Videos da festa da fraga

Loading...

quarta-feira, setembro 19, 2007

Presentación do libro "Retallos da Memoria" sobre a represión franquista en Ferrrolterra

A Asociación Memoria Histórica Democrática presentará o libro Retallos dá memoria o vindeiro xoves na Biblioteca Municipal de Narón, ás 20.00 horas.

A obra, dunhas 200 páxinas, componse de oito historias de veciños da comarca, xente non relevante con algo que contar. Entre elas, está a do debuxante Siro López contada pola súa irmá, «unha crónica preciosa e emotiva», segundo o presidente da asociación, Manuel Fernández .
Aínda que é a primeira publicación desta organización, aseguran que lle seguirán máis, a medida que as familias conten as súas historias.

«Retallos da Memoria» é unha iniciativa da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática que pretende trazar, a traverso de súas lembranzas ou das dos seus familiares e achegados, apuntes biográficos de xentes que desde as máis diversas posicións enfrontaron o levantamento fascista de 1936 e sofriron a represión en carne propia e -as máis das veces- tamén na de súas familias.

Este libro contén as historias de:
1 .- A FAMILIA DE RUDESINDO DÍAZ BECEIRO E BENIGNA CORRAL YÁÑEZ (e morte de seu fillo Rudesindo Díaz Corral).
2 .- A FAMILIA CARRODEGUAS.
3 .- FELIPE NOGUEROL OTERO.
4 .- PLÁCIDO CARRO SERANTES.
5 .- MODESTO DEL RÍO.
6 .- MANUEL LANDEIRA MANEIROS.
7 .- DAVID FERNÁNDEZ DOPICO.
8 .- ANTÍA PEÑA DÍAZ.

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
- Ateneo Ferrolán, 202-204. 15001 Ferrol
memoriahistoricademocratica@gmail.com
http://www.memoriahistoricademocratica.org/

Sem comentários: