Videos da festa da fraga

Loading...

quarta-feira, outubro 31, 2007

As demolicións na costa por orde do Ministerio de Medio Ambiente dóbranse no último ano

O plan para limpar as costas de edificios segue adiante. O Ministerio de Medio Ambiente fixo público hoxe que, no que vai de ano demoleu 665 construcións que ocupaban o dominio público marítimo-terrestre, case o dobre das que se demoleron o pasado ano.

A tendencia nas derribas non deixa lugar a dúbidas: desde o ano 20054, no que se botaron abaixo 40 construcións, o ritmo foise incrementando (demoléronse 194 en 2005 e 345 en 2006) ata chegar ás 665 actuais.

E non hai "límites" en canto ás derribas, segundo explicou o secretario xeral para o Territorio e a Biodiversidade, Antonio Serrano, quen asegura que o departamento de dirixe Cristina Narbona levará a cabo todas as demolicións que poida acordar.

A día de hoxe, 780 quilómetros de costa en España están afectados por edificacións que afectan ao dominio público marítimo-terrestre ou a zonas de servidume, e o obxectivo do Ministerio é actuar sobre eles "coa maior urxencia", informa EFE.

30 millóns de euros gastados en comprar costas
Desde o inicio da lexislatura, o Goberno comprou 1.123 hectáreas para limpala de edificios, cun custo de case 30 millóns de euros. A última adquisición foi a do arquipélago de Sálvora, en Galicia. Medio Ambiente calcula que terá que gastar aínda outros 100 millóns de euros.

Ademais, o ano que vén conseguirase establecer técnica e xuridicamente todos os deslindes necesarios nas costas españolas.

Serrano sinalou que a situación provincial neste aspecto é moi desigual, de tal forma que por exemplo en Lugo e Guipúzcoa está deslindado o cento por cento, mentres que en Málaga un 62% e a media nacional estaría en torno ao 69,15%.
Respecto da superficie deslindada, pasouse dos 300 quilómetros anuais de media a case 700 quilómetros este ano, o que é "relativamente satisfactorio".

O secretario xeral insistiu na necesidade de coordinar todas estas actuacións coas comunidades autónomas e asegurou que, en xeral, as administracións rexionais cambiaron o seu enfoque respecto da ordenación do litoral e están de acordo en que o desenvolvemento urbanístico debe estar máis restrinxido.

Sem comentários: