quinta-feira, maio 03, 2007

Keith Haring en Ferrol

A sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol acolle estes días unha interesante exposición sobre un dos artistas norteamericanos máis relevantes do seu tempo: Keith Haring.

A mostra “Obra completa sobre papel” consta dun total de 215 traballos que documentan o desenrrolo creativo deste artista norteamericano dende 1982 ata 1990, ano no que falece a causa do sida ós 31 anos de idade. Ata o 10 de xuño pódese disfrutar desta gran oportunidade para adentrarse no universo creativo deste singular artista, herdeiro do Pop Art e considerado por moitos o pai do graffiti.

Haring creceu coa cultura de masas e as novas tecnoloxías, rodeado de comics e debuxos animados. Todo este mundo influíu na estética dos seus debuxos, de apariencia infantil e colorista onde conviven bebés, cans, anxos, ovnis e figuras de superheroes…
Pero a esta estética hai que sumarlle a sensibilidade de Haring hacia problemas sociais como o apartheid, a loita contra o sida ou a guerra. Esta complexidade temática contrasta coa apariencia sinxela da súa obra.
Para ilustrar estes mordaces mensaxes Haring creou símbolos que representaban temas como a violencia, o diñeiro, o sexo, o sida, a relixión e o racismo. Estes símbolos, fácilmente reconocibles, convertíronse en iconos dunha época e en referentes da arte urbana nos 80, pero aínda hoxe seguen a ter vixencia, porque son mensaxes universais que seguen conservando o seu poder comunicativo.
O segredo do éxito da obra de Haring pode residir, quizais, na capacidade que ten para facernos reflexionar sen tentar ser moralizador.

Máis info na páxina oficial: www.haring.com

3 comentários:

Anónimo disse...

Caralludo, agradécese o aviso.
Este non foi o que dibuxou ao Fido Dido do 7UP?

Anónimo disse...

Pois penso que non é o mesmo, amigo, pero sei que fixo publicidade para marcas moi coñecidas. Por exemplo, na expo hai carteles feitos por Haring para Lucky Strike.

Anónimo disse...

moitas gracias, non sei quen es, pero vexo que eres un cultureta. Préstame moita as noticias de arte e cultura que tedes na bitácora. seguide así, agradécese.