural ficara nun segundo plano, e que os servizos arqueolóxicos da Xunta tiveran que limitarse a levantar acta da desfeita, facendo de forenses dun patrimonio sacrificado a maior gloria das infraestruturas.
O proxecto desta obra, que data do ano 2000, non considerou como se merecía o excepcional valor deste xacemento, único en Galiza e "descoberto" por Federico Maciñeira a principios do século XX. No estudo de impacto, redúcense considerábelmente os perímetros de protección, considerando só de xeito illado algunhas das mámoas da necrópole e ignorando o círculo lítico que se dá por desaparecido. O trazado da autovía proxéctase pois sobre este elemento, a pesares de figurar nas normas subsidiarias da provincia da Coruña e estar catalogado polo Concello de As Pontes.

Alén disto, o polígono industrial anexo (os Airíos) acabou por destruir no seu momento (1996) parte do conxunto, incluíndo outro círculo lítico máis pequeno e algunhas mámoas situadas ao nordeste do monumento maior. Arestora, este importantísimo conxunto megalítico é só a sombra do que foi no pasado, e dos dous círculos líticos (ou cromlechs), monumentos moi raros en Galiza, é certo que pouco queda xa. Pero trátase das nosas pedras e da herdanza dos devanceiros á que non podemos nen debemos renunciar.

Por iso, dende ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes coidamos que cómpre facer todo o posíbel para conservar este monumento. E persuadidos disto, vimos de presentar á administración un proxecto para evitar a consumación da desfeita. Trátase dun túnel que, aproveitando os desmontes xa feitos, pasaría baixo o conxunto megalítico. Esta obra é técnica e económicamente viábel (non supera a marxe legal de incremento do orzamento) e conta co visto bó da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, que nun primeiro momento xa expuxera unha alternativa similar á CPTOP.

A decisión está, xa que logo, nas mans da CPTOP. ADEGA e a Plataforma coidamos que sería un erro imperdonábel non considerar sequera esta alternativa. É obriga das administracións tentar harmonizar a conservación do noso patrimonio (natural, cultural, arqueolóxico...) co desenvolvemento económico e social. Niso consiste o desenvolvemento sustentábel. O contrario suporía perpetuar as políticas depredadoras e insolidarias das que en Galiza en xeral e nas Pontes en particular xa tivemos dabondo.
ADEGA.

Máis información e comentarios de usuarios:
http://www.amigus.org/web/archives/006432.php

sexta-feira, dezembro 08, 2006

canto costa salva-la mourela???

da web SOS mourela.

by: Plataforma na defensa do Patrimonio das Pontes e ADEGA

Con este documento preténdese obter unha aproximación do custo da execución de dous túneles para resolver o problema derivado do trazado da autovía Ferrol-Vilalba, no treito entre o casco urbano de As Pontes e Cabreiros, entre o P.K.36+320 e o P.K.36+420 (aprox.) por riba da Necrópole da Mourela.
Con este importe de referencia quérese abrir unha nova vía de diálogo que poida desenredar a situación xerada.
Para a elaboración do presente documento empregouse a base de prezos do Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Guadalajara Ed. 22 Ano 2006.
A estimación dos diferentes elementos de sustentación do túnel foron estimados a partir do análise de obras similares.
Para calcular o incremento real da obra, habería que deducir as partidas correspondentes ao Proxecto Inicial que se deixarían de facer. Entre outras: o movemento de terras, o paso superior do PK36+305, os traballos arqueolóxicos necesarios na zona, etc.
Así mesmo, habería que valorar o aforro en tempo de espera ata a conclusión da escavación arqueolóxica da Necrópole da Mourela.
Do presente Estudo tírase que o importe do Presuposto Base de Licitación ascende a un total de 2.807.394,91 € que para a execución dos 110 metros de vía supón un custo de 25.521,77 €/m.
Por outro lado, partindo de que o Presuposto de Licitación ascende á cantidade de 52,6 millóns de euros e o de adxudicación foi de 39,2 millóns de euros, o incremento (tendo en conta o exposto no párrafo anterior) sería:
Un 5,3% con respecto ao Presuposto de Licitación.
Un 7,1% con respecto ao Presuposto de Adxudicación.
Un 20,1% con respecto ao aforro xerado pola baixa do contratista.
Polo tanto, esta nova obra entraría dentro do 10% de incremento contemplado pola Lei de Contratos das Administracións Públicas, polo que consideramos que podería ser asumida.
A este beneficio hai que lle engadir o da protección do Patrimonio Cultural. O túnel permitiría evitar un impacto severo sobre un campo de mámoas de máis de 5000 anos de antigüidade.

domingo, dezembro 03, 2006

o patrimonio pérdido

artículo da Opinión da Coruña sobre a desaparición do vaso campaniforme Pontes na Universidade de Santiago...

sábado, dezembro 02, 2006

praceres locales

DA NOSA HORTA A TÚA PORTA

Esta campaña lánzase para dar a coñecer o modo de funcionamento da Agroalimentaria. A partir de 15 euros levámosche o pedido a casa. Actualemente estamos a traballar en Ferrolterra, Coruña, e nos concellos que forman o territorio de actuación de Euroeume.

Os xoves enviamos un correo a tódolos consumidores interesados cun arquivo de Excel. Nel actualizamos os productos de horta que temos e os prezos, que varían en función do mercado. Ademais incluimos outros productos; repostería, apicultura, conservas vexetais e de peixe, lácteos, productos de comercio xusto, e viños e licores. Se quere facer un pedido, vostede so ten que modificar o arquivo de excel, e gardalo no seu ordenador (por exemplo co seu nome e a data), e logo mandalo a esta conta de correo (a data límite para facer pedidos sería o luns ao mediodía, para darnos tempo a encargar a mercancía aos nosos socios).

Para pedidos superiores a 15 euros, facemos entrega a domicilio, nos centros de traballo, ou no lugar que nos indique cada consumidor. Existe a posibilidade de unificar pedidos de varios consumidores para entregar nun mesmo sitio (así é moito mais doado chegar ós15 euros). En principio para os pedidos inferiores a 15 non facemos reparto a domicilio. Temos un local en As Pontes e outro en Vilarmaior, onde se poderían recoller aqueles pedidos inferiores a 15 euros.


Agroalimentaria vende produtos da zoa do Eume entre eles productos ecolóxicos como Repolo, Espinacas, Porros, Acelgas, Setas (Pleurotus), Leituga, Riza é Carne de Terneira Ecolóxica