quarta-feira, junho 27, 2007

xuicio ó conductor que rematou coa vida do noso amigo Jonh

Según a Voz:

(...) O conductor do Golf que causou a morte, Ángel Manuel Castro Souto, fue juzgado ayer, acusado de un delito por homicidio de imprudencia grave.

O fiscal pediu para el tres anos de cárcere e tres e medio sen o permiso de conducir. A acusación particular tamén reclama a mesma petición de prisión e eleva a catro anos e medio o tempo no que o mozo deberá quedar sen o carné de conducir. A acusación particular pide eleva-la pena a catro anos. O acusado, con nove meses de carné, ía bebido e a velocidade supostamente excesiva.

O acusado foi sometido á proba de alcoholemia e deu unha taxa de 0,64 miligramos por litro de aire expirado. Non debería pasar dos 0,15 por ser un condutor novel. O policía instrutor do ateigado puxo de manifesto que, na súa opinión, o accidente produciuse por varias cuestións: velocidade inadecuada, pavimento esvaradío e falta de pericia do condutor. Recordou tamén que este, cando ocorreron os feitos levaba case 24 horas sen descanso.

máis información na voz de galicia

1 comentário:

Anónimo disse...

O rapaz é un simple gañán, un gañán asasino. Ogallá teña que pasar un par de anos da cadea para que saiba o que é sufrir. Fixo moito dano, e teno que pagar.