sexta-feira, agosto 31, 2007

A. VV. de Ferrol Vello organiza un maratón fotográfico.




MARATÓN FOTOGRÁFICO
“RE-COÑECER O BARRIO”

Como primeiro acto das festas da Parrocheira deste ano, a Asociación de Veciños de Ferrol Vello ten prevista a celebración da maratón de fotografía “Re-coñecer o barrio” o próximo sábado, día 1 de setembro.

Esta maratón é, se non a primeira que se celebra en Ferrol, a primeira a se organizar (¿?) en moitos anos, e dende logo unha novidade en Ferrol Vello. Completarase cunha exposición no baluarte de San Xoan na semana do 7 ao 14 do mes vindeiro, tal e como vén recollido no programa das festas. Con ámbalas dúas actividades, maratón e exposición, pretendemos obter unha imaxe do noso barrio dende múltiples puntos de vista, de xeito que o conxunto permita amosar a todos os visitantes unha visión o mais ampla e orixinal posible. Asimesmo, gustaríanos darlle un impulso a un lugar tan atractivo e con tantas posibilidades como é o baluarte, mesmo creándolle un alter-ego que funcione como espacio cultural.

Calquera afeccionado á fotografía, sexa avezado ou principiante, novo ou vello, veciño de Ferrol Vello ou de calquera sitio, pode participar sen necesidade de inscripción previa. A única condición é ter cámara fotográfica dixital e tempo libre dende as 11 da mañá ata as 14 horas, que é o que durará a maratón.
1.- FECHA DO CONCURSO
Sábado 1 de setembro, 2007

2.- HORARIO
Mañana, de 11h. a 14h.

3.- LUGAR
O lugar de encontro será o baluarte de San Xoan, ás 11 da mañá do sábado 1. Alí se lles tomarán os datos e se lles darán as instruccións.
4.- DESENVOLVEMENTO

lugar de encontro será o baluarte de San Xoan, ás 11 da mañá do sábado 1. Alí se lles tomarán os datos e se lles darán as instruccións.
Cada participante acudirá provisto de cámara fotográfica dixital. A tarxeta de memoria da cámara deberá estar valeira. Non hai límite (nin por baixo nin polo alto) de idade.
número de fotos a presentar por participante será de 10: unha primeira de grupo que tomará no mesmo baluarte, e nove mais, correspondente cada unha a un lema no que se deberá inspirar.
Ás 11, no baluarte, daránselles os primeiros tres lemas; ás 12, no obelisco de Churruca (entre Herrera e o Parador), os seguintes tres; e á 1 do mediodía os tres últimos nos xardíns da fonte da Fama (diante do Arsenal).
Ás 14 horas aproximadamente, de novo no baluarte, os participantes descargarán as súas tarxetas no ordenador da AVV. Serán en total 10 fotos, comenzando pola de grupo feita ao principio e seguindo polas outras nove, na orde exacta dos lemas dados.
Un xurado de cinco personas, composto por fotógrafos profesionais da comarca e membros da directiva da asociación, fará a selección das 20 mellores instantáneas. Instantáneas que serán expostas a partir do venres día 7. Os participantes deberán ceder a propiedade das fotografías seleccionadas á AVV Ferrol Vello, polo tanto.
A nosa asociación invita a todos, ferroláns e forasteiros, grandes e cativos, expertos ou novatos, academicistas ou iconoclastas, a tomar parte deste evento e, de paso, a voltar a coñecer o noso barrio.

A 30 de agosto de 2007
O presidente da AVV Ferrol Vello
________________________

Manifestación contra Reganosa o vindeiro 30 de Setembro.

O Comité de Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha manifestación o vindeiro 30 de Setembro, ás 12 do mediodía no porto de Ferrol. Podedes copiar o cartel e envialo os vosos contactos.

quinta-feira, agosto 30, 2007

Seguen os actos contra Reganosa en Mugardos


Esta nota foinos enviada pola asociación veciñal Fontelonga: "Na tarde noite de onte o Comité Cidadan acordou asistir a dito Pleno Municipal coas camisetas do CCE, nas suas distintas edicions existentes, ainda que se agarda que predominen as de color roxo ou vermello que chaman mais a atención.Tamen coas bandeiras de color roxo ou vermello que se desplegarán mentras fale Luz Marina Torrente en representación da Federación Roi Xordo e do CCE. Esperase que dito turno de palabra para LUz Marina sexa concedido o principio do pleno segundo o solicitado pola Federación Roli Xordo."
Desde as 18,15 teremos a porta entrada camisetas de color vermello para quen as queira mercar.
Conven ir antes das 18:45 hora a que todos debemos estar dentro.

terça-feira, agosto 28, 2007

Exposición fotográfica: Dereitos palestinos á sombra do Muro‎




Organizada por:
Asociación Cultural Fuco Buxán e a ONG ACSUR - Las Segovias
coa colaboración da Fundación Araguaney
Exposición Fotográfica

"Dereitos palestinos á sombra do Muro"

Exposición que amosa os efectos que ten para a poboación palestina
o Muro que Israel constrúe nos territorios ocupados.

Inauguración
(rolda de prensa)

30 de agosto de 2007, 18.30 horas,
Lugar: Fundación Araguaney (Sala Castelao)
Rúa Montero Ríos, 25-27 Santiago
Con:
Isaac Díaz Pardo ,
Ghaleb Jaber Ibrahim
(Presidente da Fundación Araguaney)
Manuel A. Rodríguez Carballeira
(Presidente da Asociación Fuco Buxán)

Acto do 6 de setembro, ás 20 horas,
na Sala Castelao da Fundación Araguaney
Presenta:
Manuel A. Rodríguez Carballeira
(Presidente da Asociación Fuco Buxán)
Interveñen:
Mohamed Safa
(OLP)
Xosé Sánchez Bugallo
(Alcalde de Santiago de Compostela)
Jordi Pedret i Grenzner
(Vicepresidente de ACSUR, Deputado do PSC e Voceiro do Intergrupo para Palestina do Congreso)

A exposición estará desde o xoves 30 de agosto ao sábado 8 de setembro,
ambos incluídos.
Por semana de 18.30 a 21 horas, e os sábados de 12 a 14horas

Guerrilleiros das Fragas, envianos esta nota de prensa




Ante a eminente posta en marcha da central de ciclo combinado de ENDESA en As Pontes, o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas quere poñer de manifesto o perigo que pode supoñer esta central, debido á súa cercanía ó núcleo urbán será un foco de contaminación grave para a saúde pública. Cremos necesario pois esixir ós organismos competentes e á empresa o máximo rigor, polo que pedimos que se someta a totalidade da central a unha certificación ambiental tipo EMAS.
Queremos resaltar que o noso concello tivo a posibilidade de xulgar se o proxecto da central era axeitado para os ponteses e o noso entorno. O Decreto 2414/1961 establece a competencia do alcalde na concesión de licencias a actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas como e o caso desta central. O mesmo decreto establece para estas actividades a condición de establecerse a un mínimo de 2.000 m de calquera núcleo urbano, esta central ubica as instalacións a escasos 300 m do núcleo urbano de As Pontes, polo que non nos explicamos que motivos ocultos permitiron conceder a licenza.
Unha das circunstancias que condicionan en gran medida os efectos contaminantes da central é que está autorizada a operar con gasóleo, tendo en conta que se estima que o consumo de este combustible será de 62.860Kg/h, temos un consumo aproximado de 75m3/h. Supoñendo que o aporte de gasóleo á central efectuarase con camións cisterna de 40 m3 de capacidade e cun ritmo de traballo a gasóleo de 45 dias/ano teriamos un tráfico de camións de 46 ó día aportando este combustible. No proxecto de execución non se analiza o impacto que este trasiego de camións tería sobre o medio ni sobre a poboación. Se di o proxecto que operando con gas natural todo o ano, menos 45 días/ano con gasóleo cúmprese o Real Decreto 1073/2002, con emisións de NO2 de 176,41µg/m3 sendo o límite 200 µg/m3.Temos que supoñer pois que superando os 45 dias/ano operando con gasóleo non se cumpriría o Real Decreto. Cremos estrictamente necesario que se concreten e se limiten as horas de operación da central con gasóleo antes de conceder la licencia de operación.
Respecto ás emisións gaseosas aínda sendo este apartado moi completo no proxeto de execución, non permite valorar as emisións, nin a procedencia ou non de incorporar tecnoloxías de control e eliminación das mesmas. A presentación dos valores en termos relativos (concentracións, taxas de emisión) ou comparativos (gas vs. carbón) deixan de lado que taxas de emisión baixas poden supoñer valores de emisión absolutos elevados.
Para xustificar a posta en marcha desta central deféndese que o uso de gas natural como combustible supón unha redución das taxas de emisión de CO2 por unidade de producción fronte a outros combustibles fósiles. Isto é así se non se ten en conta a taxa de fugas do gas natural durante o proceso de extracción e o transporte ata a central, pois unha molécula de metano ( CH4 compoñente casi exclusivo do gas natural) ten o mesmo impacto sobre o efecto invernadoiro que 24 moléculas de CO2. A taxa de fugas foi estimada nun 1% do gas transportado o cal merma significativamente as ventaxas do gas natural.
En calquera caso, sen contar coa aportación do metano, as emisións de CO2 anuais desta central chegarán a 3 millóns de toneladas, presentar esto como unha contribución á loita conta o efecto invernadoiro é algo que raia co esperpento. O protocolo de Quioto non está a conquerir a redución de emisións de CO2 en España en gran medida debido a instalacións de centrais térmicas como a proxetada, xa que a produción de electricidade é un dos máximos responsables do aumento de emisións. España é o pais de Europa que maior grado de incumprimento acumula con respecto ó fixado no protocolo de Quioto xa que entre 1990 e 2000 incrementou as emisións de CO2 máis dun 34% cando se lle concedera un aumento máximo do 15% ata o 2010.
A escala local e rexional, os óxidos de nitróxeno (NOx) serán o principal contaminante atmosférico que emita a Central. Os NOx e o SO2 son os principais causantes das choivas ácidas reaccionando co vapor de auga na superficie das partículas de po e formando gotas microscópicas de ácido que ó reagruparse forman a choiva. Asimesmo os NOx teñen gran poder contaminante debido á súa forte absorción de radiación ultravioleta. O re v sultado da conxunción NOx, Hidrocarburos e luz solar, constitúe o chamado “smog” fotoquímico causante de problemas respiratorios e danos nos ollos, amén de corrosión nos materiais.
Entre as instalacións da central inclúense tanques de almacenamento de productos químicos tóxicos e perigosos como hipoclorito sódico, fosfato sódico, hidracina, alcalinizantes(aminas), Hidróxeno, gasóleo…é necesario pola seguridade da poboación e do medio, que se precisen as capacidades e condicións de almacenamento de todos estes productos e especialmente, das balsas onde se almacenarán as augas de lavado químico das caldeiras e turbinas de gas, para a recollida por un xestor autorizado.
Esta central térmica non é necesaria dende o punto de vista enerxético, nin dende o ámbito autonómico nin nacional. Hai que ter en conta que a comunidade autónoma de Galicia é excedentaria de enerxía exportando o 40 % da produción.
Non se considerou a proximidade da central de ciclo combinado á térmica de 1.400Mw tamén de ENDESA, sen especificar se existen incompatibilidades legais ou técnicas que prohiban a instalación da nova central. A proximidade de dúas instalacións destas características significará un aumento do risco socio ambiental en caso dun accidente nalgunha das dúas centrais.

Jazz Sesion en Espasante


As veces nestes periodos vacacionais atopamos noites musicais inesperadas. Onde a música pode facer que un pobo da costa galega transformese en calquera local de jazz do outro lado do charco. Iso pasou en Espasante, e gracias o youtube podemos ollar un anacao desa noite maravillosa. Para ver o video preme aquí

terça-feira, agosto 14, 2007

Peche de veciños de mugardos na casa do concello


Diferentes agrupacións e colectivos seguimos solidarizandonos co peche dos veciños de Mugardos, contra a ubicación de Reganosa. Polo cal teñen lugar diversos actos e actuacións. Ontes, actou na plaza do concello de Mugardos "Os fagulosos cubatas de focking", mentres que hoxe actuarán o redor das 20 horas o cantautor "Roger de Flor", e de seguido o grupo de teatro "Bartoleta Teatro" con unha das suas millores obras "Ataque verbal".
Tamén nesta semana esperase a visita de Xose Manuel Beiras e de Manolo Rivas que ainda non ten fecha confirmada.

sábado, agosto 11, 2007

Incendios Forestais


Durante o pasado ano, según datos de www.incendiosforestales.org, rexistráronse en España 16.355 incendios forestales, un 35,8 % menos que no 2005, e un 21,7 % menos que a media deo decenio 1996-2005. En total arderon 148.826 hectáreas, un 21,12 % menos que no 2005, pero superouse a media da superficie que ardeu no decenio de referencia nun 20,45 %. Todas as Comunidades Autónomas rexistraron un descenso da superficie forestal afectada polo lume, a excepción de Galicia e Asturias, aínda que os datos deste ano todavía non foron publicados.


Incendiómetro de WWF/ADENA

Unha escavación na Fonsagrada comeza a campaña de exhumacións en Galicia


Un equipo formado por arqueólogos, membros da oenegué Psicólogos sen fronteiras e voluntarios inician hoxe, na Fonsagrada, as tarefas de exhumación de 15 militares do bando republicano falecidos durante a Guerra Civil. Está previsto, segundo informou onte axéncia Efe, que as tarefas de exhumación dos corpos -os militares morreron na Fonsagrada, pero están enterrados nunha fosa común en Grandas de Salime, concello asturiano que limita co fonsagradino- comecen ás 10 da mañá.

Os falecidos, un comandante e 14 membros do Batallón Galicia, foron capturados no alto do Acebo , cerca do límite de Galicia e de Asturias, a finais do mes de outubro de 1937, mentres regresaban a Galicia desde a outra comunidade, que pouco antes caera en poder das tropas franquistas. Os integrantes do grupo procedían de diversas localidades das provincias de Lugo e da Coruña.

A fosa da Fonsagrada é a quinta que se vai abrir en Galicia. A primeira exhumación na comunidade fíxose en 2003 en Soutadoiro (Ourense), onde estaba enterrado Miguel Cardeñas Lozano, un xienense convertido a guerrilleiro nos montes galegos. Desde entón, recuperáronse os corpos doutros sete galegos fusilados en Portomarín (1), O Vicedo (2) e As Pontes (4). O arqueólogo que dirixirá a exhumación da Fonsagrada, o vasco Javier Ortiz, prevé que os traballos se prolonguen durante catro días dada a complexidade do terreno no que está a fosa e debido ao número de corpos. Os restos serán trasladados ao País Vasco, onde o equipo de antropoloxía forense lles practicará as probas correspondentes, entre elas as de ADN, para proceder á identificación dos corpos para posteriormente entregarlle os restos ás familias.

+ na Opinión da Coruña

+ MEMORIA HISTÓRICA EN GALICIA

+ Imágenes contra el olvido

Os porcos na Festa da Fraga

Un ano máis a estampa é penosa. A fraga da noxo durantes semanas. De quen é culpa di a xente? Pois será de todos e todas os porcos e porcas que levan merda ao parque da Fraga e logo non van recolle-la. Porque botar balóns fora non vale. E señores e señoras, está clara que somos uns porcos. Decididamente a imaxe do festival-romería da Fraga deixa moito que desexar unha vez que se nos pasa a borracheira. E se queremos (e esperamos que sexa así) que isto non se repita outros anos, e que os mesmos que montan as cabanas, as desmonten, vai a ver que tomar medidas pouco populistas. Non chega que vaia o alcalde e a súa corporación en pleno, nin que leven 10 voluntarios (é ineficiente). Precísase ser contundente, e sancionar os porcos. Os que non recollan: MULTA!! E punto. O que non se pode é estar chorando en agosto todos os anos. A Fraga é de todos non? Pois a limpa-la todos!

Nova publicada na Voz de Galicia:
Nas dúas últimas semanas, Sogama procesou 55 toneladas de lixo procedentes do parque da Fraga, nas Pontes, e xeradas polos asistentes ás festas patronais do 25 de xullo. Ese é o dato facilitado antonte pola noite pola concelleira de Atención Cidadá, Montserrat García, tras regresar dunha intensa xornada de traballo na Fraga.

O xoves colaboraron nas tarefas de limpeza os voluntarios que se apuntaron nunha lista aberta polo Concello. Xunto a eles, varios concelleiros (incluído o alcalde, Valentín González) e operarios da empresa Sufi, concesionaria do servizo municipal de limpeza, encheron tres camións cargados de madeiras e aveños e 26 bolsas xigantes de lixo con restos recollidos da beira do río. O rexedor achou entre o lixo un carné de conducir dun mozo de Fene, que lle será enviado de inmediato, informou a edil. A limpeza do parque público alcanza a súa recta final, segundo Montserrat García.

A asociación Ollomao repasa hoxe en imaxes o bum urbanístico en Barreiros


O colectivo cultural Ollomao de Barreiros organizou para esta noite (22.00 horas) unha proxección de imaxes que resume o bum urbanístico rexistrado no concello durante os últimos anos. O acto será aberto para todo o público e terá lugar xunto á capela de San Bartolo, xa que a proxección realizarase sobre un dos laterais do templo. A continuación terá lugar a presentación do libro O bosque de Nadgor, de Farruco Graña. O autor reflexiona sobre a relación entre o urbanismo e a destrución do territorio.

A Maruxaina e o Mercado Medieval de Mondoñedo esperan hoxe a miles de persoas


Mondoñedo e San Cibrao esperan recibir hoxe a miles de persoas, para celebrar as festas da Maruxaina e o Mercado Medieval.

No caso da localidade cervense, os actos xa se iniciaron onte, con festa ata ben entrada a madrugada e o descubrimento de dúas estatuas en honra á xente do mar. Pero o groso da celebración será hoxe. O chupinazo que o anunciará lanzarase ao mediodía. A partir de entón sucederanse as actividades, ata que pola noite a sirena Maruxaina sexa capturada e xulgada. Unha monumental queimada será outro dos alicientes desta festa declarada de interese turístico.

En Mondoñedo, a cita co Mercado Medieval comeza hoxe e prolongarase ata o domingo. Para a ocasión haberá instalados na contorna da praza da catedral uns 150 postos de artesáns de todo tipo. Se o tempo acompaña, a previsión é que o público que acuda á celebración abarrote a vila mindoniense, como é tradición.»

+ Concello de Cervo

Grandes logros e novos retos no comercio de armas

Gracias al apoyo de cientos de miles de personas como tú, la campaña Armas bajo Control logró un enorme éxito en diciembre de 2006, cuando 153 gobiernos votaron en la ONU a favor de un Tratado Internacional sobre el Comercio de Armas. Nuestro trabajo a nivel mundial continúa para que el Tratado esté basado en el derecho internacional, evite las transferencias de armas que puedan ser utilizadas para violar los derechos humanos y aquellas que perjudiquen el desarrollo sostenible.

También en diciembre de 2006, el gobierno español aprobó el Proyecto de ley de comercio exterior de material de defensa y doble uso. La futura ley, que regulará el comercio español de armas, se está debatiendo en el Congreso de los Diputados. Desde la campaña hemos recogido más de 60.000 firmas para que la ley incorpore un mayor control y transparencia en las exportaciones de armas.

Si quieres más información sobre nuestra campaña y nuestras propuestas de acción, entra en www.armasbajocontrol.org.

sexta-feira, agosto 10, 2007

Catoira rememorou un ano máis o seu pasado vikingo





Adega denunica traballos ilegais en Outeiro de Rei


A Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (Adega) criticou onte os traballos de movemento de terra e outras operacións realizadas na zona de Maceda, pertencente á parroquia de Mosteiro (Outeiro de Rei). O colectivo asegurou que nesa zona encontrábase unha zona de 11 hectáreas, catalogada como espazo natural protexido nas normas urbanísticas e dotada duns relevos graníticos similares aos de Penas de Rodas, dunhas importantes vistas panorámicas e dun notable sistema hídrico polos seus «regachos e zonas húmidas».

Adega denuncia que estes días se observa como se eliminou a cuberta vexetal, de igual modo que, agrega, abríronse pistas e movéronse terras. Así as cousas, a asociación advirte de que se percibe que a material vertedura cobre por completo algunhas zonas, o que supón «unha evidente e forte degradación paisaxística e ambiental».

Por todo iso solicita ao Servizo de protección da natureza da Garda Civil (Seprona), ao Concello de Outeiro de Rei e á Xunta que inicien un expediente de reposición da legalidade para conseguir a restauración ambiental. Tamén anuncia que fará un estudo para analizar o estado ambiental deste municipio chairego.

quinta-feira, agosto 09, 2007

O goberno de Cangas rexeita a obra de Foster promovida por Caixanova



O proxecto que o arquitecto Norman Foster, co apoio de Caixanova, deseñara para
Cangas nos terreos da antiga conserveira Massó, corre perigo. Á oposición que
durante meses desenvolveu unha plataforma local, súmase agora o novo goberno
local, que quere descartar o proxecto. A proposta incluía un centro comercial e
entre setecentas e oitocentas vivendas.


Máis en El País

Apagón o día 10


Este vindeiro día 10 de Agosto, proponse apagar toda-las luces, dende as 19:55 as 20:00, sixelamente para darlle un pouco de descanso ó planeta, coma sempre un pequeno grao de area, que pode facer moito.

terça-feira, agosto 07, 2007

Catro gorilas de montaña, morren por disparos no Parque Nacional dos Virunga


Tres femias de gorila de montaña e un macho de costas prateadas, aparecerón asesinados no Parque Nacional dos Virunga, ó este da República Democrática do Congo. WWF/Adena, que leva traballando dende fai décadas na conservación da especie na zoa, denuncia estas mortes e esixe a súa aclaración. Asimesmo, recorda que se tratan duns dos animais máis ameazados do mundo, xa que apenas 700 exemplares sobreviven na actualidade. Para ler mais.

sexta-feira, agosto 03, 2007

XI Festa Celta do Lugnasad 2007


Hoxe venres 3 apartires do serán, unha vez máis os celtas rexurdirán das súas pallozas e encheran de aturuxos e revoltixo o coto da auruxeira. Dende o serán un grupo de bardos farán teatro nas nosas rúas e de seguido os acordes celestiais da arpa celta farán espertar ó noso deus Lugh. Isto tan só é un aperitivo do que vai acontecer hoxe nas terras de Bretoña. Para mais información fai click aqui