quinta-feira, julho 17, 2008

CIBERACCIÓN: "O EUME MORRE"



Medio Ambiente vén de culpar (9 de xullo) ás obras da autovía Ferrol-Vilalba da acidez no Eume, causa da morte dos peixes. Días antes (1 de xullo) para a consellaría o responsábel era o encoro do Eume, que explota Endesa. E non esquecimos a rocambolesca explicación ofrecida pola consellaría de Manuel Vázquez (25 de xuño) culpando da catástrofe ás "características xeolóxicas da canle", isto é, ao propio Eume. Diante deste paripé, ADEGA trasladará á Fiscalía de M. A. o ocorrido no río, para investigar o proceder da administración e depurar as responsabilidades neste atentado ecolóxico.

Tí podes esixir á administración que tome medidas urxentes para recuperar o ecosistema do Eume e o Chamoselo e que namentras non se leven adiante medidas correctoras, se suspenda a pesca no Eume entre As Pontes e a desembocadura. Tamén, podes esixir da administración máis transparencia e rigor á hora de determinar a orixe da acidificación e a morte dos peixes, probabelmenmte debida á "limpeza" do encoro da Capela. Dende a web de www.vadeando.com podes facer chegar a túa protesta á Consellaría de Medio Ambiente.

1 comentário:

Im-Pulso disse...

Hoxe (domingo 28 setembro) estive no Eume. Non ía ás fragas desde hai tres meses. Tedes razón, morre, lentamente pero morre. Mesmo vin espuma nas augas, uns 1.500 metros máis arriba da ponte que cruza rumbo ao mosteiro de Caaveiro. E nas zonas onde o río remansa non se ve o fondo, a auga ten unha cor blanquecina moi estrana.
Unha aperta.