domingo, outubro 21, 2007

O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol considera que a Xunta ten diferentes varas de medir

DÚAS VARAS DE MEDIR.

No lugar do Ferrazo da Ría de Arousa, dende o ano 2000 están instalados uns depósitos de hidrocarburos líquidos con 80.000 toneladas almacenadas. Estas instalacións foron autorizadas no seu día pola Consellería de Industria.

De xeito similar ás instalacións de Reganosa na nosa ría, as de Vilagarcía teñen sido obxecto de rexeitamento e protestas populares, protagonizadas pol@s nos@s compañeir@s da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.

Ao igual que no noso caso, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza tense pronunciado en contra das instalacións, no caso de Vilagarcía nunha sentenza que anula a autorización administrativa da Xunta e ademais recoñece o perigo que supoñen os depósitos do Ferrazo para a Ría de Arousa e os seus habitantes.

Recentemente o actual Conselleiro de Industria, Sr Blanco, nunha visita a Vilagarcía manifestou con contundencia que a actividade dos depósitos do Ferrazo non podía seguir. Pero con eso o Sr. Fernando Blanco, a súa Consellería e o Goberno da Xunta amosan duas varas de medir.

Na Ría de Ferrol o complexo petroquimico chamado "Forestal del Atlántico" con 280.000 toneladas de combustibles líquidos e outros productos quimicos canceríxenos, mais a regasificadora de Reganosa con tanques que almacenan 300.000 toneladas de GNL e cos grandes buques gaseiros que entran a descargar, representa un perigo moito maior ao dos depósitos do Ferrazo en Vilagarcía, agrandado ademais polo feito de que os buques gaseiros a plena carga non teñen garantias de sair o mar en caso de unha emerxencia durante a descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría de Ferrol.

No caso de Reganosa o TSXG emiteu duas sentenzas que anularon a tramposa tramitación ambiental feita pola Xunta de Galicia no ano 2001, pero a firmeza de ditas sentenzas está atrancada porque no ano 2004 e no ano 2006 foron recurridas o Tribunal Supremo por Reganosa e tamen pola Xunta de Galicia.

Todo isto amosa que o Sr. Blanco, o goberno da Xunta e os partidos que o sosteñen non teñen un proxecto de país, pois aquí din isto e alí aquilo, aquí coa participación do 10% en REGANOSA ameazan a vida human e a riqueza marisqueira da Ria, mentras que alí actúan logo dunha sentenza xudicial. Nen sequera son quen de recibir @s veciñ@s de Meá, que levan case 90 días de peche. O Conselleiro Fernando Blanco, ao igual que todo o goberno da Xunta, debe saber que o verdadeiro cambio non é o de unhas persoas por outras. O verdadeiro cambio é a erradicación da prepotencia e a arbitrariedade con un proxecto coherente de pais.

Saudamos este éxito da poboación de Arousa, que é de tod@s e manifestamos a nosa confianza e determinación na consecución dos nosos obxectivos.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Ferrolterra 19 de outono de 2007.
¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

Sem comentários: