segunda-feira, maio 28, 2007

A Plataforma e ADEGA preparan un acto sobre A Mourela para o venres 1 de xuño nas Portas Ártabras

REPENSANDO A MOURELA, é a frase escollida para presentar esta actividade, que conta coa colaboración da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia.

A Plataforma na defensa do Patrimonio das Pontes, xunto con ADEGA preparan un acto sobre a Mourela na cidade da Coruña, no que se exporá a problemática da necrópole prehistórica da Mourela, afectada polas obras da autovía AG-64 Ferrol-Vilalba.

O inicio está previsto para as sete do serán, coa proxección de catro pezas audiovisuais, que presentarán a situación actual do conxunto megalítico, e que terá unha duración aproximada de quince minutos.

O acto contará ademais coa presenza do prehistoriador e arqueólogo Antón Malde que falará ao respecto da importancia da necrópole da Mourela nos estudos e investigacións da Prehistoria en Galiza.
Asemade, o museólogo e técnico de xestión cultural, Felipe Senén falará das posibilidades de reconstrucción do anel lítico e da posta en valor do conxunto megalítico.

Membros de ADEGA e a Plataforma farán tamén unha análise dos diferentes impactos producidos na necrópole ate o momento e presentarán as condicións que posibilitan a execución dun túnel como alternativa á destrucción deste conxunto patrimonial.
O evento, ao que está prevista a asistencia de diferentes persoeiros da cultura galega, terá lugar nas Portas Ártabras da Asociación Amigos dos Museos de Galicia, situado na cidade vella da Coruña.

Dende a organización, anímase aos veciñ@s das Pontes, a participar neste acto, que aseguran será tamén unha manifestación pública da vontade popular galega, na salvagarda da necrópole megalítica da Mourela.

2 comentários:

Anónimo disse...

esta claro que é ás sete do serán pero .... ¿de que día?, ADIANTE COA DEFENSA DO CÍRCULO LÍTICO DA MOURELA, porque o que está claro é que se se deixa desfacer o círculo lítico xa case que non teremos nada que defender nin sequera simbólicamente, adiante compañeiros¡¡¡¡¡¡¡

A.Roosevelt Bouza

Anónimo disse...

Será o Venres ás 19:00 horas, no local Portas Ártabras na Cidade Vella.

para calquera dúbida podedes chamar ao 670.43.24.91