domingo, maio 06, 2007

Primeiras instantáneas e impresións da queixa cívica "Galiza non se vende"





















A manifestación celebrada este domingo en Santiago de Compostela conseguiu reunir a uns 3.000 cidadáns, a pesares da pouca atención adicada polos medios de comunicación masivos, principalmente pola Voz de Galicia, que non publicou nengunha nota de prensa das que lle foron enviadas polos organizadores.
A protesta cívica foi convocada por máis de 40 colectivos sociais (sen vinculacións con nengún partido político, nen organizacións sindicais) co fin de chama-la atención da clase política sobre a situación caótica da ordeación do territorio e da depración dos espazos patrimoniais naturais e culturais.
Da vila das Pontes deronse cita en Compostela un bo número de membros da Plataforma Cidadá en Defensa do Patrimonio das Pontes, entre eles socios da nosa asociación, que de forma conxunta colaboramos na convocatoria do acto no noso municipio e na comarca eumesa.
A xornada desenvolveuse nun ambiente festivo e moi cordial entre os participantes, servindo de foro para aumentar as relacións de cooperación entre as distintas asociacións comarcais. Esto tipo de xuntanzas, sen lugar a dúbidas deberán ser repetidas, para que cada vez máis xente se poida sumar o lema da manifestación: "Galiza non se vende. Terra viva e vida digna para tod@s".

2 comentários:

Anónimo disse...

Da gusto ve-las fotos.

Anónimo disse...

Estivo ben curiosa a mani. Demostrouse que a través das asociacións pódense artellar estructuras fora das antigas corporacións partidistas.
A próxima será máis numerosa en público, non teño dúbida delo.