Videos da festa da fraga

Loading...

quinta-feira, dezembro 27, 2007

Ratzinger, oligarca e líder dos católicos, suprime a mula, o boi e os pastores do pesebre


Conservador e rigoroso, amante da ortodoxia máis estrita e das misas en latín, Benedito XVI cinguiuse ao que relata a Biblia e ordenou quitar a mula, o boi e os pastores dos tradicionais pesebres do Nadal. O papa-xerente, gran coñecedor da figura de Jesús, baséase no Evanxeo de San Mateo e defende que as figuras representadas na tradición proceden dos Evanxeos Apócrifos. Isto, por suposto, creou debate en torno á orixe do Cristo.

Agora só fai falla que quiten a virxe e os anxos, que tampouco estaban alí. Alí so estaban as monxas e os curas pasando o cepillo e pedindo por todos, bueno, menos polos pecadores, que eses xa falarán co INNOMBRABLE o día do XUIZO FINAL que segundo o Xerente da Multinacional Católica, tense previsto para o 25 de decembro de 2.999, para conmemorar o Terceiro Milenio da chegada de Xesús dende as estrelas máis lonxanos do firmamento. Que conste que íase celebrar no ano 2.000 (aínda non se esqueceu o gran efecto que provocou) pero parece que por falta de abogados de oficio e de que aqueles días o ex-Xerente cristiano andaba constipado, aplazouse 1.000 anos -tempo de sobra para seguir con esta leria-.

2 comentários:

Manuel Rivas disse...

Pero é que aínda hai máis. A virxe tampouco debería estar ata pasados uns días dende o alumbramento do neno, porque, segundo a tradición xudea, nos días posteriores ó parto a muller é impura. Habería que ver se tamén estaba o neno...

E o do fin do mundo, xa lles vai chegando. No final do primeiro milenio xa se falaba do mesmo e, aínda por riba, mudaron a data do milenio varias veces por ver se atinaban (evidentemente equivocáronse tódalas veces). Por certo: "hablemos del mileniarismo, ¡cojones ya!".

Ismael disse...

Moi bo ó comentario de Fernando Arrabal!! Xenio e figura.

Para os que descoñezan esta teoría, corto e pego da wikipedia:

El Milenarismo es la doctrina según la cual Cristo volverá para reinar sobre la Tierra durante mil años, antes del último combate contra el Mal, la condena del diablo a perder toda su influencia para la eternidad y el Juicio Universal. Tuvo influencia en la Iglesia del segundo siglo de la era cristiana, en la Edad Media, y finalmente entre los protestantes.

El milenarismo no ha muerto. Goza de muy buena salud, pese a que muchos intenten desacreditarlo como doctrina y darle a la palabra tintes peyorativos. Falta todavía un estudio desapasionado y realista sobre lo que en realidad es el milenarismo y sobre su historia, más allá de las invenciones de quienes lo rechazan. Mientras tanto, todavía se pueden leer las palabras de la Epístola de Bernabé, un escrito bastante popular en los primeros siglos de la Iglesia, proclamando la venida de Cristo, la inauguración del milenio y la inminencia de la autora del octavo día, cuando el Hijo entrega el reino a su Dios y Padre y se somete a Su voluntad, para que el Padre sea todas las cosas para todos.