sábado, outubro 20, 2007

PAXINA WEB DE GRUPOS DE MUSICA DE MOZOS DE GALICIA DA DIRECCION XERAL DE XUVENTUDE


Nota do Departamento de Cultura do Concello das Pontes:

A dirección xeral remiteunos unha carta recentemente, na que se nos indica que e vai crear unha rede de locais de ensaio en distintas localidades de Galicia e que como ferramenta complementaria a esta rede van deseñar unha páxina web que recolla toda a información dos locais( ubicación, carcateristicas, equipamento) así como dos grupos que ensaian, eventos musicais e concertos.

Para dotar de contido a esta web nos piden a nosa colaboración para remitirlles información de tódolos grupos musicais de mozos e mozas do Concello para que a información sobre eles esté accesible na web.
Por isto remitimos anexa unha ficha que deberedes enviar cumprimentada ( CON URXENCIA )ao enderezo que ven ao dorso da ficha anexa.

Se hai material (vídeos, gravacións, mp3, fotos etxc.. que non se poidan enviar ao enderezo electronico facedeo chegar a Dirección xeral de xuventude e Solidariedade por correo ordinario.

Direccion xeral de xuventude e Solidariedade
Centro Coordinador de Información Xuvenil
Praza do Matadoiro s/n
15703 Santiago.

NOTA:
remitide a cultura @aspontes.org unha copia do corro electrónico que remitades a xuventude.
+ info 881 99 90 49 ou no Dpto de cultura do Concello (cultura@aspontes .org)

Estes son os datos que precisamos que nos enviedes á maior brevidade posible xa que queremos encher de contidos web da Rede Galega de Locais de Ensaio que estamos creando dende a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

DATOS DO GRUPO

NOME

ESTILO MUSICAL

DATA DE FUNDACIÓN

COMPOÑENTES
Nome e apelidos, idade e instrumentos que toca ou funcións de cada compoñente.

FORMA DE CONTACTAR CON VÓS:
Persoa de contacto
Enderezo
Teléfonos
E-Mail
Blog
Web

DATOS DO LUGAR DONDE ENSAIADES ACTUALMENTE

TRABALLOS REALIZADOS
Maquetas, Discos publicados, etc...

ACTUACIÓNS REALIZADAS

MATERIAL GRÁFICO.
Todo material gráfico ou sonoro que consideredes oportuno.
Fotos do grupo, compoñentes, actuacións, DVD`S de actuacións, ensaios, etc...
Gravacións de concertos ou traballos en formato mp3

Se o material fose moi pesado para o correo electrónico, podes envialo directamente a este enderezo:

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
Edificio Administrativo San Caetano
Bloque III – 1º
15781 Santiago de Compostela

Indicade no exterior do dobre “A atención de Begoña Ares ou Magariños”.

Os E-mails aos que debes enviar a información son os seguintes:

begona.ares.calvo@xunta.es

jose.manuel.magarinhos.rodriguez@xunta.es

Nota:
Unha vez que a páxina estea en funcionamento podes, a través dunha clave, subir calquera información, música, vídeos, fotos, etc.... á web

Sem comentários: