
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou en xuño, tras o Consello, que a norma galega será pioneira en España e que chegará para modernizar e simplificar a intervención administrativa, desenvolver a planificación da minería e incorporar tecnoloxía. Os ámbitos de actuación son a exploración, investigación e aproveitamento dos recursos mineiros.
Tamén aborda a recuperación ambiental dos terreos afectados por labores mineiros -algo que obriga a Endesa e Fenosa a rexenerar as minas das Pontes e Meirama, respectivamente-. Ademais, o texto contempla a creación dun rexistro no que se inscribirán os dereitos mineiros autorizados, e do Consello Galego dá Minería.
Sem comentários:
Enviar um comentário