sexta-feira, novembro 02, 2007

MARCHA NACIONAL POLA DEFENSA DO LITORAL. POLA TÚA TERRA, POLO TEU MAR. NON AO PLANO ACUICOLA


VINDE BERRAR A CORRUBEDO, VINDE LOITAR POLO MAR, VINDE DEFENDER A TERRA

Facemos un chamamento a todos os colectivos, organizacións e persoas a título individual do país noso a acudir en masa a Corrubedo o vindeiro domingo, 4 de novembro ás 12:00 no porto de Corrubedo, para amosar a nosa oposición á expropiación e venda da nosa costa, do noso litoral virxe, ás empresas depredadoras.A concentración será no Porto de Corrubedo, para logo discorrer a Marcha cara o Faro, emblema litoral que este domingo debe ser a capital galega da dignidade do pobo, da defensa do noso.

INFORMACIÓNS PARA ACHEGARSE AO CABO
A Vía Rápida da Barbanza está cortada, polo que é importante saír con tempo para chegar ás 12:00 ao Porto de Corrubedo. Aos que se acheguen da Galiza Norte aconsellámoslles ir pola estrada Santiago-Noia e desviarse a Corrubedo un chisco antes de chegar a Ribeira. Os que veñan da Galiza Sur terán que coller a vella estrada Padrón-Ribeira, pasando por Boiro e a Pobra do Caramiñal. Sendo domingo pola mañá o tráfico é pouco, pero cando menos se emprega media hora máis do normal en chegar a Corrubedo.

Aparcadoiros: a entrada ao cabo de Corrubedo ten unha recta ben longa con arcéns suficientemente anchos para aparcar vehículos. Non se poderá aparcar no porto, polo que haberá que deixar os coches e autobuses nesa estrada ou na estrada do faro. Haberá policía local para regular este eido.

Corrubedo é un pobo pequeño e os seus servizos son limitados. No entanto existen algúns negocios de hostelería á entrada do pobo e tamén no porto. Ribeira está a só 7 quilómetros.Engadimos nota de prensa dos veciños e veciñas de Laxe Brava referente o debate acontecido no día de onte (30 de outubro), no Parlamento de Galicia no que o deputado do Grupo Socialista Sr. Lage Tuñas dou resposta a unha moción sobre o Plan Sectorial da Acuicultura de Galicia actualmente en trámite.

COLECTIVOS QUE PARTICIPAN: Adega, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª, Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín, Asociación Altofalante (Ribeira), Colectivo Ecoloxista Verduxo, Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes, Asociación Amigos de Corrubedo, Plataforma Veciñal contra a piscifactoría de Baroña, Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, BNG do Barbanza, Asociación Pau da Luz (Corrubedo), Asociación Cultural Barcas do Minho (Chantada), CNT-Compostela, Amigos da Terra, Plataforma Ártabra21, Quercus (Portugal), PP de Ribeira, BNG de Porto do Son, Comité de defensa das Rías Altas, Asociación profesional XORNAGA (Xestión e Organización de Recursos Naturais de Galicia), Rede Litoral Vivo, Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, Veciños das Mariñas (Oia), IPdR (Iniciativa Progresista de Ribeira), Foro Social Temos Dereito a Saber, 'O Ribeiro', Bouzas Móvete, Confraría de Pescadores de Corcubión, Comite Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

-- Manoel Santos
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
corrubedo@altermundo.org
Tel.: 686021933

Sem comentários: