quarta-feira, janeiro 31, 2007
Dir. Xeral de Obras Públicas semella preferir cargase o círculo
Lembremos que este proxecto (trazado sen contar cos restos megalíticos) propuña a construcción dunha trincheira que arrasaría o xacemento e fendería a zona arqueolóxica veciña en troques dun túnel que incrementaría apenas un 5,3 % do coste de ese tramo.
Descubren un xacemento neolítico preto de Stonehenge
Mentres en As Pontes e en Galicia en xeral, continúa o conflicto político- administrativo co achádego milenario da Necrópole da Mourela, (sen teren decidido aínda, se destruí-los restos ou facer un túnel para conserva-los e seguir estudándoos no futuro), na terra dos anglos reman todos na mesmo sentido:Os expertos sospeitan cos habitantes das vivendas, que forman o maior poboado neolítico atopado en Gran Bretaña, construíron o círculo de pedra (ou círculo lítico) de Stonehenge - considerado un templo, un lugar de enterramento ou un sitio astronómico - entre 3.000 e 1.600 a.C.
caos climático: manda un sinal
L’Alliance pour la Planète lance un appel simple à tous les citoyens, 5 minutes de répit pour la planète : tout le monde éteint ses veilles et lumières le 1er février 2007 entre 19h55 et 20h00.Unimo-nos os franceses. O desorde clímatico e ó problema global.
Imos apaga-las luces o xoves 1, entre as 19,55 e as oito da noite, en galiza, para mandar unha mensaxe clara: ninguén pode agacharse frente o caos climatico que estamos a producir é as Administración teñen que poñer solución xa sobre a mesa.
O tempo esgotase.
Podemos frenar caos climático.
terça-feira, janeiro 30, 2007
S.O.S. MOURELA !!!
A Plataforma Cidadá en Defensa do Patrimonio das Pontes desplega unha enorme pancarta no futuro viaducto do Eume, reclamando a atención dos representantes políticos e dos cidadáns para a non demolición do noso pasado.www.amigus.org/mourela.php
Dous blogs críticos cos governos locais do PP en Cambados e no Grove, no xulgado

O PP na ría de Arousa decide levar ó xulgado dous blogs, cuxa finalidade é introducir e comentar novas de política e actualidade local. Nós visitámolas e consideramos que a denuncia máis que mal, vaille vir moi ben. Publicidade de balde. O único que van conquerir os dous alcaldes é unha oleada de apoios para os creadores dos blog, que exercitan a súa condición de cidadáns libres, xerando críticas e opinións de temas públicos, eso sí, con moita ironía e moito humor acedo.
Solidarizámonos cos blogueiros afectados
(TODOS SOMOS MR. X):
www.camba2.blogspot.com (BLOG DE CAMBADOS)
www.ogrobe.blogspot.com (BLOG DO GROVE)
Para deixar o teu parecer sobre este asunto, clica máis abaixo no enlace de AROUSA OPINA da Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/ed_arousa/opina.jsp
segunda-feira, janeiro 29, 2007
¡Hai que salvar Ponzos!
A Xunta planea a maior piscifactoría de rodaballo de Galicia sobre os humidais e a praia de Ponzos, en Ferrol, unha reliquia natural ó pé do cabo Prior protexida pola rede Natura 2000 como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC Costa Ártabra). Pedimos á Xunta que actúe en consecuencia e evite a destrucción de tanta riqueza, que a valore, conserve e protexa.Para informarse máis e mellor preme: aquí.
domingo, janeiro 28, 2007
peóns e ciclistas: soas ante o perigo
+ Por outro lado o Pais publica un artigo no que se afirma cos galegos estamos a cabeza de Europa no uso do automóbil. Na Voz se afirma: "Os condutores galegos, os segundos de España que circulan a máis velocidade".
*La primera causa de muerte entre los jóvenes y uno de los principales culpables del cambio climático se ha convertido en compañero inseparable de los gallegos.
*Más del 15% de los españoles emplean el transporte público para ir a trabajar, una opción que sólo seduce al 7% de los gallegos.
*El estudio considera que las ciudades gallegas son "ejemplos claros de insostenibilidad en el transporte" y culpa del problema a la "mala planificación urbana" y a la "inexistencia de planes de movilidad compatibles con el desarrollo sostenible".
*Stop Accidentes coincide en los errores que se han cometido en los diseños urbanísticos de las villas y ciudades gallegas. Aprecia un problema "de ordenación del territorio" y critica que dotaciones como colegios, instalaciones deportivas y centro de trabajo se hayan trasladado a los extrarradios de los núcleos urbanos.
*El transporte por carretera provoca en Galicia el 23% de las emisiones causantes del cambio climático en el planeta. "El tráfico urbano es la principal causa de deterioro de la calidad de vida en nuestras villas y ciudades", critica la asociación ecologista Adega.
*Adega insta a los ayuntamientos gallegos a reforzar los controles de velocidad y las sanciones a los estacionamientos irregulares, aumentar la anchura de las aceras, crear zonas en las que no se puedan superar los 30 kilómetros por hora y, sobre todo, mejorar el transporte público para que los ciudadanos tengan una alternativa para desplazarse.
post by aar (as bicicletas forman parte da paisaxe europea, na imaxen a policia britanica descansando)
sábado, janeiro 27, 2007
algo é algo
El príncipe Carlos de Inglaterra y su esposa Camila Parker Bowles vuelan hoy a EE UU como en un vuelo regular de British Airways, para recoger un premio medioambiental el próximo domingo. Carlos utiliza habitualmente un servicio chárter, pero las críticas de organizaciones ecologistas por la contaminación que provocaría un viaje que consideran innecesario ha motivado esta decisión.
El portavoz de la ONG Plane Stupid, Joss Garman, sugirió que el príncipe aceptara el galardón por videoconferencia y le llamó "hipócrita" tras comparar su viaje en avión.
Carlos se ha caracterizado por su defensa del medioambiente. El año pasado escribió un artículo en el que advertía de la gravedad del cambio climático. Recientemente se ha comprometido a cambiar su estilo de vida y reorganizar su residencia para reducir el consumo de energía y las emisiones de gases nocivos.
A partir de ahora ya no irá de vacaciones a la estación de esquí suiza de Klosters, a la que acude desde hace 25 años, para reducir sus emisisones asociadas al transporte aereo.
post by aar
quarta-feira, janeiro 24, 2007
As Encrobas...a ceo aberto
Unha boa parte dos vecinos e veciñas das Encrobas non estiveron de acordo cos prezos que lles e iniciaron unha das movilizacións labregas que máis deron que falar en galiza, apoiadas por partidos e sindicatos e coa que se movilizaron a meirande parte dos colectivos sociais do país. “Cartos non, traslado de povoación” foi a consigna máis berrada.
A loita das Encrobas dou a volta a Europa, chegou á opinión pública estatal, ocupou portadas en prensa e tv.
Enfrentamentos entre labregos e labregas coa garda civil, detidos, feridos, un morto, manifestación que convoca na cidade da Coruña a 8.000 persoas forzan un acordo que suponía multiplicar por 10 o prezo inicial ofertado polos terreos, postos de traballo ós mayores de 18 anos, xubilacións para os vellos....
Máis...cumpliuse aquel acordo? Que aconteceu coas máis de 100 casas que foron devoradas nos últimos 15 anos? Que ocurre coas personas que aínda, en pleno 2006 conviven ó carón do burato da mina? Como evolucionou o Concello de Cerceda industrialmente falando? Cumpriuse a legalidade por parte de FENOSA? A administración preocupouse por que así fose?
Protagonistas desa historia falan case 30 anos despois: Vecinos e veciñas (algúns que siguen vivindo nas Encrobas e sufren as consecuencias da destrucción, persoas que abandonaron o seu pobo fai 25 anos...), FENOSA, Concello de Cerceda, sindicalistas da época serán os protagonistas deste documental necesario.
Este é o enlace ó avance do documental “As Encrobas.... ACEO ABERTO” que estará rematado para maio.
domingo, janeiro 21, 2007
Novo blog en Ortigueira
Os nosos veciños de Ortigueira dispoñen dunha nova blog onde reclamar e traballar cara un desenvolvemento sostible para o seu concello: Ortigueira Sostible. a web de Salvemos Monteferro cumpre un ano
O colectivo "Salvemos Monteferro" e un máis dentro dos moitos que están a aparecer por todo o país para salvalo da especulación e outros males asociados á "economía do ladrillo".
Eles celebran esta semana o primeiro aniversario da súa WEB cunha boa noticia: conseguiron para-la construcción dun vial, de gran impacto ambiental, que simbolizaba a entrada do asfalto neste monte que eles defenden como o derradeiro reducto non cementado entre Vigo e Baiona.
Celebramos que colectivos sociais coma este, ou como o de Defensa do Circulo Lítico da Mourela, estean a dar guerra e gañar batallas na defensa do noso futuro e traballando por unha democracia máis participativa e real.
+Unhas 1.600 persoas protestan contra o edificio comercial previsto na praza de España de Ferrol.
sábado, janeiro 20, 2007
O falo de Manolo Rivas
seguir lendo...
quarta-feira, janeiro 17, 2007
Crónica do circulo lítico da mourela, n´As Pontes
Por Franjo Padín, arqueólogo e profesor de Geografia e História.(...)
Hai 20 anos non tiñamos círculos líticos en Galicia. Ou polo menos, non os recoñecíamos. Agora temos alomenos un estudado arqueolóxicamente, e se o destruímos, cecais perdamos un saber antigo para sempre. Imaxinade Stonehenge ameazado por unha autovía. Poida que a Mourela non sexa Stonehenge, pero dende a perspectiva galega, non hai nada máis semellante, nada máis senlleiro, nada máis merecedor do noso respeito. Como dixo un membro da plataforma veciñal: “do círculo pouco queda xa, pero trátase das nosas pedras”.
resto do artigo en amigus e http://www.blogoteca.com/arqueoloxia/index.php?cod=7841
terça-feira, janeiro 16, 2007
Verdegaia organiza roteiro polo LIC da Costa Ártabra
Ademais dos seus valores ambientais e patrimoniais, Verdegaia pretende salienta-las múltiples agresións que ameazan a conservación deste espazo protexido como é o proxecto de parque acuícola ideado para Ponzos.
Data: Domingo 28 de Xaneiro de 2007. Saída: 10:00h.
Contacto:616 03 92 68 ou 661 63 69 46
Máis información en www.verdegaia.org
proteger el litoral
Coincido con el presidente de la Xunta cuando afirma que la ley de medidas urgentes de protección del litoral de Galicia que su Gobierno presentará en el Parlamento el mes próximo es "una de las cuestiones más relevantes del futuro del país". Es obvio que no se puede seguir tolerando el urbanismo salvaje y la lepra inmobiliaria que han arrasado ya las mas hermosas riberas de nuestras rías.
Por los malos hábitos y la dejadez de los gobiernos del Partido Popular, heredero aquí del peor franquismo, el del "todo vale", un tercio de los municipios del litoral gallego triplicaron la edificación en los tres últimos años, y autorizaron en los últimos cinco la construcción de más de 120.000 viviendas. Si continuamos así, todas las orillas de Galicia yacerán pronto sepultadas bajo abominables pisos de hormigón. De ahí la urgencia de una ley que establezca una banda de protección del litoral de 500 metros.
Algunos timoratos, en el seno mismo del Gobierno bipartito, temen que, adoptada a escasos meses de las elecciones municipales, esta ley le pase factura en las urnas a la coalición gobernante. Hablan ya de posponer su adopción, o de reducir su alcance limitando a 200 metros, o incluso a 100 la anchura de la banda de proyección. Deben calmarse. La inmensa mayoría de los ciudadanos tiene la sensación de que todo el territorio, atacado de concierto por incendios, riadas y hormigón, se está degradando de manera dramática. Y sancionarán en las urnas con extrema severidad toda señal de retroceso -o de simple pasividad - del Gobierno en estos tres frentes.
Porque ha recibido una Galicia destrozada y arrollada por decenios de gestión irresponsable, la misión del Ejecutivo actual es, en su sentido literal, salvar el país. Y tal deber sagrado -que le ha confiado una mayoría de electores de Galicia- supone voluntad política. Y no medidas a medias, paños calientes y retrocesos.
Los especuladores inmobiliarios y los corruptos de la construcción, principales afectados por la futura ley de salvación de nuestras costas y verdaderos matadores del patrimonio territorial gallego, ya han puesto el grito en el cielo. Y movilizan sus redes de influencia y sus relevos mediáticos. Así, por ejemplo, la Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) no ha tardado en declarar que considera "no admisible" la propuesta de la Consellería de Política Territorial de la Xunta.
No sin cierto descaro, la organización empresarial pretende que siempre ha sido partidaria de una "ordenación razonable de la zona costera de Galicia", por tratarse de "un bien general", que ha de ser "preservado de posibles intervenciones que puedan dañar su entorno". Aunque se apresura a afirmar que "la defensa de la riqueza natural que configuran las costas no consiste sólo en adoptar medidas tan indiscriminadas como la anunciada", que podría provocar, según la CEG, "una seria distorsión del mercado" y "enturbiar múltiples proyectos empresariales".
Bienvenida sea la ley si consigue "enturbiar" algunos turbios negocios urbanísticos y si detiene por fin el asesinato de nuestro litoral. Los especuladores no deberían quejarse. En otras partes de Europa, existen leyes más severas. En el Connemara irlandés, por ejemplo, donde medidas mucho mas drásticas han permitido preservar la hermosura salvaje de uno de los territorios mas bellos de Europa. O en Córcega, donde no deja de parecer insólito descubrir bahías y playas de ensueño, bordeadas por inmensos bosques de pinos, perfectamente desprovistas de cualquier edificio.
Esa impresionante belleza natural del paisaje y de las costas esta protegida, no por una ley, sino por el Frente de liberación Nacional de Córcega (FLNC), que en ocasiones pone bombas contra edificios y proyectos turísticos con la excusa de pretender salvar el litoral. "Proteger la identidad geográfica de nuestro país es una prioridad", afirman los nacionalistas. Pero nosotros decimos que lo que valen son las leyes, no las bombas.
Cacerías de raposos "ao inglés" no Carballiño e nas Fragas do Eume

sexta-feira, janeiro 12, 2007
Ofertas de Emprego de Xaneiro
“Hay que pararlo”: proposta de envío de cartas á Ministra de Vivenda
A Fundación Utopía Verde pon a disposición na súa web, unha carta para asinar e remitir á Ministra, vía correo electrónico ou postal, para recodarlle a importancia de que na nova Lei do Solo se contemplen restriccións á urbanización dos espazos naturais.Para máis datos clicar no titular.
imaxen: elroto@inicia.es
quinta-feira, janeiro 11, 2007
Amigus.org colga unha Hemeroteca da Necrópolis Megalítica da Mourela
+ un equipo de 30 personas dirigido por el arqueólogo Andrés Bonilla retomó ayer los trabajos en la excavación del círculo lítico de A Mourela. (artigo na opinión da Coruña 070104)
+ programa de radio cerma dedicado"o Círculo lítico da Mourela"
sexta-feira, janeiro 05, 2007
loita contra o desorden climático
+ o consumo de productos locales (euroeume) reduce as emisión de gases debido o transporte e coida da nosa paisaxe. consumo resposable:
1. consumir menos.
2. http://www.cooperativaxoaninha.org/
http://www.arbore.org/
comercio xusto: http://www.covadaterra.org/
+ Climate care é unha das moitas ONGs que traballan no terceiro mundo en programas para minimizar as emisión de gases de efecto invernadoiro e mellorar a calidade de vida de poboacións desfavorecidas. A sua finaciación depende de doazons particulares de persoas que pretenden compesa-las suas emisión personais.
+pranta unha árbore.
leer máis: Os expertos vinculan o aumento dos incendios ao cambio do clima. Os científicos denuncian a pasividade dos Gobernos ante unha situación dramática.
terça-feira, janeiro 02, 2007
Exposición fotográfica "feísmo nas Pontes" na rede
Link para ve-la GALERÍA fotográfica do concurso "Feísmo Urbanístico nas Pontes". Lembrar ca exposición estará na Casa da Cultura (Casa Dopeso) na entrada e no primeiro andar ata mediados do mes de xaneiro.As fotografías estarán expostas na Casa da Cultura (Casa Dopeso) durante as datas do Nadal, en horario de mañá e tarde, e por outra banda, poden ser olladas na páxina web da asociación de informática Amigus e no xornal Vieiros. Esgótanse as explicacións ao falar do feísmo, un fenómeno que transformou a paisaxe de Galicia nas derradeiras décadas e que, curiosamente, desaparece ao atravesar as fronteiras que delimitan a nosa comunidade autónoma. Nós entendemos, en poucas palabras, o "feísmo arquitectónico, urbanístico ou paisaxístico" como todas aquelas construccións ou obras humanas que degradan dalgún modo o seu entorno, desentoando por unha ou outra causa co entorno, e constituíndo un elemento desagradable para a vista. Polo tanto “FEO” é a expresión que mellor exemplifica case tódolos males que aqueixan ao urbanismo pontés e galego.
As imaxes expostas nesta exposición, representan unha selección das 200 fotografías presentadas ao concurso polos participantes, permitíndonos captar a atención do perceptor do fenómeno do feísmo local dende 23 perspectivas distintas e complementarias. Queremos agradecer aos membros do xurado encargado de face-la selección das fotografías, pola complexa labor de premia-las instantáneas que mellor mostraban os desmanes urbanísticos, e no que primaron en gran medida, o abandono do casco histórico local, os permisos de novas edificacións e reformas, así como a falla de respeto urbanístico global nalgún das nosas rúas.
O xurado estivo composto por representantes dalgúns dos colectivos máis dinámicos do tecido asociativo local: Asociación Informática Amigus, Asociación de Estudos Históricos Hume, Plataforma Cidadán pola Defensa do Patrimonio Arqueolóxico das Pontes e Irmanamento As Pontes-Lesneven-Carmarthen, así como por unha arquitecta das Pontes que actualmente desenvolve o seu labor en Londres.
sábado, dezembro 23, 2006
Xa temos gañadores

Parabens a gañadora do "Primeiro Concurso de Fotografía sobre o feísmo nas Pontes": Ana Belén Ardao Bouza e os dous concursantes elexidos polo xurado para os segundos premios: Carolina Leal Sueiras + David Cabarcos Vizoso.
Parabens a todo-los de concursantes que fixeron que o xurado tivera que estar reunido discutindo moito máis tempo do previsto.
Queremos agradecelo traballo e entusiamo de todos eles:
Hugo Arias +Mª Luisa Gabín Naveiras + Javier Gil Vieco + Fernando Vérez Tojeiro + Miki + Armando Maseda López + Alex Blanco + Jose A. Blanco + Lúa Rivera Cendán + Marta Bellas Rozas + Serpa + Celia + Natalia Corral Franco + Paser+ David Tembrás Alonso “Beabis” + Carolina Díguele Parras + Sonia Corral + Jose Mª López + Bico + Edgar.
Recordar ca gala de entrega de premios e a inauguración da exposición onde poderedes ver unha grande mostra do traballo de todos eles será o próximo día 26 (terceira feira) ás 6 da tarde.
Temos que agradecer tamén a sua colaboración os membros do Xurado, a todo o persoal do Departamento de Cultura do Concello, a xente do Bar Super 8, a Arantxa e a Carol.
quinta-feira, dezembro 21, 2006
varias profesoras do IES Castro da Uz...
Modalidad de Innovación Educativa. Parabéns para todas elas.
<
Modalidad de Innovación Educativa
Primer Premio dotado con 15.000 euros: «Exposición virtual Dalí-arte-
Dalí-ciencia-Dalí-sueño-Dalí-realidad-Dalí».
Coordinador: Marina Fernández Bouza. 20%.
Autores:
Rocío Chao Fernández.20%.
M.ª José Fernández Yánez.20%.
Rosa Ana Fernández Rodríguez.20%.
M.ª José Vergara Leonardo.20%.>>
O resto dos premios foron para:
Segundo Premio dotado con 9.000 euros: «Enseñando Física y Química
con ideas Quijotescas».
Segundo Premio dotado con 9.000 euros: «Lecto-escritura para
todos.
sábado, dezembro 16, 2006
ikea regala una bicicleta a cada uno de sus empleados
Ikea, the Swedish retail chain, showed its green credentials yesterday by giving all 9,000 of its workers a free bicycle.
The store handed out the £139 fold-up bike and offered a 15 per cent subsidy on public transport at its Christmas breakfast. This year the flatpack furniture specialist decided that giving a bike would send a strong environmental message.
The bicycle is the store's second high-profile green gesture this year following its decision to introduce a charge for plastic bags and encourage reusable ones. Plastic bag take-up at checkouts is down by 97 per cent.
"We want to create a better everyday life for the many, and do what we can to make greener living possible," Ikea's UK manager, Peter Hogsted, said. "The bike is a fun present but there is a serious message. We all have a responsibility to do what we can to protect the environment."
quinta-feira, dezembro 14, 2006
Premio de poesía Uxío Novoneyra
O premio entregarase oficialmente o día 2 de xaneiro nunha ceremonia no Alovi. Diana Varela, natural de Corme pero que exerce a súa profesión de avogada en A Coruña, é a cuarta gañadora do certame de poesía. O primeiro foi Xosé Vázquez Pintor; o segundo, Daniel Salgado; e o terceiro, Suso Pensado.
Patrimonio apoia facer un túnel
(...) Felipe Arias indicou que Patrimonio propuxera fai un ano a alternativa do túnel na Mourela, opción que daquela non aceptou a Consellería de Política Territorial. Onte, este departamento presidido pola socialista María José Caride declinou facer unha valoración oficial sobre o túnel (...)
quarta-feira, dezembro 13, 2006
menos choiva azeda
+non sabemos CO2 se emite a atmósfera durante o transporte do carbón dende Indonesia ...hoxe celebramos que; según ENDESA ; a Central das Pontes emite medio millón de toneladas de CO2 menos o ano.
No 2004, a central, cos catro grupos queimando unha mestura de lignito e hulla, lanzou á atmosfera 10,7 millóns de toneladas de CO2. No 2008, con todas as caldeiras renovadas, emitirá 9,7 millóns.
imaxen: gráfico de greenpeace que explica como nun sistema de xenearación centralizado de enerxía tan so chega a utilizarse de forma eficiente un 22% da enerxía producida.
terça-feira, dezembro 12, 2006
mulleres
na Voz ..."las mujeres en Galicia perciben un salario un 27% inferior al de los hombres por desarrollar un trabajo similar, diferencial que se incrementa a medida que sube el nivel de responsabilidad del puesto de trabajo" .+ rancia foto no Pais:
Fundación Galega para a A Sociedade do Coñecemento, constituida ayer en Santiago, para la búsqueda de fórmulas de gestión y financiación de proyectos vinculados a la Ciudad de la Cultura.
En el patronato de la fundación (os da foto) participan las empresas Citroën, Inditex, Fenosa, Coren, Pescanova, Fadesa, Finsa, las tres universidades gallegas, el Banco Pastor, Caixa Galicia y Caixanova. "
post by aar
segunda-feira, dezembro 11, 2006
comunicado de ADEGA e a Plataforma Pola defensa do Circulo da Mourela
O proxecto contempla a construcción dun túnel para que a autovía Ferrol-Vilalba discorra baixo o monumento
9 de decembro de 2006. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio de As Pontes veñen de presentarlle á Xunta un proxecto para a construcción dun túnel na autovía Ferrol-Vilalba que evitaría a destrucción do Círculo Lítico da Mourela, un conxunto megalítico único en Galiza.
A Dirección Xeral de Patrimonio xa amosou o seu apoio a esta alternativa, viábel técnica e económicamente. Só falla que a Dirección Xeral de Obras Públicas amose a mesma sensibilidade na conservación da nosa herdanza cultural.
As obras da autovía Ferrol-Vilalba están arestora paradas á altura do polígono industrial dos Airíos (As Pontes) á espera de que Patrimonio remate as prospeccións arqueolóxicas na zona. Sería lamentábel que, unha vez máis, a conservación da nosa herdanza cultural ficara nun segundo plano, e que os servizos arqueolóxicos da Xunta tiveran que limitarse a levantar acta da desfeita, facendo de forenses dun patrimonio sacrificado a maior gloria das infraestruturas.
O proxecto desta obra, que data do ano 2000, non considerou como se merecía o excepcional valor deste xacemento, único en Galiza e "descoberto" por Federico Maciñeira a principios do século XX. No estudo de impacto, redúcense considerábelmente os perímetros de protección, considerando só de xeito illado algunhas das mámoas da necrópole e ignorando o círculo lítico que se dá por desaparecido. O trazado da autovía proxéctase pois sobre este elemento, a pesares de figurar nas normas subsidiarias da provincia da Coruña e estar catalogado polo Concello de As Pontes.
Alén disto, o polígono industrial anexo (os Airíos) acabou por destruir no seu momento (1996) parte do conxunto, incluíndo outro círculo lítico máis pequeno e algunhas mámoas situadas ao nordeste do monumento maior. Arestora, este importantísimo conxunto megalítico é só a sombra do que foi no pasado, e dos dous círculos líticos (ou cromlechs), monumentos moi raros en Galiza, é certo que pouco queda xa. Pero trátase das nosas pedras e da herdanza dos devanceiros á que non podemos nen debemos renunciar.
Por iso, dende ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes coidamos que cómpre facer todo o posíbel para conservar este monumento. E persuadidos disto, vimos de presentar á administración un proxecto para evitar a consumación da desfeita. Trátase dun túnel que, aproveitando os desmontes xa feitos, pasaría baixo o conxunto megalítico. Esta obra é técnica e económicamente viábel (non supera a marxe legal de incremento do orzamento) e conta co visto bó da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, que nun primeiro momento xa expuxera unha alternativa similar á CPTOP.
A decisión está, xa que logo, nas mans da CPTOP. ADEGA e a Plataforma coidamos que sería un erro imperdonábel non considerar sequera esta alternativa. É obriga das administracións tentar harmonizar a conservación do noso patrimonio (natural, cultural, arqueolóxico...) co desenvolvemento económico e social. Niso consiste o desenvolvemento sustentábel. O contrario suporía perpetuar as políticas depredadoras e insolidarias das que en Galiza en xeral e nas Pontes en particular xa tivemos dabondo.
ADEGA.
Máis información e comentarios de usuarios:
http://www.amigus.org/web/archives/006432.php
sexta-feira, dezembro 08, 2006
canto costa salva-la mourela???
by: Plataforma na defensa do Patrimonio das Pontes e ADEGA
Con este documento preténdese obter unha aproximación do custo da execución de dous túneles para resolver o problema derivado do trazado da autovía Ferrol-Vilalba, no treito entre o casco urbano de As Pontes e Cabreiros, entre o P.K.36+320 e o P.K.36+420 (aprox.) por riba da Necrópole da Mourela.
Con este importe de referencia quérese abrir unha nova vía de diálogo que poida desenredar a situación xerada.
Para a elaboración do presente documento empregouse a base de prezos do Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Guadalajara Ed. 22 Ano 2006.
A estimación dos diferentes elementos de sustentación do túnel foron estimados a partir do análise de obras similares.
Para calcular o incremento real da obra, habería que deducir as partidas correspondentes ao Proxecto Inicial que se deixarían de facer. Entre outras: o movemento de terras, o paso superior do PK36+305, os traballos arqueolóxicos necesarios na zona, etc.
Así mesmo, habería que valorar o aforro en tempo de espera ata a conclusión da escavación arqueolóxica da Necrópole da Mourela.
Do presente Estudo tírase que o importe do Presuposto Base de Licitación ascende a un total de 2.807.394,91 € que para a execución dos 110 metros de vía supón un custo de 25.521,77 €/m.
Por outro lado, partindo de que o Presuposto de Licitación ascende á cantidade de 52,6 millóns de euros e o de adxudicación foi de 39,2 millóns de euros, o incremento (tendo en conta o exposto no párrafo anterior) sería:
Un 5,3% con respecto ao Presuposto de Licitación.
Un 7,1% con respecto ao Presuposto de Adxudicación.
Un 20,1% con respecto ao aforro xerado pola baixa do contratista.
Polo tanto, esta nova obra entraría dentro do 10% de incremento contemplado pola Lei de Contratos das Administracións Públicas, polo que consideramos que podería ser asumida.
A este beneficio hai que lle engadir o da protección do Patrimonio Cultural. O túnel permitiría evitar un impacto severo sobre un campo de mámoas de máis de 5000 anos de antigüidade.
domingo, dezembro 03, 2006
o patrimonio pérdido
artículo da Opinión da Coruña sobre a desaparición do vaso campaniforme Pontes na Universidade de Santiago...
sábado, dezembro 02, 2006
praceres locales
Esta campaña lánzase para dar a coñecer o modo de funcionamento da Agroalimentaria. A partir de 15 euros levámosche o pedido a casa. Actualemente estamos a traballar en Ferrolterra, Coruña, e nos concellos que forman o territorio de actuación de Euroeume.
Os xoves enviamos un correo a tódolos consumidores interesados cun arquivo de Excel. Nel actualizamos os productos de horta que temos e os prezos, que varían en función do mercado. Ademais incluimos outros productos; repostería, apicultura, conservas vexetais e de peixe, lácteos, productos de comercio xusto, e viños e licores. Se quere facer un pedido, vostede so ten que modificar o arquivo de excel, e gardalo no seu ordenador (por exemplo co seu nome e a data), e logo mandalo a esta conta de correo (a data límite para facer pedidos sería o luns ao mediodía, para darnos tempo a encargar a mercancía aos nosos socios).
Para pedidos superiores a 15 euros, facemos entrega a domicilio, nos centros de traballo, ou no lugar que nos indique cada consumidor. Existe a posibilidade de unificar pedidos de varios consumidores para entregar nun mesmo sitio (así é moito mais doado chegar ós15 euros). En principio para os pedidos inferiores a 15 non facemos reparto a domicilio. Temos un local en As Pontes e outro en Vilarmaior, onde se poderían recoller aqueles pedidos inferiores a 15 euros.
Agroalimentaria vende produtos da zoa do Eume entre eles productos ecolóxicos como Repolo, Espinacas, Porros, Acelgas, Setas (Pleurotus), Leituga, Riza é Carne de Terneira Ecolóxica
quinta-feira, novembro 30, 2006
Xornada de Conferencias: A Restauración da Mina das Pontes
O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, organiza para este sabado día 2 de decembro na Casa Dopeso unha xornada de conferencias co título: “ A restauración da mina de As Pontes “. A partir das 4 da tarde intervirán entre outros: Francisco Aréchaga Rodríguez (Director da mina de As Pontes, ENDESA Generación)
Felipe Mazías Vázquez (Catedrático de Edafoloxia da USC) e
Francisco da Silva Bello (Concelleiro de Desenvolvemento e Urbanismo das Pontes).
segunda-feira, novembro 27, 2006
Nova derrota do noso equipo na liga local
domingo, novembro 26, 2006
I Concurso de Fotografía: “Feísmo Urbanístico no Concello das Pontes”
1ª Os concursantes poderán participar cun máximo de 10 fotografías, que se axustarán ás seguintes normas:
-Tema: O feísmo urbanístico no termo municipal do Concello das Pontes
-Modalidade: en cor eu en branco e negro, en papel fotográfico
-Tamaño mínimo: 15 x 20 cm.
2ª As fotografías presentaranse en sobre pechado figurando no exterior o número de obras presentadas e o lema do autor. Cada foto levará un título e o lugar onde foi tomada, e nun sobre adxunto deberán constar os seguintes datos: nome completo do autor (aceptarase o uso de pseudónimo), número de DNI, enderezo e número de teléfono.
3ª As fotografías enviaranse a dirección postal de Choiva Ázeda: R/ Alimpadoiros local 2 s/n CP:15320 (As Pontes) ou entregaranse directamente no Bar Súper 8, sito na rúa Coruña (en fronte da Biblioteca Municipal), dende o 1 de novembro ata o 15 de decembro.
4ª As obras pasarán unha selección previa antes de ser expostas e as elixidas formarán parte da exposición que a tal fin se inaugurará dentro dos actos a programar no marco dunha mostra organizada para tal efecto.
5ª Establécense os seguintes premios:
- 300 euros para o gañador
- dous accésits de 100 euros cada un.
6ª De non haber un número mínimo de obras presentadas ou si a calidade das mesmas, na opinión do xurado, fora deficiente, os premios poderán declararse desertos.
7ª As obras gañadoras quedarán no poder da Asociación pasando a formar parte dos seus arquivos documentais, podendo reproducilos e difundilos con total liberdade.
8ª Os premios resolveranse no mes de decembro por un xurado composto por persoas vinculadas ao mundo cultural da vila de As Pontes, así como expertos en urbanismo, e actuando como secretario do mesmo, un representante da Asociación Cultural Choiva Ázeda.
9ª O dictame do xurado será inapelable e darase a coñecer na apertura da exposición que a tal fin organizará a Asociación Cultural Choiva Ázeda na Casa da Cultura do Concello das Pontes, e os concursantes, polo propio feito da súa participación, aceptan en tódolos seus termos, as presentes bases.
10ª Os membros da Organización, igual que os membros do xurado, poderán presentar obras pero non poderán ser premiados.
Para máis información: chamando ó teléfono 670 432 491 ou escribindo un correo electrónico á dirección: choivazeda@hotmail.com
Qué é o feísmo?
"Non estou moi de acordo co ese termo. Os edificios non son feos, senón malos. Hai xente que é fea, sen faccións perfectas, non é bonita, pero en cambio é verdadeira, auténtica. Son edificios que son a expresión dunha sociedade desnortada, atrapada na especulación e o mal gusto".
Cesar Portela Femández-Jardón (Arquitecto).
ou como di Javier Armesto:
"Con la expresión feísmo, más coloquial que otra cosa, se evitaba decir lo que realmente era: estropicio y, peor todavía, reconocer la dura evidencia de que hoy, a pesar del indiscutible progreso, la Galicia colonizada por el hombre, con normas, leyes, planes y recursos públicos, está más deteriorada, más fea, que veinticinco años atrás".
quarta-feira, novembro 22, 2006
o emprego da biomasa forestal
Para iso, invita aos propietarios de montes, comuneiros e a todas as persoas interesadas a asistir a un seminario técnico sobre o emprego da biomasa forestal que terá lugar na Casa Dopeso (As Pontes) este xoves 23 a partir das sete da tarde. A asociación conta co patrocinio da Consellería de Medio Rural para organizar este seminario.
O aproveitamento da biomasa consiste en queimar restos dos montes nunha planta a través da cal obtense enerxía. Nos paises nórdicos, estase a defender unha política de descentralización enerxetica, onde as centrales de biomasa pasan a xogar un importante papel, aproveitandose (para aforrar ainda máis emisions) a auga quente que se produce no proceso de xeneración enerxética para as calefacións.
domingo, novembro 19, 2006
reportaje do pais
" Esta central emite más que 2,4 millones de coches. La vida en As Pontes gira en torno a la gigantesca central térmica, y pocos parecen lamentarse." clic eiqui
sexta-feira, novembro 17, 2006
o coco
Di Acebes ca xuventude educada en ideas de esquerda, comenza despreciando a disciplina e o esforzo segue por acosar nas aulas e términa...fatal; ocupado vivendas e rompendo escaparates de surcursais bancarias.
?
domingo, novembro 12, 2006
novos links
dende hoxe podes accder a novos links: +mellor en bici . web que promove o uso da bicicleta en sustitución dos vehículos privados.
este colectivo organiza "bicicletadas" para revindicar o pracer e os beneficios para o medio ambiente que as bicicletas poden aportar. Hoxe a convocatoria xuntou a 1050 persoas en Vigo e unhas 50 en Chantada e miles máis en múltiples poboacions en toda españa.
inclúe unha calculadora que che di canto co2 aforras nos teus traxectos en bici ou camiñando.
+andalucía investiga. para recordar a Efrén.
+memoria histórica en galicia. Asociacións e Fundacións que se adican á recuperación da Memoria Histórica da Guerra Civil e da Represión
imaxen: Chantada 12-11-06
sábado, novembro 11, 2006
Catro anos despois OUTRO PRESTIGE AÍNDA É POSÍBEL
... segue existindo un alto risco no tránsito marítimo
... Galiza non posúe un Plan de Continxencias propio
... seguen sen determinarse os “Lugares Refuxio” e os Centros de Almacenamento
... a escaseza de medios é evidente
... non se controla eficazmente o Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra
... continúa a deterioración do noso medio mariño
... permanece a débeda histórica do Estado
Catro anos despois OUTRO PRESTIGE AÍNDA É POSÍBEL.
É obriga da sociedade galega lembrar que unha catástrofe
marítima e medioambiental aínda é posíbel. É obriga da
sociedade galega reclamar que non suceda NUNCA MÁIS.
Manifestación o domingo 12 de nobembro as 12 dende a Almeda de Santiago.
quarta-feira, novembro 08, 2006
SOS Mourela: Plataforma: Comunicado 6-11-2006
Recentemente a plataforma puxo en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio, a necesidade de aportar tódolos medios técnicos e humáns dispoñíbeis para garantir a continuidade dos traballos arqueolóxicos durante os meses de inverno.
segunda-feira, outubro 30, 2006
conferencia “Centrais térmicas: fábricas de cambio climático”.
Dentro das actividades de verdegaia relacionadas co cambio climatico, o Sábado, día 11, ás 18.30h na Casa do Peso (As Pontes) Xosé Veiras García de verdegaia dará unha conferencia sobre o “Centrais térmicas: fábricas de cambio climático”.Antes de asistir a conferencia podese documentar un vendo o video no que a sección inglesa de greenpeace explica a importancia de descentralizar a produción enerxética e como se pode sacar un maior rendimento as centráis térmicas, por exemplo mostra como en holanda usan a auga quente da refrixeración para dar calefación as vivendas, edificios públicos e negocios das áreas cercanas.
imaxen: www.climatecamp.org.uk post by aar
Nova derrota do noso equipazo
Alfonso," o equipo ten que millorar en defensa, ainda que o noso porteiro Fari perfilase como un dos millores do campeonato, e talento arriba non falta, polo cal tan so temos que perfeccionar a defensa, para conseguir millores resultados". Esperamos que todos os aficionados que nos vides apoiando nestas xornadas sigades animandonos de forma incondicional coma ata agora. ¡SOMOS O EQUIPO COA MILLOR AFICIÓN DO MUNDO¡
domingo, outubro 29, 2006
5,5 trillons de euros
5,5 trillones de Euros es el coste que tendrá para las economías mundiales el no tomar medidas rotundas para frenar el cambio climático en menos de 10 años.Mañana lunes se presenta ante la prensa los resutados del informe redactado para el gobierno Británico.
Según este estudio el mundo necesita invertir un 1% del GDP global (unos 275 billones de Euros)para empezar a actuar sobre el cabio climatico o esperar que las perdidas sobre las economias mundiales sean 20 veces más improtantes si se espera para actuar unos años.
Este panel de espertos ha recomendado no esperar para poner en marchas, los anuanciados en Eurorpa, impuestos verdes que afectarían a los combustibles contaminantes (de automoción y por primera vez los carburantes de aviación). Esperan reducir con ello tanto los desplazamientos privados así como forzar a la industria para desarroyar vehiculos menos contaminantes con mayores prestaciones. Así mismo estos impuestos afectarían al transporte de mercancias favorececiendo el cosumo de productos locales .
Como ya publicamos hace un par de días 7 países de Europa (con España a la cabeza) se alejan de cumplir Kioto lo cual nos impide mantener una actidud de exigencia en las próximas negociaciones con países en rápido crecimiento como China o India.
El cambio clímatico machacará con más fuerza a los más humildes. En Europa los aumentos previstos de impuestos sobre la energía y el transporte serán doloros para las clases más bajas, a no ser que los gobiernos terminen decidiendose por sistemas más justos de cuotas personales (en el Reino Unido hay en marcha varios estudios de "racionamiento" de emisiones). Del mismo si bien las inundaciones de centro europa del 2002 costaron 22 billones de euros y produjeron 100 muertes un desastre similar produjo 700 victimas el mismo año en Mozambique aunque las perdidas fueron inferiores por el bajo valor de las propiedades afectadas. Los paises del tercer mundo que apenas contribullen en las emisiones serán los más castigados.
sexta-feira, outubro 27, 2006
españa na portada de "The Guardian"
clic eiqui para:
1. articulo completo
2. descentralización energética
3. + info sobre cambio climático no Guardian
4. o impacto económico do desorde climático na economía
5. como condenan a morte as nosas emisións a un neno somali
6. unha verdade inconveniente
A Unión Europea, a quen lle gusta presumir de se-la campiona na loita contra o cambio climático, está fallando no seu obxectivo de reduci-las súas emisión de gases invernadoiro e vai ter que tomar medidas moito máis contundentes para poder conseguilo, según as novas proxección presentadas en Bruxelas. A Comisión Europea dixo, que en base os seus datos e tendo en conta as políticas que se están a poñer en marcha, as emisións dos 15 países da Unión Europea orixinal serán so un 0.6% inferiores as de 1990 no 2010. A Eu-15 tiña a intención e compromiso no protocolo de Kioto dunha reducción do 8% no 2012. (...)
Mr Dimas sinalou que, de seguir así sete países -Austria, Bélxica, Dinamarca, Irlanda, Italia, Portugal e Spain - excederan as súas emisión individuais, que están blindadas baixo a leis da EU. Incluso tomando medidas extraordinarias, España verá incrementadas as súas emisións de 1990 en un 51.3 no 2010 comparado co 15% de aumento que lle permitía o protocolo de KiotoO crecemento económico de España e aproximadamente do 4% anual, un dos máis alto da Unión, pero sufriu nestes anos episodios climáticos extremos que fan que se emitan aínda máis gases de efecto invernadoiro.Según as proxeccións Irlanda incrementará nun 30% os niveis do 1990 no 2010, (se lle permitía un 13%), Portugal un 42.7% (se lle permite un 27%). (...)
Datos europeos para a esperanza:
+ o ano pasado vendéronse un 20% de coches limpos (eléctricos, que utilizan bio carburantes,...) en Estocolmo; o segredo o concello penaliza fortemente con impostos os vehículos contaminantes.
+ 22% foi o incremento en uso de bicis para chegar o traballo na capital británica (onde tamén chove).
+11.000 británicos deixaron o anos pasado de ter coche privado para facerse socios dun club de alquiler de vehículos.
+ 2050 o ano en que o goberno sueco espera deixar de emitir gases contaminantes a atmosfera.
+ A enerxía eólica é xa capaz de subministrar electricidade os fogares galegos.
post by aar
