Videos da festa da fraga

Loading...

quinta-feira, setembro 20, 2007

Os asistentes ao Congreso Español de Socioloxía celebrado en Barcelona, asinaron o manifesto en contra da localización de Reganosa

Sociólogos e Investigadores asistentes ao Congreso Español de Socioloxía celebrado en Barcelona, asinaron o manifesto en contra da localización de Reganosa dentro da Ría de Ferrol e en apoio á manifestación que para o próximo 30 de setiembre convocou o Comité Cidadán de Emerxencia.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, fai público que no recente Congreso Español de Socioloxía, celebrado en Barcelona entre os días 13 e 15 de setembro, un número significativo de profesores e investigadores de distintas universidades, firmaron o manifesto en contra da planta de gas de Reganosa no interior da ría de Ferrol, e apoiando a manifestación do vindeiro 30 de setembro as 12 da mañá no Porto de Ferrol coa finalidade de que a Reganosa non lle sexa autorizada a entrada aen funcionamiento definitivo que ten obligación de solicitar.

No manifesto reflíctese o perigo das plantas de gas nas proximidades dos núcleos de poboación e reclámase a "Planta de gas fora da ría".

Entre os sociólogos e investigadores firmantes podemos atopar a súa pertenza a universidades como as de: A Coruña, Vigo, Santiago, Rey Juan Carlos de Madrid, UNED, Central de Barcelona, Autónoma de Barcelona, País Vasco, Salamanca, Complutense de Madrid, La Laguna de Tenerife, A Rioja, Extremadura, Ramón Lluch de Barcelona, Sociólogos sin Fronteiras, etc.

Entre os firmantes e asistentes a dito Congreso Español de Socioloxía encontranse os seguintes: Salvador Giner, da Universidade de Barcelona e Presidente do Instituto de Estudios Catalan; Fermín Bouza, Catedrático da Universidad Complutense de Madrid; Octavio Uña, Catedrático da Universidad Rey Juan Carlos; Alberto Moncada, Presidente de Sociólogos Sin Fronteiras; Maria di Masso: Investigadora da Universidad Autónoma de Barcelona; Xan Bouzada Profesor da Universidad de Vigo, Cristóbal Gómez da Universidad de Madrid, Francisco Eduardo Haz Gómez Sociologo da Universidad de A Coruña; Helena Roman Alonso, Investigadora da Universidad de Salamanca; Marta G. Rivera Investigadora da Universidad de Barcelona, Xose Leira Profesor de Socioloxía da Universidad de A Coruña, etc.

O Comité Cidadán de Emerxencia, nos últimos meses, ven reclamando dos organismos do Ministerio de Industria, competentes nesta materia, que non sexa autorizada a entrada en funcionamento definitivo de Reganosa, en base os condicionados que ten na sua autorización de construción de febreiro de 2004, que son imposibles de resolver e relacionados coa distancias as poboacións e a saída o mar dos buques metaneros en caso dun accidente durante sua descarga ou non transito polo interior dá Ría.

A angosta Ria de Ferrol está comunicada co océano Atlantrico por un sinuso canle con fondo e beiras de rocha, de catro quilómetros de longo e 150 metros de ancho entre bollas. Según un recente informe do CEDEX, organismo público dependente do Ministerio de Fomento, e de esperar que se produzcan victimas a causa das dificultades de navegación que en dito canle teñen os grandes buques metaneros cargados de gas Natural Licuado.

Sem comentários: