O local será a sede da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), entidade cuxo fin principal é "a mellora e o aproveitamento dos recursos enerxéticos provinciais, así como a sensibilización das autoridades locais, as empresas e os cidadáns sobre a escaseza de recursos enerxéticos" (case nada).
Para os máis interesados podedes consultar a súa web.
Nós, congratulámonos de que por fin teñamos un museo no pobo (o etnográfico non conta porque é propiedade dun colexio)... por qué tamén é un museo non sí? Esperemos que nos vaian explicando que é a famosa casa, porque non esquezamos que é unha inversión dos pontes@s.
E sentímolo polos grafiteros e os porretas, que agora teñen un sitio menos para o seu esparcimento cotiá.
Sem comentários:
Enviar um comentário