terça-feira, março 11, 2008

PREDICANDO CO EXEMPLO

A partir de agora ser rico é un pecado, particularmente un dos novo sete pecados capitais, divulgados pola Santa Sé este fin de semana. Segundo publicou o diario oficial do Vaticano «Osservatore Romano», o que enriqueza «ata límites obscenos a expensas do ben común» irá ao inferno.

Ademais, realizar manipulacións xenéticas, levar a cabo experimentos sobre seres humanos, incluídos embrións, contaminar o medio ambiente, provocar inxustiza social, causar pobreza e consumir drogas son os outros seis pecados capitais, que parecen substituír aos tradicionais (luxuria, gula, avaricia, preguiza, ira, envexa e soberbia) enumerados polo Papa Gregorio I fai 1.500 anos.

O Vaticano decidiu así modernizar a lista cara aos chamados pecados sociais. Nunha entrevista titulada «Novas formas de pecado social», o bispo Gianfranco Girotti, encargado de facer publica a nova lista, asegura: «Non só se ofende a Dios roubando, blasfemando ou desexando á muller do teu próximo».

Na nova lista, a ecoloxía, ten relevancia significativa. «Os pecados da actualidade teñen unha resonancia social ademais dunha individual», destaca. «é máis importante que nunca prestar atención aos nosos pecados», conclúe.

Os novos pecados capitais:

Non realizarás manipulacións xenéticas.

Non levarás a cabo experimentos sobre seres humanos, incluídos embrións.

Non contaminarás o medio ambiente.

Non provocarás inxustiza social.

Non causarás pobreza.

Non che enriquecerás ata límites obscenos a expensas do ben común.

Non consumirás drogas.

Extraído da Voz de Galicia

Sem comentários: