terça-feira, novembro 13, 2007

Kioto sae barato ás empresas altamente contaminantes

Imaxe: Ciclo combinado en obras
Ás empresas afectadas case non lles custa diñeiro manter o mesmo nivel de gases.
Os expertos entenden que algúns Estados asinantes de Kioto foron xenerosos en exceso repartindo cotas gratuítas e que no mercado a oferta supera á demanda. Por iso, a tonelada de gas CO2 está case regalada.

Tamén por isto as emisións reais non baixan. Por exemplo, no 2006, as industrias galegas tiñan asignada unha cota total de 13,7 millóns, pero emitiron 16,5 millóns de toneladas, segundo datos oficiais do Ministerio de Medio Ambiente. Ese desfasamento (2,7 millóns) poderíase comprar hoxe no mercado por 189.000 euros. Contaminar case non custa nada.

No seguinte plan de asignacións aparecen e desaparecen industrias con respecto ao anterior. Así, no documento que rexerá do 2008 ao 2012 si se estrean a central de ciclo combinado de Endesa nas Pontes e a planta de gas de Reganosa, que no 2008 xa estará en operación comercial. Ademais aparece por primeira vez a central de gas de Sabón.

Non aparece, polo tipo de combustible utilizado e por funcionar en momentos críticos, a central de fuel, que está previsto o seu peche para o 2016.
No PNA 2005-2007 aparecían 45 instalacións galegas; no novo, 59.
Nova relacionada:
Nova da Voz

Sem comentários: