sexta-feira, novembro 23, 2007

Nace 'The Hub', o 'You Tube' dos Dereitos Humanos


En 'The Hub' os usuarios poden publicar os seus vídeos e arquivos de audio, pero a condición de que estes teñan como temática os Dereitos Humanos.

O portal é o sucesor de 'Witness', unha rede social que "adestrou a centenares de activistas en máis de 70 países" para denunciar online violacións de dereitos humanos documentadas con imaxes.
Con 'The Hub', o sistema evoluciona e ábrese a iniciativa ao público de todo o mundo, pois permite publicar vídeos tomados en calquera tipo de soporte, como teléfonos móbiles ou cámaras de man. Ademais, entre outros servizos, proporciona espazos para organizacións non gobernamentais, está adaptado para crear grupos de discusión e perfís de usuarios.
Xa sexa para denunciar desigualdades ou para promocionar accións reivindicativas, o cofundador deste portal, Peter Gabriel, invita á cidadanía de todo o mundo a participar nesta iniciativa para "crear o cambio cara a un mundo mellor".
+ en THE HUB

“Non actuar xa contra o cambio climático é unha irresponsabilidade criminal"

Así de claro teno o Grupo Intergobernamental de expertos sobre o Cambio Climático que se reúne no cume que a ONU celebra estes días en Valencia.

“Non actuar xa contra o cambio climático ameazaría a vida de miles de persoas e sería un ataque directo contra as persoas empobrecidas”, afirmou onte o secretario executivo do Grupo Intergobernamental de expertos sobre o cambio climático (IPCC, nas súas siglas en inglés), que reúne a máis de 450 expertos de 130 países.

O cume, que se celebra en Valencia ata o vindeiro sábado, trasladou unha mensaxe contundente aos políticos e á sociedade en xeral. Os expertos do IPCC alertaron que a loita contra o cambio climático é un reto que hai que afrontar con carácter de urxencia porque terá “enormes implicacións na paz mundial porque aumentará o risco de fames negras e secas que obrigarán a miles de persoas a desprazarse".

“A limitación de recursos como os alimentos, a auga e a enerxía provocarán migracións das zonas rurais ás urbanas, que xa non terán capacidade de abastecer todas as necesidades”, explicou Yan Hong, da Organización Mundial de Meteorología.

Un problema político

O Grupo de Expertos, pois, pasou a pelota aos políticos e estes recollérona apelando ao traballo conxunto. A vice-presidenta do Goberno, María Teresa Fernández De la Vega, por exemplo, afirmou que loitar contra o cambio climático implica "un compromiso internacional" e instou a axuntar "esforzos". De la Vega destacou que o Goberno español fixo do cambio climático “un elemento central na súa estratexia de cooperación internacional” e citou como exemplo a nova Estratexia Española do Cambio Climático e Enerxía Limpa que recolle 198 actuacións. “Pódese crecer economicamente e á vez reducir as emisións”.

+ en Canal Solidario.org

Santa Icía 2.007 en As Pontes


A práctica totalidade das asociacións e agrupacións musicais das Pontes, estamos a organizar unha semana de música para celebrar esta festividade e amosar ós nosos conveciños o que estamos a facer.Nesta edición participamos trece asociacións e agrupacións con catro festivais, cinco concertos, un concerto didáctico, unha foliada, unha charla e a habitual cea-baile de confraternización.E como tamén está sendo habitual, homenaxeamos a un músico pontés, este ano a D. Antonio Ferreiro Cabarcos "Antolín"

terça-feira, novembro 20, 2007

Carta a mis amigos franquistas, filofascistas y especies similares

Nós tamén queremos lembrar o día de hoxe, no que se cumpre o 32º cabodano da morte do dictador militar Francisco Franco, alias o Caudillo, alias o Salvador, alias o enano fascista, e un largo etc. que todos coñecemos. Vaia con Dios.

Atopamos unha emocionada carta de Bernat Vidal Arbona aos seus queridos compatriotas, no seu blog Café para Todos, que con algo de sorna e moita sinceridade, expón o sentir de moitos españois un día como hoxe.

Queridos compatriotas,

1. Hoy se celebra el 32º aniversario de la muerte del dictador Francisco Franco. El acontecimiento no pasa desapercibido para quienes nos ilusionan los temas políticos e históricos. No obstante, no voy a entrar a discutir absurdas polémicas reavivadas recientemente sobre quién empezó esa macabra contienda protagonizada por Franco, pues el levantamiento hostil y autoritario de la derecha española contra la legalidad democrática y constitucional republicana es un hecho evidente. Me sorprende tanta fiebre autojustificatoria al respecto.

En este sentido, simplemente quiero señalar un dato que creo que es, al menos, significativo. Ciertos partidos políticos y medios de comunicación acusan al actual Gobierno de "reabrir heridas" entre los españoles a propósito de la recuperación de la Memoria Histórica y la rehabilitación de las víctimas del franquismo. Simplemente me limitaré a constatar dos hechos: primero, que como oyente más o menos asíduo de la Cadena SER y lector de EL PAÍS puedo certificar que no oigo absolutamente nada sobre "venganzas" contra la derecha por esa dictadura franquista de 40 años de duración; no obstante, en segundo lugar, sí puedo certificar que, como oyente esporádico de la Cadena COPE y lector habitual de EL MUNDO y LIBERTAD DIGITAL, sí he oído y leído numerosas referencias (fascículos, coleccionables, crónicas...) sobre la Guerra, la dictadura y el franquismo. ¿Quién es, pues, que reabre las heridas?

Seguir lendo a carta en Café para todos

segunda-feira, novembro 19, 2007

Histórica resolución na ONU pro Moratoria Universal sobre a Pena de Morte

«Cunha maioría de 99 votos a favor e 52 en contra (as abstencións foron 33) foi aprobada a resolución que pide aos 192 Estados o “adoptar unha moratoria das execucións en vista á súa abolición definitiva” (…). É un resultado histórico que premia a unidade europea, non conseguida no pasado, o empeño de Italia, tras 150 encontros con outros tantos embaixadores de diversos Países (…)» (il Correr della Sera, 16 novembre 2007).

Emma Bonino: «Un procedemento que marcará o dereito internacional e a nosa sociedade»

«Esta resolución de moratoria é para a miña parangonable ao comezo dos procesos que levaron á abolición da escravitude ou da tortura. É un paso importante nun longo proceso que está destinado a marcar o dereito internacional e a nosa sociedade. O seu peso próbao o feito de que a batalla para chegar ata aquí foi durísima: só en Europa partiamos por descontado, porque aboliramos a Pena de morte xa fai tempo.
Pero a resistencia atopada por parte de tantos países débenos facer entender o difícil que foi chegar ata aquí (…). actuamos de maneira que non parecese e non fose unha acción só europea, senón colectiva. Neste sentido o esforzo do goberno italiano, e deixádeme dicir dos radicais, foi enorme.
Cada un cumpriu co seu parte: o goberno, certamente, pero tamén quen recolleu firmas, qui ha corso coa nostra coccarda, quen levou a cuestión ao Parlamento, ao Parlamento europeo, aos Concellos. E quen, como os radicais, puxo a disposición desta campaña non só aos activistas na rúa senón tamén un grupo dirixente que hoxe está bregado nas batallas internacionais, e sabe como moverse porque ten nas súas costas experiencias como a campaña pola creación do Tribunal Penal Internacional.» (a Repubblica, 16 novembre 2007).

sábado, novembro 17, 2007

As sete marabillas da arqueoloxía galega!


Neste tempos de promesas políticas dende a Consellería de Cultura da Xunta, sobre a revalorización do patrimonio arqueolóxico galego, a través da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, atopamos a realidade actual, na magnífica páxina do arqueólogo Franjo Padín, NOVAS DE ARQUEOLOXÍA. Fai unha selección das 7 marabillas arqueolóxicas de Galicia máis destruídas e máis descoñecidas e abandoadas. Tamén nombra o caso da desaparecida Mourela das Pontes, un das maiores agresións ao patrimonio nos derradeiros anos, e o que é máis descorazoador, pertetrada dende o governo galego.

Estas son as 7 "marabillas":

Dombate: O dolmen de Dombate, cantado por Pondal e paradigma dos megalitos galegos, foi escavado por última vez hai dúas décadas. Dende entón, os seus alicerces destripados, con interesantísimas pinturas, permanecen á intemperie, sufrindo danos cecais irreparabeis, por culpa do desacordo perpetuo entre a Xunta e a Deputación da Coruña, propietaria do megalito. O prometido e nunca de todo concretado proxecto de musealización foi desbotado hai uns meses por Patrimonio. Iso deixa a Dombate agardando indefinidamente a súa solución, agoniando debaixo dunha lona remendada.

Toralla: Na viguesa illa de Toralla, fronte aos areais de Canido, houbo en tempos un asentamento castrexo e posteriormente unha necrópole de época romana, posiblemente relacionada coa Vila de Toralla ou de Mirambel, situada a carón, en terra firme. Castro e necrópole foron rebentadas pola construcción do tocho de Toralla, megalobosta de cemento dos anos do “desarrollismo”, e por unha urbanización de chaletes de luxo a principios dos 90, que propiciaron unha intervención arqueolóxica “de urxencia”. A vila romana está sendo rehabilitada con un certo estilo… neopazo?.

As Torres de Padín, seguindo en Vigo, é(ra) un xacemento excepcional, pois nel atopáronse evidencias de ocupación humana dende a Idade do Bronce, un poboado castrexo, restos romanos, e unha fortaleza da época dos irmandiños. Dous milenios de historia que foron recortados a porcións coma un queixo de tetilla por un escalestric da AP-9 e por unha nave industrial situada ao pé, pertencente a unha empresa sancionada hai uns meses por danar o pouco que fica instalando un valado metálico.

O Castelo de Laias era un asentamento romano de certa entidade, onde nos anos 40 se documentaron diversas estructuras relacionadas coa extración de ouro, e restos dun poboamento castrexo, cecais levantado, dicíase entón, pola poboación indíxena empregada na actividade mineira. A pesares de saber isto, o estudo de impacto da A-52 non contemplou a súa existencia, e debeu ser escavado de xeito apresurado en vez de desviar 100 metros a autovía. O asfalto levou todo por diante, non resta a penas nada. Un caso paradigmático da inoperancia das administracións por facer compatibles as obras públicas coa conservación do Patrimonio.

Adro Vello: Na praia do Carreiro, en San Vicente do Grove, hai un extraordinario xacemento consistente nunha vila romana costeira, adicada no seu tempo á industria de salga, sobre a que se construiu unha igrexa paleocristiana coa súa correspondente necrópole. Permanece abandoado, rodeado por un valado metálico que non o libera das agresións (hai uns anos, o concello meco fixo polo medio unha zanxa para unha tubería). Un museo ou aula de interpretación é a eterna promesa que nunca, coma sempre, se acaba de cumplir.

Aquis Querquennis: En Bande, a carón da Vía XVIII ou Vía Nova que unía a Braga e a Astorga romanas levantouse un campamento romano, unha mansio ou estación de postas, unhas termas e un pequeño vicus. O campamento, moi ben coñecido polas escavacións, sufríu unha restauración controvertida polo seu aspecto demasiado “novo”. Pódese visitar, iso sí, se hai seca, porque pasa algúns meses do ano asulagado polo encoro das Conchas, explotado por FENOSA. A Via Nova tamén sufriu unha restauración moi discutida: un carreiriño serpentante e completamente inventado superponse ominosamente á rectitude marcial da vella estrada romana.

Os petroglifos, así a eito: imposible elexir un. Malviven nos montes de media Galicia, afectados polo trazado de pistas forestais, a maquinaria pesada da industria madeireira, os verquedoiros incontrolados de lixo, a agresión de afeccionados que os repintan con calquera cousa, os canteiros, os moteiros e os todoterreos que os usan como pistas, e sobre todo o terrorismo incendiario. Unha iniciativa como o Centro de Interpretación da Arte Rupestre Galega, en Campolameiro, parece o parto dos montes, como contaba a fábula… e non dan parido.

Hai máis casos, como non: o castro de Albarellos, en Verín, o de A Travesa en Becerreá, o de Punta Langosteira na Coruña, o non-se-sabe da Mourela, as mámoas do IFEVI de Vigo, a vila romana de Bueu, a pésima exhibición e conservación de obxectos de moitos museus galegos… poden vostedes elexir e facer o seu particular escalafón de barbaridades. Bó sería que non houbera máis que sete.

Novas de Arqueoloxía

Axudas para actuacións de reindustrialización nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal


ORGANISMO CONVOCANTE: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
ACTUACIÓN: Convocatoria de axudas dirixidas a actuacións de reindustrialización nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, correspondentes ao ano 2008.
OBXECTIVOS: Estas bases desenvolven o conxunto de actuacións destinadas a incentivar proxectos que se realicen no ano 2008 que teñan a finalidade de contribuír á reindustrialización nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, a través das áreas de infraestrutura e de industria.
BENEFICIARIOS: Poderán ser beneficiarios:
a) Para o área de infraestrutura: Entidades públicas, incluíndo as empresas públicas dependentes de ditas Entidades, institucións sen ánimo de lucro e asociacións de empresas que teñan a finalidade de proporcionar servizos de uso común ou compartido ao sector empresarial de carácter técnico conexos á actividade industrial, sempre que non se adiquen a actividades industriais, comerciais e de servizos distintas das correspondentes a este área de infraestrutura, e que estes servizos os presten a prezos de mercado.
b) Para o área de industria:Empresas e asociacións de empresas públicas e privadas que desenvolvan unha actividade produtiva de carácter industrial.
IMPORTE DAS AXUDAS:
a) Para o área de infraestrutura:Subvencións ata un montante máximo do 50 por cento do orzamento financiable da actuación.Préstamos reembolsables sen intereses ata un montante máximo do 75 por cento do orzamento financiable da actuación. Terán un tipo de interese do 0 por cento anual e unha duración máxima de quince (dez de amortización máis cinco de carencia).
b) Para o área de industria:Préstamos reembolsables ata un montante máximo do 50 por cento do orzamento financiable da actuación. Terá un tipo de interese do 0 por cento anual e unha duración máxima de 15 anos (10 anos de amortización máis 5 de carencia). En todo caso, o beneficiario deberá satisfacer con fondos propios, como mínimo, o financiamento do 25 por cento da inversión financiable.Con excepción da axuda concedida para grandes proxectos de investimento e da axuda concedida no sector do transporte, os límites máximos previstos poderán incrementarse en 20 puntos porcentuais para as axudas concedidas a pequenas empresas e en 10 puntos porcentuais para as axudas concedidas ás medianas empresas.
VIXENCIA:
Dende o 23 de Outubro ata o 21 de Novembro de 2007.

A mis 95 faise co Premio BOB ó mellor blog en español


Noraboa para María Amelia e para o seu neto Dani, que ao igual que a súa avoa é un apasionado da tecnoloxía. Recomendamos unha visita a páxina da súa empresa Galinus.

Unha forte aperta dende As Pontes.

A nova foi enlazada dende Código Cero.

Con menos dun ano de vida, o blog dunha muxiá de 95 anos elaborado coa axuda do eu neto vén de recibir o recoñecemento de Mellor Blog en Español dos Premios BOBs tanto polo xurado coma polo público, de xeito que Galicia volve a facerse con tal galardón, pois o pasado ano recaeu no coruñés Nacho de la Fuente por La Huella Digital.

O xurado soubo ver no blog de María Amelia, A mis 95, unha brisa de aire fresco no mundo dos blogs, e consideraron que merecía o galardón pola súa orixinalidade, aínda que tamén pola mensaxe de esperanza que supón para a terceira idade, que normalmente ve a tecnoloxía con certas reticencias e que teñen neste éxito un exemplo inspirador.

O blog non só recibiu a atención da blogosfera, senón que tamén os medios de comunicación tradicionais se fixaron no mesmo, e non houbo xornal nin canle de televisión xeralista que non falase de María Amelia nos seus espazos informativos.

Pero A mis 95 non foi o único blog premiado pola Detsche Welle, senón que tamén houbo recoñecementos coma o de Foto-Griffoneurei coma o mellor blog, Die Gefühlskonserve coma mellor podcast, Alive in Baghdad coma o mellor videoblog, Jotman levou o Premio Periodistas Sen Fronteiras, Little Galerie o Premio Blogwurst e a estes premios lles seguiron os galardóns ós mellores blogs en inglés, alemán, portugués, ruso, holandés, persa, francés e chinés.

quinta-feira, novembro 15, 2007

IV XORNADAS DE ESTUDOS HISTÓRICOS DA ASOCIACIÓN HUME


IV XORNADAS DE ESTUDOS HISTÓRICOS HUME
16, 23 e 30 de novembro de 2007
Ás oito e media do serán na Biblioteca municipal das Pontes

Organiza:
Asociación de Estudos Históricos HUME

Colabora:
Concello das Pontes

Seguindo coa liña de traballo da asociación, presentámosvos este ano as que son xa as cuartas xornadas de estudos históricos, nas que contaremos coa presenza dos investigadores Xosé María López Fernández, Ovidio García Pazos e Antonio Somoza Cayado.

Un ano máis agradecervos a presenza nestas xornadas, que agardamos sexan do voso agrado.

Queremos aproveitar ademais estas liñas, para facer fincapé nas graves alteracións das que está sendo obxecto o noso patrimonio arqueolóxico.

Cremos positivamente que unha sinxela modificación das actuais políticas en materia de infraestructuras, posibilitarían a salvagarda da integridade dos bens ameazados, así como futuras intervencións de restauración e posta en valor.

A Directiva

PROGRAMA:
16 de novembro
Xosé María López Fernández


Membro de Hume e estudante da Diplomatura de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña, abre as IV Xornadas cunha análise ao respecto da publicación periódica La Unión. Periódico Independiente de Puentes de García Rodríguez

A exposición é froito da elaboración dun pequeno traballo de investigación para unha das asignaturas da súa diplomatura. Partindo dunha análise formal da obra preséntanos aspectos relacionados coa propia historia do xornal e coa súa evolución no tempo.

Cabe sinalar ademais que este estudo é o único que existe na actualidade sobor deste xornal, o que o convirte nunha fonte de referencia fundamental para o estudo da publicación.

23 de novembro
Ovidio García Pazos

Veciño das Pontes, xubilado de ENDESA é unha persoa cunha inquedanza especial: a música popular.

Leva varios anos recompilando datos de todo aquelo que está relacionado coa música no noso concello e na comarca: orquestas, músicos, fotos antigas, documentos, carteis das festas, cantigas...

Na actualidade, conta cunha detallada información sobre a música popular; datos que, de non ser recollidos por el, perderíanse para sempre; datos que lle dan o carácter de arquivo vivinte no que a música se refire. Moita desta información, inédita, poderemos descubrila nestas xornadas.


30 de novembro
Antonio Somoza Cayado


Licenciado en Humanidades (Lugo, 2002)

Leva publicados diferentes traballos de investigación sobre a Segunda República, entre os que destacan:
"A Segunda República no concello de Lugo: análise da súa dinámica política a través das fontes hemerográficas" 2004
"As organizacións luguesas de esquerda baixo a Segunda República" 2005
"Interinidade e conflitividade: a dinámica institucional do Concello de Lugo na Segunda República" 2007

Na actualidade está a realizar a Tese de Doutoramento no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC. Traballo que leva por título: "Construción e destrución da cidadanía: dinámica social e política da provincia de Lugo na Segunda República e os primeiros anos do Franquismo (1930-1950)”

Nestas xornadas falaranos dun tema que está moi de actualidade como é a Memoria Histórica. Descubriremos da súa man as diferentes características que definen esta época.

quarta-feira, novembro 14, 2007

Presentación da " Rede Galiza Non Se Vende"

Imaxe: manifestación de Galiza non se vende o 6 de maio en Santiago

Reproducimos o comunicado enviado por Rede Galiza Non Se Vende, e aproveitamos para sumarnos a este movemento social co que esperamos poder colaborar activamente pola conservación e valoración dos recursos medioambientais de Galicia.


A Rede Litoral Vivo, impulsora da manifestación celebrada en Santiago o6 de maio, decidíu abrirse a novos colectivos que até entón non estaban representados na que foi a primeira agrupàción unitaria de organizaciónsecoloxistas e colectivos cidadás.
Motivo desta ampliación xurde a "Rede Galiza Non Se Vende" cos mesmos obxectivos que o 6 de maio conseguironaglutinar á Galiza defensora do seu territorio.Este venres terá lugar a presentación ante os medios de comunicacióndeste movemento.
Contamos cunha nova páxina web www.galizanonsevende.org que servirá de ventá para todos os grupos que formen parte dda redeGNSV, un medio que amais de difundir a problemática das distintaslocalidades galegas servirá como nexo de unión entre todos nós.
Taménqueremos informarvos que traballaremos arreo para organizar unha gran manifestación en Compostela o 17 de febreiro, tal e como se acordou naúltima reunión da Rede Litortal Vivo. Dende aquí queremos invitarvos a participar neste novo movemento quetenta manter en alto a dignidade dun pobo que soubo demostrar cando oPrestige que o conformismo non é precisamente o seu sinal de identidade,cousa que algúns desexarían.Escribídenos a este enderezo se podemos contar convosco.
Un cordial saúdo a tod@s

Galiza Non Se Vende (info@galizanonsevende.org)

A presentación será o venres día 16 ás 12 horas no local do Club Internacional de Prensa (Avenida da Coruña, 6 baixo. 15706 Santiagode Compostela)

Anacos

Imaxe: Rene Magritte
Fermosos pensamentos de David Otero* no xornal Tierras de Santiago:

As cousas chegan e algunhas gardámolas, e así nós polo medio, ímola virando que non é pouco. Aínda levo gardado no peto dos afectos o tempo e o contido da presentación do libro de Olimpio Arca Apuntes para unha biografía de Serafín Pazo Cumbraos (médico estradense), tempo e contido que compartín con Álvaro Lago e Ana Mera, tataranetos do doutor antedito, veciños de Ourense, el compañeiro meu na AELG e asemade editor na cidade das Burgas de moitas páxinas postas á luz en clave de ilusións e conxugando futuros, que así son os bos editores, os de vocación (non de boca) e sentemento como así é o noso da Fervenza, Xosé Luna.

Pois como dixen, as cousas chegan e algunhas gardámolas e así ao saír da presentación antedita no teatro Principal xa embocando a rúa de Serafín Pazo, xunto da praza do Concello, pasei pola beira da grande pantalla que anuncia, comunica e orienta aos estradenses de actos e outras manifestacións de interese desde o se definir "cidade dixital" e daquela chegáronme cousas como os máis de 5 millóns de persoas que mercan por Internet (e de forma especial roupa), o SOS Caurel que pide axuda económica, o corrubedo@altermundo.org que explica a situación, o blog Choiva Azeda das Pontes non para de avisar de males ambientais, a Mesa pola Normalización Lingüística crea unha base de datos de nomes e apelidos galegos acaídos á normativa vixente, o xornal dixital Código Cero danos información importante e póñome na Casa da Cultura de Chantada coa exposición Galicia Dixital e que se está levar por todo o país. Unha mostra, e miro para a pantalla antedita e non vexo, que é estracto da do mosteiro de San Martiño Pinario de Compostela, composta de imaxes aéreas, pantallas con imaxes de 360 graos, producións en 3D ou xogos, todo en formatos dixitais feitos por e para galegos e sigo a mirar para a pantalla do meu pobo.

Vas botar aí a vida? -pregúntame Manolo Fragoso, pintor de tanto, levando de ganchete a súa bandeira pirata- . Pois non? pero soñar esperto merece a pena para poder falar.

(*) Mestre e veciño da Estrada

terça-feira, novembro 13, 2007

Como sobrevivir sendo novo e músico na comarca do Eume

As bandas da zona van desde o rap ata o rock ou o 'funk', e piden máis locais de ensaio e apoio para os seus proxectos.

Facerse un oco dentro do panorama musical actual non é fácil, e menos aínda cando se é novo e non se conta co empuxón que achega a fama. A comarca do Eume é un fervedoiro de bandas e novas tendencias musicais que conseguen sobrevivir grazas ao empeño que os seus integrantes poñen no seu traballo, á súa constancia e a que fan que este labor sexa unha verdadeira paixón.

Entre as bandas da comarca está Dr. Funkstein, un grupo de rock e funk das Pontes con toques de pop e de electrónica, formado por cinco músicos e fundado no 2002, aínda que levan tocando xuntos desde 1997; Ogmios está integrado por cinco músicos das Pontes que fan rap desde fai catro anos e pertencen ao colectivo Rap As Pontes, xunto coa Faneca Murder Crew, un grupo de breakdance ; ou Bon A Chic, catro músicos de Pontedeume e As Pontes que interpretan temas rock e funk .

Seguir lendo pinchando aquí

As Encrobas, a diálogo aberto

Texto de alismile en amigus.org:

La voz en off de una señora nos dice que sólo mentiéndonos en su cabeza y viendo lo que ella ve podría lograr que entendiésemos As Encrobas. Así empezaba "As Encrobas. A ceo aberto". Y no sé si el documental lo consigue, pero al menos nos acerca mucho a lo que ocurrió allí en los 70 y a lo que sigue ocurriendo a día de hoy.

La sorpresa de los niños de la época al ver a los más viejos del lugar coger sus aperos y alzarlos en contra de la injusticia, que en aquellos momentos se materializaba en una barrera de guardias civiles repartiendo palos. La imagen de una anciana cogiendo por la solapa a un picoleto, con la mayor de las valentías, y exigiéndole que se fueran de allí. Las lágrimas de emoción que asoman en los ojos de los entrevistados al rememorar los sucesos. El recuerdo a la valentía de las mujeres de la aldea, que formaron primera fila de una barrera en la que llevaron más palos que alegrías. Moncho Valcarce. Un joven electrocutado. E incluso la exposición de los jefes de Limeisa, contándonos esa relación tan amigable y ese trato tan cordial y agradable con los vecinos e incluso que nos digan que respetan ¡al máximo! el medio ambiente. Todo esto y más. Son relatos de una historia con la que el director quería trasladarnos el sentimiento que lo acompaña desde pequeño, cuando empezó a entender lo que allí estaba pasando, hasta hoy, cuando ya ha visto desaparecer muchas aldeas de la forma más rastrera. El sentimiento de injusticia, creo, fue generalizado entre los espectadores.

El paralelismo con la historia de As Pontes se puso de manifiesto en la mesa redonda que siguió a la proyección, con las intervenciones de Xose Bocixa, el director, Servando Rochela, vecino de As Pontes, y un vecino de Cerceda miembro de la asociación vecinal A Lousa, además de las del propio público asistente, que formulaba sus preguntas y opinaba desde su propia historia. Se abría así un debate muy interesante, donde si algo quedaba claro es que la gente no dejó pisotear sus derechos por unas empresas que no jugaron limpio.

Rochela nos contaba cómo boicoteaban, tirando de una cuerda, las cintas de la mina para parar la producción. Cómo después tuvieron que hacerlas "descarrilar". Cómo la empresa pretendió expropiar a precio de saldo, como quien va a un todo a cien, ofreciendo cantidades irrisorias, unas 5 veces inferiores a lo que por ley correspondía, pero acompañando la oferta con un puesto de trabajo, para luego exigir, desde dentro, la venta de otras tierras... Y cómo unos callaron y otros siguieron peleando.

El vecino de A Lousa, cuyo nombre desconozco, también nos contaba lo que está viviendo ahora. Viven pegados al parque de carbones, dado que la empresa no quiso comprar esos terrenos, saltándose cualquier tipo de perímetro de seguridad. Todos los días dejan los alimentos recién cogidos de la huerta en vinagre, para que se le caiga el polvo acumulado del carbón. Todos los días la ropa que dejan a secar vuelve de color negro a casa. Todos los días respiran mierda. El sulfato cálcico de las emisiones supuestamente les iba a venir de perlas para las tierras y sin embargo allí hay hasta titanio. Desde retener a tres personajes, por los que les vino la guardia civil a chaparrón, hasta cortar la carretera ellos solos. No saben ya qué hacer. "Ata que matemos a un non nos farán caso", afirma su madre siempre. Piden soluciones y pasan de ellos, es la razón de su asociación.

También se plantearon cuestiones de cara al futuro. Como la de reclamar la devolución de las tierras por parte de unos 140 expropiados o el qué sucederá cuando cierre la mina y tengamos un lago. Xose Bocixa comentaba que la única forma de conseguir que el uso y disfrute de sus futuras instalaciones sea público pasa por reclamar la reversión de las tierras.
También hubo mención a Choiva Ázeda, organizadores del evento, que fueron los grandes obviados por algún medio de comunicación.

No me extiendo más, ahora es turno de que contéis vuestras impresiones del documental, pero sobre todo que compartáis vuestras experiencias sobre las expropiaciones en As Pontes. Así que os invito a que lo hagáis aquí.

Conferencia en Ferrol sobre o conflicto bélico no Chad

Hoxe ás 8 do serán, no salón de actos da sede da Xunta en Ferrol (Ex-Praza de España), haberá unha conferencia titulada:

"No lume cruzado: a poboación civil no conflicto de Chad" ca participación de:

- M. Ali Mahamat Mahmoudi.
- José Luis Quintela, director de Intemón Oxfam para Galicia e Asturias.

M. Ali Mahamat Mahmoudi é investigador e presidente do Comité Nacional a cargo da asistencia a personas desprazadas no pais de Chad e formador en técnicas de desenvolvemento de diálogos e mediación para a resolución de conflictos.

Choiva Azeda F.C. obtén a primeira victoria da tempada

Logo de varios partidos nos que a nosa equipa acariñou o triunfo por momentos, pero fuxíndolle nos derradeiros minutos, esta fin de semana, finalmente, Choiva Azeda conqueriu a primeira victoria na nova edición da liga local de futbito 2.007/2.008.
O "rival" que tivo que sufrir as embestidas de calidade dos nosos atletas foi esta vez o Tiki-Taka, resultando derrotado por un abultado 5-2. Os goleadores azedos foron esta vez o Sebas, o David e por 3 ocasións o pichichi Marcos dos Chaos.
A próxima cita será o domingo 18 ás 15:00 h. no Pabillón Municipal de Deportes.

Kioto sae barato ás empresas altamente contaminantes

Imaxe: Ciclo combinado en obras
Ás empresas afectadas case non lles custa diñeiro manter o mesmo nivel de gases.
Os expertos entenden que algúns Estados asinantes de Kioto foron xenerosos en exceso repartindo cotas gratuítas e que no mercado a oferta supera á demanda. Por iso, a tonelada de gas CO2 está case regalada.

Tamén por isto as emisións reais non baixan. Por exemplo, no 2006, as industrias galegas tiñan asignada unha cota total de 13,7 millóns, pero emitiron 16,5 millóns de toneladas, segundo datos oficiais do Ministerio de Medio Ambiente. Ese desfasamento (2,7 millóns) poderíase comprar hoxe no mercado por 189.000 euros. Contaminar case non custa nada.

No seguinte plan de asignacións aparecen e desaparecen industrias con respecto ao anterior. Así, no documento que rexerá do 2008 ao 2012 si se estrean a central de ciclo combinado de Endesa nas Pontes e a planta de gas de Reganosa, que no 2008 xa estará en operación comercial. Ademais aparece por primeira vez a central de gas de Sabón.

Non aparece, polo tipo de combustible utilizado e por funcionar en momentos críticos, a central de fuel, que está previsto o seu peche para o 2016.
No PNA 2005-2007 aparecían 45 instalacións galegas; no novo, 59.
Nova relacionada:
Nova da Voz

segunda-feira, novembro 12, 2007

Unha historia de trinta anos de loita con moito paralelismo


Bocixa presenta nas Pontes «As Encrobas. A ceo aberto», e un debate con afectados polas expropiacións dos setenta

Hai historias que serven para informar e outras para entreter; pero algunhas serven para reconciliar vidas, veciños e recuperar a memoria dun pobo. Así ocorre co testemuño de trinta anos de loita e resistencia que quedaron plasmados no documental As Encrobas. A ceo aberto , unha produción dirixida e realizada por Xosé Bocixa que se proxecta hoxe ás seis da tarde na Casa Dopeso das Pontes. A esta proxección seguiralle, a partir das sete e media da tarde, un coloquio con Bocixa e veciños das Pontes e Cerceda afectados polas expropiacións da mina de carbón nos anos setenta.

Este documental conta a historia do conflito vivido na localidade de Cerceda nos anos setenta debido á aprobación dun decreto polo Goberno de Franco no que autorizaba a Fenosa a expropiar para quedar co val da parroquia das Encrobas. Os terreos eran cobizados pola empresa porque baixo esa terra escondíase un mineral moi valioso: o carbón.

Este feito marcou unha etapa histórica en Galicia. O 15 de febreiro de 1977, centos de campesiños, sobre todo mulleres, subiron ao alto do val a defender as súas terras. Douscentos gardas civís co seu capote, o seu tricornio e o seu fusil tiñan orde de cumprir o trámite burocrático da expropiación. Os labradores, moitos deles con máis de setenta anos, resistiron as cargas e negáronse a abandonar as súas terras. A revolta fíxose eco en todo o país e ata na prensa internacional, polo que Fenosa aceptou, días despois, negociar cos campesiños mellores prezos para comprar as súas terras.

Con toda esta historia, cos seus comezos nos setenta e a súa prolongación no futuro, Xosé Bocixa construíu un documental que hoxe leva ás Pontes «polas similitudes que existen entre a historia desta localidade e Meirama», explicou o director. Bocixa naceu na parroquia das Encrobas e viviu a través dos seus ollos de neno como Fenosa instalábase no val e como se repetían os enfrontamentos e ataques. «Non 77 eu tinga 10 anos, e ver a revolta foi impresionante», recorda.

Documentos e recordos

Bocixa mestura na súa reportaxe audiovisual o testemuño e a documentación achegada polos veciños, técnicos, políticos, empresarios e ecoloxistas, cos seus propios recordos, en ocasións infestados de luz -«era un val moi fértil, onde abundaba a froita»-, ou de imaxes terroríficas e dolorosas: «Non cemiterio as fendas invadían as lápidas, e vos ósos dúas nosos mortos quedaban ao descuberto e saían á superficie». O director continúa relatando que «entre ou 76 e ou 77 comezaron vos intentos de ocupación e pouco a pouco ou val foise convertendo nun burato de tres quilómetros de longo e foron caendo tódalas aldeas. A xente seguía vivindo en casas con fendas nas que collía unha man, ou que forzou ou proceso de venda».

Bocixa sostén que a historia continúa: «Hoxe aínda segue habendo mobilizacións e xuízos por este asunto. Non val onde extráese ou carbón hai xente vivindo de xeito illado, e na parte alta, xunto á central, hai unha aldea de corenta casas. Viven en condición pésimas pola contaminación, e non hai forma de recoller cultivos limpos».

Asegura que non tivo ningún problema para atopar os testemuños nin para que falasen, ao contrario. «Vos problemas hóuboos ao longo destes vintecinco anos, nos que Fenosa conseguiu enfrontar aos veciños. Ou documental serviu, en certa maneira, para reconciliarse de novo».

Hoxe mantense erguido na zona un enorme buraco da mina de lignito e a cheminea da central térmica de Meirama, pero poucos coñecían o sufrimento e as alegrías que xerara a súa instalación. «Vos máis novos non sabían toda esta historia e acolleron ou documental con moita curiosidade e interese», declarou Bocixa. Con esta mirada ao pasado desde o futuro, os mozos puideron reencontrarse coa súa historia, cargada de contradicións e de paixóns.

PD: Acto organizado pola Asociación Choiva Azeda.

quarta-feira, novembro 07, 2007

"As encrobas. A ceo aberto" este sábado na Casa Dopeso


CASA DOPESO- AS PONTES
Sábado 10 de Novembro
18:00 horas – Proxección de “AS ENCROBAS, A CEO ABERTO”
19:15 horas – Mesa Redonda
X.Bocixa (realizador do documental)
Cidadáns de As Pontes Expropiados nos anos 1.970.
Para ver o trailer preme aquí ou no título da entrada.
O documental rematado en maio deste 2007 relata o conflicto vivido nesa localidade de Cerceda nos anos 70 debido as expropiacións aprobadas polo goberno de Franco, para Fenosa facerse co val da Encrobas.
Logo duna etapa considerada histórica en Galicia pola loita librada polos labregos, a mina comezou a súa actividade e aí comezou a verdadeira e brutal destrucción. Casas derrubadas, persoas illadas.... hoxe aínda moita xente vive nas Encrobas unhas condicións indignas que sufriu ó longo destas décadas e segue a mobilizarse por unha vida digna.
O concello transformouse coa chegada da mina de carbón, Central Térmica, Sogama...
Labregos, técnicos, políticos, empresarios, ecoloxistas....falan sobre estes 30 anos e recuperamos imaxes imprescindibles na nosa historia recente.
Cal é o futuro de Cerceda?Hai voces para todos os gustos
Contacto: 620599007
Co-producción: Videa Films- Ignacio Benedeti Cinema
Dirección-Guión-Realización: Xose Bocixa
Producción executiva: Xosé Zapata, Xosé Bocixa
Dirección Fotografia/ Cámara: Benjamín Trillo
Son: Roi GilRealización/ Edición: Mon MoaresProducción: Emi Candal, Albero LobelleEléctricos: Paco Ramos, Roi Carballido
Banda orixinal : Roi Gil, Xavier Díaz. Dios Ke Te Crew
Foto Fixa: Pilar K
Logo da publicación da película na colección de cine galego 07. o filme proxectarase no Festival Internacional de cine de Ourense os días 19 e 21 de este mes.
Tamén se estrea na Coruña o vindeiro 15 de novembro ás 20:00 na Sala Fonseca con posterior mesa redonda na que participará Manuel Muñíz (sociólogo), veciños e veciñas das Encrobas e o propio director. Organizan Foro Cívico, CRMH (Comisión pola recuperación da memoria histórica), A Moncho Valcarce e Colectivo Urbano Lugrís.

Mario Añón presenta a súa curtametraxe Minerva en Cataluña

O realizador pontés Mario Añón presenta este xoves, 8 de novembro ás 23:00 h. a súa opera prima MINERVA no bar Salao en Vic (Barcelona).

Desexámoslle sorte no seu debut ao noso estimado amigo azedo, que a día de hoxe, atópase emigrado en terra cataláns, onde parece que saben valorar mellor que en Galicia, o talento dos moz@s galeg@s.

Apuntamos tamén, que se está a argallar para próximas datas unha "botada" dos traballos cinematográficos de realizadora/es pontesa/es. E como non, unha macro-festa!!!!!!!!

sexta-feira, novembro 02, 2007

Patrimonio histórico de As Pontes de García Rodríguez


Imaxes: A ponte de Illade (antes e despois do seu traslado ao Caneiro)

Hoxe queremos recomendar aos amantes da historia, o libro coordinado por Víctor Alonso Troncoso, Patrimonio histórico de As Pontes de García Rodríguez editado pola Universidade da Coruña. Os temas e os capítulos nos que se divide son os seguintes:

De la urgencia a la planificación: el yacimiento romano de Chamoselo
Susana Ricart Guillot pags. 131-162

O patrimonio industrial de As Pontes
María Martín Seijo pags. 205-228

Xestión do patrimonio: consideracións críticas dun historiador
Víctor Alonso Troncoso pags. 283-294

MARCHA NACIONAL POLA DEFENSA DO LITORAL. POLA TÚA TERRA, POLO TEU MAR. NON AO PLANO ACUICOLA


VINDE BERRAR A CORRUBEDO, VINDE LOITAR POLO MAR, VINDE DEFENDER A TERRA

Facemos un chamamento a todos os colectivos, organizacións e persoas a título individual do país noso a acudir en masa a Corrubedo o vindeiro domingo, 4 de novembro ás 12:00 no porto de Corrubedo, para amosar a nosa oposición á expropiación e venda da nosa costa, do noso litoral virxe, ás empresas depredadoras.A concentración será no Porto de Corrubedo, para logo discorrer a Marcha cara o Faro, emblema litoral que este domingo debe ser a capital galega da dignidade do pobo, da defensa do noso.

INFORMACIÓNS PARA ACHEGARSE AO CABO
A Vía Rápida da Barbanza está cortada, polo que é importante saír con tempo para chegar ás 12:00 ao Porto de Corrubedo. Aos que se acheguen da Galiza Norte aconsellámoslles ir pola estrada Santiago-Noia e desviarse a Corrubedo un chisco antes de chegar a Ribeira. Os que veñan da Galiza Sur terán que coller a vella estrada Padrón-Ribeira, pasando por Boiro e a Pobra do Caramiñal. Sendo domingo pola mañá o tráfico é pouco, pero cando menos se emprega media hora máis do normal en chegar a Corrubedo.

Aparcadoiros: a entrada ao cabo de Corrubedo ten unha recta ben longa con arcéns suficientemente anchos para aparcar vehículos. Non se poderá aparcar no porto, polo que haberá que deixar os coches e autobuses nesa estrada ou na estrada do faro. Haberá policía local para regular este eido.

Corrubedo é un pobo pequeño e os seus servizos son limitados. No entanto existen algúns negocios de hostelería á entrada do pobo e tamén no porto. Ribeira está a só 7 quilómetros.Engadimos nota de prensa dos veciños e veciñas de Laxe Brava referente o debate acontecido no día de onte (30 de outubro), no Parlamento de Galicia no que o deputado do Grupo Socialista Sr. Lage Tuñas dou resposta a unha moción sobre o Plan Sectorial da Acuicultura de Galicia actualmente en trámite.

COLECTIVOS QUE PARTICIPAN: Adega, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª, Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín, Asociación Altofalante (Ribeira), Colectivo Ecoloxista Verduxo, Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes, Asociación Amigos de Corrubedo, Plataforma Veciñal contra a piscifactoría de Baroña, Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, BNG do Barbanza, Asociación Pau da Luz (Corrubedo), Asociación Cultural Barcas do Minho (Chantada), CNT-Compostela, Amigos da Terra, Plataforma Ártabra21, Quercus (Portugal), PP de Ribeira, BNG de Porto do Son, Comité de defensa das Rías Altas, Asociación profesional XORNAGA (Xestión e Organización de Recursos Naturais de Galicia), Rede Litoral Vivo, Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, Veciños das Mariñas (Oia), IPdR (Iniciativa Progresista de Ribeira), Foro Social Temos Dereito a Saber, 'O Ribeiro', Bouzas Móvete, Confraría de Pescadores de Corcubión, Comite Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

-- Manoel Santos
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
corrubedo@altermundo.org
Tel.: 686021933

Nota dos veciños de Laxe Brava sobre o debate do día 30 de outubro de 2007 no Parlamento de Galicia

Tras o debate acontecido no día de onte (30 de outubro), no Parlamento de Galicia no que o deputado do Grupo Socialista Sr. Lage Tuñas dou resposta a unha moción sobre o Plan Sectorial da Acuicultura de Galicia (en adiante PSAG) actualmente en trámite, a Comisión de Propietarios de Laxe Brava, desexa manifestar o seguinte:

Insistimos unha vez máis en que o argumento utilizado polo Sr. Lage, idéntico ao da Sra. Conselleira de Pesca, de que o PSAG “compatibiliza o liderato na acuicultura coa defensa do territorio” é un argumento baleiro e falaz, que tenta ocultar un modelo industrial intensivo en consumo de recursos naturais e máis propio de épocas preindustriais que de unha economía desenvolvida e moderna como é a galega. A pretensión de colocar a Galicia nun “liderato mundial na cría de peixes planos”, nunha actuación típica de políticas acomplexadas e propagandísticas, terá como resultado – de levarse a cabo – o liderato para Galicia pero en outros eidos de moi distinto tipo: en destrucción de litoral, con esa nova Marea Negra de 3 millóns de metros cadrados de formigón armado; en despilfarro de cartos públicos, cos máis de 390 millóns de euros en subvencións; en ridículo número de postos de traballo (275 como moito según os nosos cálculos); en repulsa social, cos milleiros de sinaturas e máis de 1000 alegacións ao proxecto; e en incalculables perdas en termos medioambientais, patrimoniais e paisaxísticos.

Neste mesmo debate os dous grupos que sustentan ao actual goberno da Xunta, PSdeG- PSOE e BNG, apoiaron o PSAG sen fisuras. Polo tanto, queremos responsabilizar directamente da desfeita á que nos conduce o PSAG a todos e cada un dos membros destes dous grupos presentes onte no Parlamento de Galicia, e por extensión ás agrupacións políticas que representan. A acción de goberno implica aos dous partidos que forman o bipartito e por iso ámbolos dous son responsables das iniciativas lexislativas aprobadas no Parlamento ou no Consello da Xunta.

Consideramos inaceptables por equívocas ás chamadas á negociación que nestas últimas datas se están a invocar desde certos representantes políticos. Chegou a hora de asumir responsabilidades e rexeitar con contundencia o PSAG, sen contemporizacións nen panos quentes. A estas persoas, recordarlles que non se pode nadar e gardar a roupa ao mesmo tempo, e que non se pode negociar con quen ameaza e coacciona con expropiacións forzosas. Desde esta Comisión sólo aceptaremos a retirada unilateral e sen condicións do PSAG.

A tramitación deste plan está a caracterizarse polas actitudes cobizosas das multinacionais acuicolas – auténticas redactoras do plan na sombra - e pola prepotencia e opacidade deste goberno. Por este camiño, sólo conseguirán que non reafirmemos no noso propósito de loitar en contra do PSAG en tódolos ámbitos dentro da máis estricta legalidade, e abocar á acuicultura industrial á súa xudicialización se non nos deixan outra alternativa.

Por último, desexamos invitar a tódalas persoas a manifestarse o vindeiro día 4 de novembro ás 12 da mañá en Corrubedo en contra desde Plan. Que o clamor popular faga reflexionar aos políticos.

Comisión de Propietarios de Laxe Brava

En Teira, Corrubedo , a 31 de outubro de 2007

quarta-feira, outubro 31, 2007

As demolicións na costa por orde do Ministerio de Medio Ambiente dóbranse no último ano

O plan para limpar as costas de edificios segue adiante. O Ministerio de Medio Ambiente fixo público hoxe que, no que vai de ano demoleu 665 construcións que ocupaban o dominio público marítimo-terrestre, case o dobre das que se demoleron o pasado ano.

A tendencia nas derribas non deixa lugar a dúbidas: desde o ano 20054, no que se botaron abaixo 40 construcións, o ritmo foise incrementando (demoléronse 194 en 2005 e 345 en 2006) ata chegar ás 665 actuais.

E non hai "límites" en canto ás derribas, segundo explicou o secretario xeral para o Territorio e a Biodiversidade, Antonio Serrano, quen asegura que o departamento de dirixe Cristina Narbona levará a cabo todas as demolicións que poida acordar.

A día de hoxe, 780 quilómetros de costa en España están afectados por edificacións que afectan ao dominio público marítimo-terrestre ou a zonas de servidume, e o obxectivo do Ministerio é actuar sobre eles "coa maior urxencia", informa EFE.

30 millóns de euros gastados en comprar costas
Desde o inicio da lexislatura, o Goberno comprou 1.123 hectáreas para limpala de edificios, cun custo de case 30 millóns de euros. A última adquisición foi a do arquipélago de Sálvora, en Galicia. Medio Ambiente calcula que terá que gastar aínda outros 100 millóns de euros.

Ademais, o ano que vén conseguirase establecer técnica e xuridicamente todos os deslindes necesarios nas costas españolas.

Serrano sinalou que a situación provincial neste aspecto é moi desigual, de tal forma que por exemplo en Lugo e Guipúzcoa está deslindado o cento por cento, mentres que en Málaga un 62% e a media nacional estaría en torno ao 69,15%.
Respecto da superficie deslindada, pasouse dos 300 quilómetros anuais de media a case 700 quilómetros este ano, o que é "relativamente satisfactorio".

O secretario xeral insistiu na necesidade de coordinar todas estas actuacións coas comunidades autónomas e asegurou que, en xeral, as administracións rexionais cambiaron o seu enfoque respecto da ordenación do litoral e están de acordo en que o desenvolvemento urbanístico debe estar máis restrinxido.

España aproba a súa estratexia nacional fronte ao arrequecemento global

As COMUNIDADES AUTÓNOMAS ESTÁN DE ACORDO
España aplicará 198 medidas de redución de emisións e aforro de enerxía
Tras cinco anos de desencontros e debates, o noso país conta por fin coa Estratexia Española contra o Cambio Climático. Onte, o Consello Nacional do Clima aprobou por unanimidade, coa abstención dos tres representantes da ONG ambientais, as 198 medidas concretas para cumprir cos compromisos de Kioto.

Unha vez aprobada polo órgano consultivo, a Estratexia será elevada ao Consello de Ministros do próximo venres. Pero será un simple trámite, posto que o Goberno xa é coñecedor do texto, ao que deu o placet no mes de xullo, e será de inmediata aplicación.

«Estamos moi satisfeitos. foi aprobada sen ningún voto en contra, e só cunhas abstencións que agradecemos, porque son construtivas. As súas críticas son para mellorar o plan», sinalou Cristina Narbona, ministra de Medio Ambiente. O amplo sorriso que mostraba Narbona estaba xustificada ante o apoio de todas as Comunidades Autónomas, corporacións municipais, científicos e expertos, patronal, sindicatos, consumidores..., fóra dos ecoloxistas, que sinalaron, con todo, «que xa era hora de que se aprobase». «Non nos satisfai, pero non a bloqueamos; só nos abstivemos por insuficiente», sinalou ao MUNDO Mar Concepción, responsable de Cambio Climático de WWF/Adena. As outras dúas ONG son Greenpeace e Ecoloxistas en Acción.

A ministra agradeceu a quen «traballaron con esforzo na Estratexia na anterior Lexislatura, porque daquilo que fixeron partimos. Mellorouse estes anos e dotouse de calendario e orzamento. Agradecemento a eles e, por suposto, ao Consello Nacional do Clima», engadiu.

Das 198 medidas que contén o plan de loita contra o arrequecemento global, 80 xa foron postas en marcha en xullo, cun Plan de Medidas Urxentes aprobado entón. Son medidas que só competen ao Goberno do Estado. As restantes 118 empezarán a aplicarse a partir de agora, unha vez que cada Comunidade Autónoma aprobe a súa propia estratexia.

Onte mesmo, tras a sesión principal, as CCAA comezaron a informar de como avanzan os seus propios plans. O País Vasco abriu o melón dos gobernos rexionais, informando da súa Estratexia. Seguíronlle as demais comunidades. O Goberno confía que antes de fin de ano estean en marcha os 17 plans rexionais, e que os municipios incorpórense con inmediatez ao reto de conter as emisións de CO2 e ao aforro de enerxía. Delas dependen os horarios e potencia do alumado público ou os impostos de circulación, que tamén se subirán dependendo da potencia e emisións dos vehículos. Narbona comentou que a axuda que poden sumar as demais administracións ao reto do Estado podería completar os obxectivos de Kioto. A ministra sinalou que esa contribución podería ser de ata o 15% do total de redución das emisións aprobado.

Os problemas do chabolismo


Os barrios marxinais acubillan en Galicia a unhas 4.000 persoas

A pesar da redución da delincuencia, o rexeitamento social retarda a integración étnica

A polémica xurdida a semana pasada porque un centenar de veciños de Vilarchán están dispostos a pagar 250.000 euros a escote para comprar unha casa co fin de que non a adquira unha familia xitana deu a volta a España a través dos medios de comunicación, pero reflicte a realidade das preto de catro mil persoas que actualmente residen en barrios marxinais repartidos por toda Galicia: o camiño cara á integración étnica está a chocar co rexeitamento social por mor de prexuízos nos que pesa máis a historia que a actualidade.

Os poboados ou barrios marxinais -en Viveiro dáse a circunstancia de que os xitanos residen, na súa maioría, nos seus pisos, e non nun asentamento- encóntranse repartidos dunha forma case homoxénea polas catro provincias galegas. A Coruña conta co poboado de Penamoa, onde residen unhas 170 familias; na área metropolitana da cidade herculina tamén se encontran xitanos en Culleredo. Ferrol e Narón, pola súa banda, repártense unhas mil persoas desta etnia, que viven en seis asentamentos. En Ribeira viven preto de 300 xitanos.

En Lugo continúa o poboado do Carqueixo, cunhas 200 persoas, pero pronto desaparecerá, xa que nas súas inmediacións está a construírse o novo hospital. As Lamas, en Monforte, é o principal núcleo xitano no sur da provincia, cunhas 64 persoas. O Vao, con 350 persoas, e dous campamentos en Vilagarcía, reúnen o groso da poboación xitana de Pontevedra. En Ourense localízanse en Maceda e nas vivendas que se construirán en Maside para aloxar a 24 familias.
A vintena de asentamentos galegos están dominados amplamente pola etnia xitana, pero tamén hai integrantes doutras colectividades, como a colonia de húngaros de Ribeira, os moinantes de Carballo, así como romaneses, portugueses e ata grupos que proceden da Europa do Leste.
Un factor común á maior parte das colectividades marxinais é que, a medida que pasan os anos, o chabolismo tende á desaparición e os residentes ou ben se van incorporando progresivamente a vivendas dignas, boa parte delas promovidas polas Administracións, ou alí onde antes dominaban a paisaxe as casetas de chapas de madeira e de ferro oxidado o ladrillo vai gañando terreo, e con el os servizos básicos.

O bum da construción
Ese cambio de costumes ten moito que ver co bum da construción porque, polo xeral, os poboados levantáronse nas inmediacións das cidades hai decenios e, nos últimos anos, o alto valor do chan obrigou á Administración e aos propietarios a articular fórmulas para recuperar esas extensións sen encrespar aos residentes. O sistema que se está empregando é a oferta de vivendas sociais, que non está exento de dificultades, xa que é necesario adaptar a unha nova forma de vida a persoas que naceron, creceron e ata envelleceron en fogares precarios.
Por tratarse de sectores socialmente marxinados, os medios de vida destes colectivos están moi limitados, xa que, como lles ocorre para acceder a unha vivenda digna, a súa incorporación ao mundo do traballo por conta allea encóntrase coa dificultade engadida de que teñen que demostrar non só aptitudes, senón tamén actitudes, por iso é polo que a gran maioría dos integrantes destas etnias víronse obrigados a optar por operar como autónomos e en actividades das que, polo xeral, foxen aqueles que se consideran cidadáns de primeira.

O mundo da chatarra, a venda ambulante, na que domina a de roupa e calzado nos mercadillos, e as atraccións de feira dan emprego a boa parte das persoas que residen nos barrios marxinais de Galicia, que complementan con ocupacións temporais na construción, a estiba portuaria e outros sectores que precisan traballadores para afrontar actividades esporádicas.

Dadas as limitacións que os colectivos étnicos teñen para incorporarse ao mundo laboral, algúns ven obrigados a recorrer a actividades ilícitas, aínda que dirixentes destes grupos aseguran que son a excepción e que ocorre o mesmo cos payos nas mesmas condicións de necesidade. A máis branda quizais sexa o furtivismo, e as duras pasan pola delincuencia.

Rehabilitación complicada
A pesar da fama que teñen os poboados de centros de distribución de estupefacientes, non hai constancia de que fosen detidos membros da etnia xitana nas grandes operacións policiais realizadas contra as mafias galegas. O menudeo de subsistencia é dominante e as toxicomanías non entenden de razas, se seica son máis terribles entre os integrantes destes grupos aos que entrar nun sistema de rehabilitación fáiselles máis complicado polos prexuízos propios e alleos.
Fuentes destas colectividades recordan que, nos seus casos, a droga non só mata aos seus fillos, senón que tamén dificulta a integración social dos seus membros, como se pode comprobar no caso recente de Vilarchán.

Reportaxe de Moncho Ares para a Voz de Galicia.
Esta información foi elaborada coa achega de Fran Espiñeira e Francisco Varel.

+ info: a discriminación por omisión contrasta coa loita interna pola integración

+info: erradicar as chabolas

O pelotazo de Reganosa

Continúan descubríndose datos e informacións evidenciando que non foron nin o emprego nin a xeración de riqueza as verdadeiras motivacións do Sr. Tojeiro e os seus apoios, para situar a Planta de Gas en Punta Promontorio (Mugardos).

Agora descóbrese que o principal motivo é o pelotazo económico-urbanístico.
A empresa “Forestal do Atlántico”, propiedade do Grupo Tojeiro, do chan rústico que comprara a particulares, segregó, en Febreiro de 2001, unha leira de 75.000 m2 rexistrándoa cun valor de 47.500.000 pesetas. Menos de dous meses despois, Forestal do Atlántico S.A vendéuna a Reganosa en 737.000.000 de pesetas.
En menos de dous meses xerou unha plusvalía do 1.552 %.

Coa participación de José Antonio Orza, entón Conselleiro de Economía, este “pelotazo” inscríbese no marco do Convenio con cláusulas confidenciais asinado en xullo do ano 2000 polo Sr. Fraga, entón presidente da Xunta de Galicia, co Sr. Tojeiro e outros socios de Reganosa. José Antonio Orza era socio do Sr. Tojeiro na empresa Forestal do Atlántico S.A., encostada á cal constrúese a Planta de Gas de Reganosa.
Comunicación do Comité Cidadán de Emerxencia.

segunda-feira, outubro 29, 2007

As pontesas Sabela Pernas e Nuria Castro gañan o premio Galiza Crea co documental "Ciclo Combinado"

O documental "Ciclo Combinado" gañou o primeiro premio do concurso da Xunta de Galicia, Galiza Crea.

OS PREMIADOS

O xurado da especialidade de Audiovisual concedeu os seguintes premios:

1º Premio: Sabela Pernas Soto, pola obra "Ciclo combinado" ·
2º Premio: Raul García Pérez, pola obra "O crilo" ·
3º Premio: Elena Louro Fustes, pola obra "Sinfonía humana".

Texto de El País:
A realizadora das Pontes Sabela Pernas trata unha temática moi semellante en Ciclo combinado, o seu debú como documentalista, onde indaga no impacto que Endesa tivo nas Pontes, un pobo que según a directora, "entrará nun punto de inflexión cando o 31 de decembro remate a licencia de explotación da mina, logo de 30 anos". Para esta directora, a presencia de Endesa mudou o espazo físico e sociolóxico do pobo: "Aquí veu moita xente de fóra a traballar e foise artellando un pobo desarraigado, co cal ademais do brutal impacto paisaxístico houbo tamén un impacto sociológico". O futuro do cráter de Endesa tamén pasa por un lago artificial. "Ocupará un espazo comparable a 800 campos de fútbol. É intentar convertir un pobo industrial noutro turístico e fálase incluso de que poida condicionar o clima", explica Pernas.

Dende Choiva Azeda estamos moi felices e orgullosos deste premio MÁIS QUE MERECIDO!!! Noraboa as nosas amigas Sabela e Nuria, e a tod@s os que participáchedes neste fantástico documento. Sodes a ostia!!!

E agora a preparar unha botada da curta nas Pontes, ehh!!

sábado, outubro 27, 2007

Documentais para mostrar como se transforman algúns lugares do país


Reportaxe aparecida en El Pais: LUCES TERRA DE SEMPRE

Novas paisaxes, novas imaxes

"Interésame a paisaxe como rexistro da memoria e coma un xeito de apoiar á identidade". Son as palabras de Olalla Sendón, directora d'A casa de Lola de Andrés, un documental sobre a transformación paisaxística na Costa da Morte. Xunto con Sendón, varios directores novos traballaron nos últimos meses en fitas relacionadas con urbanismo e impacto ambiental, moi marcados polas súas orixes.

"Veía como empezaron a excavar nunha punta do val, e como se ía transformando todo ata a miña aldea, logo de percorrer tres quilómetros, como se fose un verme xigante", explica Xosé Bocixa, director do documental A ceo aberto, un traballo sobre o impacto físico e psíquico que supuxo para As Encrobas a posta en marcha de Lignitos de Meirama, a mediados dos setenta.
Bocixa (As Encrobas, 1967), tiña dez anos cando as paisaxes da súa infancia transformáronse radicalmente: "Comprobaba como cada día mudaba a paisaxe, aumentaba a tensión social, as casas agretábanse e derrubábanse, as fontes secaban e as estradas eran un lamazal". Na memoria da súa nenez, o vindeiro 15 de novembro, quedan "as fragas, as bubelas, os teixos e os ríos do Val das Encrobas". Pero esta non semella ser a última transformación das Encrobas. O vindeiro ano rematará a licencia de explotación da mina, e o documental afonda no que pode ser outro cambio radical da paisaxe: "Un lago que encherá o oco da mina, un campo de golf e seguramente unha urbanización", explica Bocixa resignado. Pero a idea dos campos de golf e dos macrolagos artificiais non se limita só ás Encrobas.
A realizadora das Pontes Sabela Pernas trata unha temática moi semellante en Ciclo combinado, o seu debú como documentalista, onde indaga no impacto que Endesa tivo nas Pontes, un pobo que según a directora, "entrará nun punto de inflexión cando o 31 de decembro remate a licencia de explotación da mina, logo de 30 anos". Para esta directora, a presencia de Endesa mudou o espazo físico e sociolóxico do pobo: "Aquí veu moita xente de fóra a traballar e foise artellando un pobo desarraigado, co cal ademais do brutal impacto paisaxístico houbo tamén un impacto sociológico". O futuro do cráter de Endesa tamén pasa por un lago artificial. "Ocupará un espazo comparable a 800 campos de fútbol. É intentar convertir un pobo industrial noutro turístico e fálase incluso de que poida condicionar o clima", explica Pernas.

Os cambios da paisaxe e do urbanismo na Costa da Morte, en concreto na praia de Sardiñeiro, espertaron a atención de Olalla Sendón, que pasou neste lugar longas tempadas na súa infancia. A insaciable febre constructora nun espazo nautural ata hai poucos anos case virxe, levou a Sendón a realizar o documental A casa de Lola de Andrés, un traballo no que agroman a memoria, a paisaxe e a especulación. O filme foi seleccionado en importantes eventos coma o Cinema Jove de Valencia, o Festival de Málaga, o Alcances de Cádiz, ou o Festival de Ourense.
No documental ofrécense opinións plurais sobre a evolución da Costa da Morte e tamén algunhas visións alleas, coma as dos pelegríns, que viaxan cara Fisterra agardando atopar paisaxes idílicas.

"Parece mentira que facendo o que fixeron no sur de España, se repitan agora os esquemas no norte", reflexiona resignado un alemán.

"Cando era pequena, para min a paisaxe tiña unha sensación de eternidade, pero de catro anos para aquí houbo unha transformación tremenda. O pasado verán en catro meses mudou completamente a paisaxe, foi algo brutal", explica esta xove realizadora, que está a rematar agora Os Fabulosos irmáns da luz, un documental sobre os vellos espazos da Costa da Morte onde antigamente se proxectaba cine mudo.

quarta-feira, outubro 24, 2007

A Consellería de Cultura mercará quince dolmens da Costa da Morte para o Parque do Megalitismo


O longamente anunciado Parque do Megalitismo da Costa da Morte será realidade o vindeiro ano. Así o anunciaron onte a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e mais o director Xeral de Patrimonio, Felipe Arias, no encontro que mantiveron con membros da corporación de Vimianzo. Ao tempo, os responsables de Cultura anunciaron que o departamento adquirirá quince dolmens na comarca, e adiantaron a posibilidade de que o parque se organice en base a unha rede descentralizada no lugar de contar cun centro único.


segunda-feira, outubro 22, 2007

Nova convocatoria para o Primeiro Concilio Ateo (Toledo)

Imaxe:Wikipedia, na que se mostra a porcentaxe das persoas que din que cren en Deus.

Tras la reunión celebrada el 20.10.07 en el Círculo de Arte de Toledo, en la que participaron representantes de diversas organizaciones sociales, incluidas CC.OO., UGT, Alternativa Laica, el Consejo Local de la Juventud y miembros de asociaciones vecinales y de plataformas ciudadanas, y en la que se instó al Ayuntamiento de Toledo a reconsiderar su negativa a ceder el Centro Social Polivalente para la celebración del I Concilio Ateo, la Federación Internacional de Ateos (FIdA) quiere agradecer las muestras de apoyo recibidas, y en especial el ofrecimiento hecho público por el secretario provincial de CC.OO., Jesús García Villaraco, de poner a nuestra disposición los locales del sindicato para la realización de las actividades previstas.

No obstante, considerando las características del I Concilio Ateo y las necesidades básicas del espacio en que deberá celebrarse, los integrantes de la FIdA hemos tomado la decisión de acoger favorablemente la oferta que en dicha reunión también hizo pública el Presidente del Círculo de Arte de Toledo, Fernando Barredo, referente a la libre disposición de sus instalaciones. Así, pues, el espacio que acogerá al Concilio Ateo será, finalmente, la antigua iglesia mudéjar de san Vicente, de titularidad municipal, antiguamente conectada con la Casa de la Inquisición y en la actualidad reconvertida en sala de exposiciones y conciertos. La sede de la Asociación cultural “Círculo de Arte de Toledo” se encuentra en la Plaza de san Vicente, nº 2, en pleno centro histórico de la ciudad.

Tanto el programa como las fechas inicialmente previstas se modifican definitivamente, siendo la nueva convocatoria para los días 7, 8 y 9 de diciembre de 2007. A las ponencias anunciadas se sumarán las intervenciones de distintos representantes del arte, de la cultura y de la política que han manifestado, tras los acontecimientos transcurridos desde el veto municipal, su interés en participar en el I Concilio Ateo. En breve podremos comunicar las variaciones y ampliaciones existentes en el programa original, así como la relación provisional de las actividades artísticas y editoriales paralelas, que se han incrementado de forma substancial para dar cabida a los ofrecimientos de colaboración recibidos últimamente.

Agradecemos de nuevo las manifestaciones procedentes de individuos y organizaciones que se han solidarizado con nosotros. Esperamos que esta vez los poderes públicos no intervengan en contra de los valores fundamentales de la democracia, de modo que la ciudadanía pueda valorar en libertad el interés cultural de este acontecimiento, primero de una larga serie que –esperamos- contribuirá a garantizar en nuestro país el ejercicio de los derechos que, como colectivo ateo, exigimos.

Francisco Miñarro,
Coordinador de la Federación Internacional de Ateos (FIdA).


La Federación Internacional de Ateos (Asoc. FIdA) es una entidad sin ánimo de lucro inscrita en el Registro Nacional de Asociaciones del Ministerio del Interior español el 21.04.06, Salida nº 5950, Grupo 1, Sección 1, nº nacional 586954, CIF G97756001. Nuestra organización realiza una tarea sistemática y permanente de denuncia en todos los casos en que las doctrinas religiosas intentan imponer su voluntad dogmática en las decisiones de la sociedad civil. Nuestro principal objetivo es defender la libertad individual, el librepensamiento y el respeto estricto al carácter laico que debe primar en toda sociedad democrática.