Voluntari@s contra o lume
www.concienciasolidaria.comCÓMO PARTICIPAR?
1. Quén pode participar? Calquera persoa maior de 18 anos
2. Qué requisitos se deben cumprir?Cubrir os datos contidos na inscrición e manifestar o coñecemento das obrigas e dereitos da persoa voluntaria é condición necesaria para participar
3. A ónde dirixirse?Subdirección Xeral de Solidariedade e Participación
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
Rúa Eduardo Pondal, 30 4ª andar
15702 Santiago de Compostela
Teléfono solidario: 900 400 800
4. Qué se debe presentar? - Solicitude debidamente cuberta
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade
5. Información complementaria
a. Características do voluntariado contra o lume
- As persoas voluntarias realizarán tarefas de vixilancia activa de incendios forestais nos montes galegos, de apoio nos labores de intendencia na súa extinción e de limpeza e recuperación das superficies queimadas.
- As persoas voluntarias serán avisadas con antelación suficiente para incorporarse ao programa, dentro dos días sinalados como dispoñibles na súa solicitude, na medida das posibilidades
- A incorporación da persoa voluntaria producirase tras ter recibido a formación teórica e práctica adecuada. En todo caso e tendo en conta as circunstancias, esa incorporación dependerá das necesidades do programa, das características técnicas e das condicións meteorolóxicas adecuadas.
b. O compromiso das persoas voluntarias
As persoas que participen neste programa:
- Disporán de seguro de accidente e responsabilidade civil
- Se lles facilitará o material necesario para o desenvolvemento das súas funcións
- Recibirán a formación e información adecuada ás funcións a desenvolver
- A realización das súas funcións non lles xerará gasto algún
- Ao finalizar o período de voluntariado, recibirán unha certificación das actividades realizadas e das horas dedicadas.
As persoas que participen neste programa deberán:
- Colaborar desinteresadamente os días que se indiquen
- Participar activamente nas actividades, respectando os horarios establecidos
-Respectar as normas de convivencia propias da actividade e aceptar e seguir as indicacións das persoas responsables.