Videos da festa da fraga

Loading...

domingo, dezembro 30, 2007

Central Térmica de As Pontes, o maior foco de contaminación galego


COMUNICADO DA ASOCIACIÓN ECOLOXISTA GUERRILEIR@S DAS FRAGAS:

Co motivo da aparición do alcalde de As Pontes nun programa  emitido a nivel estatal falando do cambio climático, o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, quere expresar o seu parecer do tema  o non se lle permitir participar neste programa.

Perplexos contemplamos como o representante dos ponteses, que non da empresa ENDESA, facía una alabanza dos “esforzos que a empresa fai por adaptarse ó  cumprimento de quioto, investindo  600 mill. de euros para reducir as emisións de CO2 nun 20 % e as de SO2 practicamente no 100%”

Pois como o propio alcalde tamén dicía, é necesario falar con propiedade destes temas,  e os ecoloxistas de as pontes o facemos acudindo os propios datos que a empresa está obrigada a publicar para a súa certificación ambiental.  Neste documento lemos que as reducións de emisións serán do 6,9 % para o CO2, e do 96,9% para SO2. Isto significa que a central seguirá emitindo cerca de 10.000.000 de toneladas de CO2 ó ano,  case que o dobre do que emite a totalidade do parque automobilístico galego.

Xa ninguén  dubida que o cambio climático producido polo efecto invernadoiro é un dos maiores problemas ambientais ós que nos enfrontamos, a influencia humana sobre o clima é evidente debido o aumento de  emisións de CO2 antropoxénicas como as da térmica de As Pontes. Secas prolongadas, fortes inundacións, olas de calor contaminación do aire…son algunhas das consecuencias do actual modelo enerxético baseado na queima de combustibles fósiles, que emiten o redor do 30 % do CO2 total español. En consecuencia temos que abandonar estas enerxías sucias e incrementar dunha forma racional a participación das renovables, así como promover o aforro e a mellora da eficiencia enerxética.

Pero inda hai máis porque falaba dos “esforzos ambientai” da empresa, algo pouco menos que escandaloso e  que require una breve revisión histórica . A central térmica de As Pontes con 1.400 Mw de potencia é a maior térmica do estado e foi construída entre o 1972 e 1979 para explotar o xacemento de lignito pardo situado o seu pé. Entre 1993 e 1997, a central foi transformada para consumir unha mezcla de lignito e de carbón subbituminoso de importación. Perante o esgotamento do lignito extraído nas pontes a central afronta nestes momentos outra transformación para operar a partir do 2008 só co carbón de importación o cal é menos contaminante e grazas a elo se producirán as reducións da contaminación. Vemos pois que a central de esforzos ambientais nada, senón que grazas o esgotamento do xacemento autóctono, esta  vese obrigada a transformar as caldeiras  para proseguir coa produción.

Guerrilleiros das Fragas
Apartado correos 41 C.P:15320
As Pontes
Teléfono contacto: 659 734273


3 comentários:

Anónimo disse...

en que programa falou e a santo de qué?

Melko disse...

E que queres expresar?
O que todos sabemos.....
Ou é que queredes unha palmadiña nas costas.
Propoñede solucións viables e deixade de contar o mesmo conto.
Sabes o que pasa, que non sodes quen de poñer unha idea intelixente sobre a mesa; xq na tua casa prendes a calefación e a luz polas noites, verdade?

escéptico per natura disse...

Guerrilleros cal é a vosa proposta? Que peche a central? Gustaríame que cando se fala da contaminación se expuxesen alternativas realistas e cribles, pq unha galiza chea de aeroxeradores en tódalas esquinas, tampouco nos interesa, ou si?