Un Oenach era o lugar de encontro onde os celtas intercambiaban productos e realizaban rituais máxicos e relixiosos. 3.000 anos despois da súa creación, recuperouse esta feira, imprimíndolle un carácter festivo, a través do cal moitos veciños e turistas regresan ás nosas orixes para participar en xogos, compras ou demostracións das artes antigas. Unha versión non tan lonxana deste mercado celébrase todos os anos na Feira do Trece, lugar da parroquia de Sedes.
sábado, julho 28, 2007
Oenach Celta en Sedes (Narón)
Desde 1999 vense celebrando o "Oenach Atlántico" cunha ambientación da época e unha representación teatral dun día da vida dos nosos antepasados de hai uns 2000 anos. Desde o ano 1999 tamén se fai no Castro de Eiravedra, a noite da víspera do Oenach, a Noite do Castro, onde se representa a Lenda de Eiravedra. A Noite do Castro é unha reivindicación da defensa e conservación do patrimonio histórico, cultural e etnográfico.
Un Oenach era o lugar de encontro onde os celtas intercambiaban productos e realizaban rituais máxicos e relixiosos. 3.000 anos despois da súa creación, recuperouse esta feira, imprimíndolle un carácter festivo, a través do cal moitos veciños e turistas regresan ás nosas orixes para participar en xogos, compras ou demostracións das artes antigas. Unha versión non tan lonxana deste mercado celébrase todos os anos na Feira do Trece, lugar da parroquia de Sedes.
Un Oenach era o lugar de encontro onde os celtas intercambiaban productos e realizaban rituais máxicos e relixiosos. 3.000 anos despois da súa creación, recuperouse esta feira, imprimíndolle un carácter festivo, a través do cal moitos veciños e turistas regresan ás nosas orixes para participar en xogos, compras ou demostracións das artes antigas. Unha versión non tan lonxana deste mercado celébrase todos os anos na Feira do Trece, lugar da parroquia de Sedes.
Etiquetas:
anuncios,
lecer,
música,
patrimonio,
reivindicacións,
sostenibilidade,
tradición
Os cidadáns das parroquias das Pontes terán un servizo de transporte público a partires do 1 de agosto
Os veciños dos lugares máis afastados das Pontes disporán, a partir do 1 de agosto, dun novo servizo de transporte público que operará en función das necesidades dos viaxeiros. Trátase dun programa piloto posto en marcha en varios concellos galegos pola Consellería de Política Territorial para pór a disposición dos residentes nas zonas rurais un servizo especial de autobuses durante varios días á semana e, ademais, á carta. É dicir, os pasaxeiros que desexen tomar o transporte deberán avisar cun día de antelación para que o bus efectúe esa parada.
Nas Pontes, este servizo contará con dúas rutas. Montserrat García, concelleira de Atención Cidadá, detallou que un autobús da empresa Gabeiras sairá os mércores e os venres ás 08.30 e 12.30 horas do Pazo con dirección á estación de autobuses das Pontes. Pasará pola Faeira, Bermui, Ribadeume e Vilavella. De regreso haberá outras dúas viaxes, ás 09.10 e 13.10 horas, e partirán da estación pontesa para realizar o mesmo percorrido anterior pero á inversa. Ademais, o servizo cubrirá outra ruta compartida con Monfero.
Un autobús sairá os martes e xoves ás 08.30 e 12.30 horas da Espadana, pasando por Xestoso, Armada, A Panda, A Mourela e As Pontes. As viaxes de volta partirán da estación pontesa ás 09.10 e 13.10 horas. A concelleira recordou que as persoas que desexen subir a estes autobuses deberán avisar o día anterior á empresa Gabeiras, no teléfono 981 451 605, en horario de 10 a 13.30 horas.
O prezo dos billetes irá en función do percorrido, pero oscilará entre os 1,20 e os 3,20 euros, explicou García.
Etiquetas:
anuncios,
as pontes,
mobilidade,
sostenibilidade
Ofertas de Emprego de AES Briante (25 de xullo)
Dende Briante chegan novas ofertas de emprego para o mes de agosto.
Pincha aquí para ver a listaxe dos postos de traballo ofertados.
Pincha aquí para ver a listaxe dos postos de traballo ofertados.
Etiquetas:
anuncios,
asociacionismo,
emprego
Un observatorio e normas de protección ambiental enchen de contido á Lei Galega da Paisaxe
Está en plena fase de recuperación para entrar no parlamento en setembro. A Lei Galega da Paisaxe pretende servir de base legal para protexer o noso espazo natural, que durante séculos contribuíu a definirnos. Medidas legais, a creación dun observatorio como órgano colexiado de asesoramento son algunhas das figuras que contempla este texto que chegará ao Parlamento en outono.
“Coa Lei de Protección da Paisaxe queremos que as nosas paisaxes teñan recoñecemento xurídico; que se estudien en profundidade, se cataloguen e describan as paisaxes galegas cos seus valores, degradacións, ameazas e tendencias; queremos que todos aqueles plans, programas ou proxectos que deban someterse á avaliación estratéxica ambiental ou de impacto ambiental teñan en consideración a paisaxe” explica José Benito Reza, director xeral de conservación da natureza nun texto xenérico facilitado polo gabinete de prensa. Ao tempo anuncia o incremento da superficie destinada a espazo protexido, plans de acción de conservación e a creación dunhas directrices da paisaxe que sexan determinantes na ordenación do territorio. O borrador da Lei xa foi sometido a consulta do Consello Galego de Medio Ambiente (COGAMA) e rematou a fase de consulta a nivel institucional entre as distintas consellerías. Agora mesmo, o texto está a ser revisado en función das alegacións presentadas e o documento definitivo entrará no Parlamento no vindeiro mes de setembro.
Etiquetas:
ecoloxía,
galiza sos,
patrimonio,
sostenibilidade
Díaz Pardo galardoado ca Medalla de Ouro de Galicia
O intelectual Isaac Díaz Pardo declarou que a Medalla de Galicia que lle concedeu a Xunta supón un "fideicomiso" dos "ilustres galeguistas" que "loitaron" pola comunidade "sobre todo no exilio" e, por iso, considerou a máxima distinción que outorga o Goberno autonómico a "homenaxe nun vello" ás figuras que durante o século XX defenderon Galicia.
Nun discurso emocionado tras recibir a medalla de mans do presidente galego, Emilio Pérez Touriño, Díaz Pardo dixo "asumir a representación en fideicomiso" das xeracións de "ilustres galegos exiliados", dos que, recordou, "algúns morreron sen ver nosa a terra". Por iso, ante a máis alta representación institucional, cultural e política da comunidade que se deu cita no compostelano parque de San Domingos de Bonaval, o intelectual galeguista mantivo que o galardón, o segundo concedido polo bipartito, representa un "desagravio á súa sorte".
Así, Díaz Pardo aproveitou a súa quenda de palabra para reivindicar a achega dos que dende a emigración traballaron por Galicia e "pensaron que, ao volver, o primeiro que habería que facer é recuperar a memoria histórica" que, segundo el, "estaba roubada".
Nun discurso emocionado tras recibir a medalla de mans do presidente galego, Emilio Pérez Touriño, Díaz Pardo dixo "asumir a representación en fideicomiso" das xeracións de "ilustres galegos exiliados", dos que, recordou, "algúns morreron sen ver nosa a terra". Por iso, ante a máis alta representación institucional, cultural e política da comunidade que se deu cita no compostelano parque de San Domingos de Bonaval, o intelectual galeguista mantivo que o galardón, o segundo concedido polo bipartito, representa un "desagravio á súa sorte".
Así, Díaz Pardo aproveitou a súa quenda de palabra para reivindicar a achega dos que dende a emigración traballaron por Galicia e "pensaron que, ao volver, o primeiro que habería que facer é recuperar a memoria histórica" que, segundo el, "estaba roubada".
Etiquetas:
cultura,
diáspora galega,
reivindicacións
Arqueólogos localizan tumbas da Idade do Ferro nun castro de Lalín
Os arqueólogos estaban practicando unha excavación de urxencia no Castriño de Bendoiro, xa que a nova liña do AVE Santiago-Ourense vaille pasar xusto por riba. E, de súpeto, atoparon un achado sorprendente. No contorno do castro os investigadores localizaron dúas estruturas funerarias creadas na Idade do Ferro, en plena época castrexa. Nunha delas, formada por dúas gabias liñais, atopáronse, ademais, “diversas pezas metálicas”. Ata o momento, os enterramentos dos nosos devanceiros castrexos eran unha incógnita, e só existían achados illados difíciles de contextualizar. A Consellería de Cultura describe o achado como “un fito historiográfico na arqueoloxía galega”.
Etiquetas:
anuncios,
cultura,
patrimonio,
prehistoria
O domingo ás 12 da mañá pasarrúas en Mugardos
A Asamblea Cidadá, na xuntanza de Mugardos, acordou o seguinte en apoio ós veciños de Meha que siguen encerrados na Casa do Concello:
Para o Domingo 29 de xullo ás doce da mañá,
estar no peirao de Mugardos, no extremo onde atracan as lanchas de pasaxe, desde onde se saldrá para camiñar ata a casa do concello de Mugardos.
Levaremos buzo branco de papel e/ou camiseta do CCE con mascarilla das brancas, ademais de cacerolas, tambores, outros elementos de percusión e gaitas. O paseo rematará diante da casa do concello onde pódese saudar aos veciños de Meha que siguen pechados.
O buzo branco de papel a un euro, poden atopalo nos seguintes lugares:
Ferreteria na rúa Magdalena de Ferrol, ao carón da copistería Josbe, no bloque de casas preto do Ateneo. Nas Gasolineiras.
Para ir a Mugardos desde Ferrol pódese ir e volver na lancha que sae as horas en punto de Ferrol e as medias de Mugardos.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!
Para o Domingo 29 de xullo ás doce da mañá,
estar no peirao de Mugardos, no extremo onde atracan as lanchas de pasaxe, desde onde se saldrá para camiñar ata a casa do concello de Mugardos.
Levaremos buzo branco de papel e/ou camiseta do CCE con mascarilla das brancas, ademais de cacerolas, tambores, outros elementos de percusión e gaitas. O paseo rematará diante da casa do concello onde pódese saudar aos veciños de Meha que siguen pechados.
O buzo branco de papel a un euro, poden atopalo nos seguintes lugares:
Ferreteria na rúa Magdalena de Ferrol, ao carón da copistería Josbe, no bloque de casas preto do Ateneo. Nas Gasolineiras.
Para ir a Mugardos desde Ferrol pódese ir e volver na lancha que sae as horas en punto de Ferrol e as medias de Mugardos.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!
Etiquetas:
asociacionismo,
ecoloxía,
galiza sos,
participación,
reganosa,
reivindicacións
segunda-feira, julho 23, 2007
Breve historia da Romería da Fraga
A festa da Fraga ou día de Santiago, celebrada o 25 de xullo, é a que pon punto final ás festas do Carme nas Pontes. Constitúe a celebración máis bonita e atractiva dos Festexos Patronais das Pontes de García Rodríguez.
Desde a súa orixe, en 1904, foi enxebre e alegre, adquirindo nos últimos anos grande renome e concorrencia. Comezou a se celebrar por iniciativa do entón Xuíz de Paz D. Manuel Fernández Vidal, para satisfacer os desexos de prolongar un día máis a Festa Patronal e elixindo como escenario unha pequena illa do Eume: "A Fraga da Ramalleira". Chamóuselle "festa da Isla" por abrazala totalmente o río, sendo o seu único acceso unha alineación de pasadoiros.
Sen embargo, en 1949 a illa foi asolada polo encoro que construíu a empresa Calvo Sotelo, e a romaría trasladouse definitivamente no ano 1950 á Fraga de Doña Rita (barrio do Barreiro), lugar onde se segue a celebrar hoxe en día.
Sen embargo, en 1949 a illa foi asolada polo encoro que construíu a empresa Calvo Sotelo, e a romaría trasladouse definitivamente no ano 1950 á Fraga de Doña Rita (barrio do Barreiro), lugar onde se segue a celebrar hoxe en día.
Trátase dun lugar encantado en que se xuntan familias, veciños e mozos para comer, disfrutando da paisaxe (grandes carballos, un chan verde, música, clima de alegría e irmandade).
É costume tradicional a participación nun concurso de elaboración de exquisitas empanadas, de orixinais casetas e cabanas. En definitiva, a romaría comprende, unha actividade relixiosa (a Santa Misa é oficiada: hai xa uns anos que non se celebran por falta de asistencia popular) e a posterior sesión Vermú, que dá comezo ao festín do xantar... porque o que é beber xa hai que comezou.
El Jueves e a liberdade de expresión
En defensa da liberdade de expresión e o respeto pola democracia, dende Choiva Azeda queremos apoiar os responsables da revista "El jueves" publicando a portada que esta semana foi secuestrada nunha actuación máis propia do rexime franquista, simplemente por tratar con humor o día a día da actualidade política.
Ánimo e República.
Ánimo e República.
sexta-feira, julho 20, 2007
Un pontés na Antártida
Un descoñecido para a grande maioría dos habitantes das Pontes, Jerónimo López Martínez, un pontés emigrado, como tantos outros, dará hoxe ás 20:30 horas o pistoletazo oficial do inicio das festas de As Pontes. O artigo é do Diario de Ferrol:
López, pontés de nacemento, ademais dun gran alpinista, actualmente é profesor de Xeoloxía na Universidade Autónoma de Madrid e presidente do Comité Científico para a Investigación da Antártida (SCAR), un organismo non gobernamental que intenta promover e organizar a investigación que se desenvolve no continente.
Os seus logros leváronlle en 2002 a recoller, en nome da organización SCAR, o premio Príncipe de Asturias. Con todo, e a pesar de todos os seus logros, as súas raíces pontesas non se borraron e afirma sentirse aínda moi galego. Aínda que haxa trascurrido todo este tempo a verdade é que non me esquecido do meu pobo, asegura López. De pai pontés e nai ferrolá, Jerónimo López con apenas sete anos tivo que emigrar a Madrid coa súa familia pero cada verán volvía ao seu pobo a pasar a tempada estival coas súas máis achegados. Neste momento móstrase moi orgulloso de que o Concello das Pontes acordouse del para dar o pregón das festas. A verdade é que me fixo moita ilusión, pero non estou afeito dar pregóns, adoito falar noutros contextos, asegurou o científico entre risas. Para esta ocasión Jerónimo López preparou un discurso no que contará aos seus paisanos os recordos da súa infancia polas Pontes e os seus arredores.
As vistas de Galicia e da zona, O Eume e todos esas fermosas paisaxes creo que me influíron na miña paixón pola natureza e tamén no meu traballo, a xeoloxía, asegura. O científico aproveitará a viaxe para quedar cos seus familiares, tíos e curmáns cos que aínda mantén unha estreita relación, durante uns días e gozar de excursións e das festas patronais das Pontes.
Para saber máis de Jerónimo, ler entrevista en El País
Etiquetas:
as pontes,
cultura,
desorden climático,
sostenibilidade
quinta-feira, julho 19, 2007
103 biscaíños borráronse da Igrexa durante o ano 2.006
A apostasía é o único medio ao que a Igrexa católica recoñece validez para que unha persoa bautizada poida deixar de pertencer a ela de forma voluntaria, xa que o alonxamento da práctica en ausencia dunha manifestación formal de rexeitamento da fe non comportaría para a Igrexa ningunha situación especial, e doutra banda a expulsión do seo da Igrexa por parte das autoridades relixiosas pertinentes sen ser solicitada polo interesado non constitúe apostasía, senón excomunión.
Os 103 biscaíños exerceron a apostasía, é dicir, rexeitaron o seu bautismo. O colectivo gai impulsa con campañas esta práctica en boga, ao sentirse discriminados.
Que non podemos pornos un condón? Que os homosexuais son xente impura? Agur, Igrexa. Estas persoas exerceron a apostasía. Quen lidera as apostasías é o colectivo homosexual. A asociación Hegoak realiza cada ano campañas de rexeitamento do bautismo. Iso si, non é posible saber cantas das 103 apostasías exercidas en 2006 pertencían a gais, lesbianas ou transexuais. Certamente, persoas de toda condición apostatan cada ano. Esta práctica tivo un crecemento constante nos últimos catro anos en Biscaia. En 2003 houbo 22 apostasías; en 2004, 34; en 2005, 68; e en 2006, 103, segundo datos do Obispado de Bilbao. Ata maio de 2007 xa se realizaron 14, aínda que Hegoak tivo este ano a campaña «parada». «¡Pero 103 o ano pasado son moitas! Non sei que puido pasar», sorpréndese Karmelo Ibarra, chanceler do Obispado de Bilbao, ao facilitar os datos a 20 minutos.
O rexeitamento ao bautismo católico é un dereito. Tan só hai que acudir ao Obispado, encher un formulario e recibir o certificado. Sen voda de branco. Iso si, isto trae consecuencias. A Igrexa xa non fará funerais de corpo presente, non é posible casar polo rito católico e os fillos non poden ser bautizados. Tampouco é posible recibir a comuñón, a extremaución, facer penitencia...
«A Igrexa recibe diñeiro público polo número de bautizos censados, protestan desde Hegoak. É algo que o colectivo gai non consente. «Iso é un falso mito. A partida de bautismo son datos gardados nas igrexas. Non se usan para obter diñeiro público», afirma pola súa banda Nerea Basterretxea, notaria do Obispado. Pero Hegoak atopa máis razóns para apostatar. Denuncia que a Igrexa non permite o aborto, discrimina á muller e esconde escándalos sexuais do clero.
Esta asociación asesora sobre as apostasías e facilita formularios para realizala. Tlf. Hegoak: 94 415 62 58.
Enlaces de interese sobre a APOSTASÍA
Etiquetas:
apostasía,
asociacionismo,
ateísmo,
dereitos humanos,
participación,
reivindicacións
Faite oir en Londres
Hoxe, xoves 19 de Xullo, o novo Ministro de Relacións Exteriores do Reino Unido, David Miliband organizará xunto con Avaaz, unha conferencia titulada “A Nova Diplomacia” e contestará preguntas de persoas de todo o mundo. Esta é unha oportunidade de abrir un diálogo honesto e nos nosos propios termos cun dos gobernos máis influentes a nivel mundial. Miliband é coñecido pola súa oposición á guerra en Líbano e á invasión de Iraq. Na súa carreira política tivo propostas interesantes con respecto á sociedade civil e defendeu unha visión dun Reino Unido aberto ao mundo. O seu nomeamento ao posto de Ministro de Relacións Exteriores sinala un cambio de valores no Goberno británico. Aseguremos que ese cambio leve ao Reino Unido a formular políticas máis xustas que tomen en conta as súas repercusións no estranxeiro. As decisións dos países como Gran Bretaña afectan a persoas moito máis alá das súas fronteiras. Por primeira vez, o inverso tamén podería ser realidade.
Etiquetas:
asociacionismo,
dereitos humanos,
novas tecnoloxías,
participación,
sostenibilidade
Fuchedes o concerto de Sabina e Serrat?
Na Galiza, onde a choiva é arte, onde mexan por nós, onde os tempos xa nons son tan chegados, intentaron deleitarnos coa súa presenza, o indecente e inimitabel Joaquín Sabina e o xarnego e emigrante Joan Manuel Serrat. Coma non, estrelas consagradas, que botaremos a culpa, de que o chover en Santiago de Compostela (cousa rara), tiverón que cancelar o concerto. Raro é, que a gran Caixa Galicia, salvadora dos nosos intereses (ahinda estou esperando).
segunda-feira, julho 16, 2007
Vacacións diferentes: acompaña a un maior
ONG e colectivos de apoio á terceira idade recordan que a soidade de moitos maiores agrávase nestas datas e fan un chamamento en busca de voluntarios que queiran compartir o seu tempo este verán.
Dende facer compañía a unha persona maior ou ir con ela ó médico, hasta facer seguimientos telefónicos, ou reparacions e pequenos arranxos nos fogares, son algunhas das tarefas que se poden facer para axudar a que as persoas maiores que se atopan solas pasen un verán mellor. Un millón de persoas maiores viven solas en España, e un 80% delas son maiores de 80 anos, según cifras de Solidarios para el Desarrollo.
Etiquetas:
cooperación,
maiores,
participación,
voluntariado
domingo, julho 15, 2007
Miradores nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal
Na páxina web do Clube de Montaña de Ferrol indican como chegar a algúns dos miradores máis espectaculares das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, tales como Monteventeso (Ferrol), Montefaro dende Mugardos, Coto do Esperón (Narón), Coto de Ancos (Neda), Monte Campelo (Valdoviño), Pico San Vicente (San Sadurniño), Castelo de Andrade (Pontedeume), Pena Tesa (Monfero), Garita de Eixil (Cedeira), Faladoira (Ortigueira), Cabo Ortegal (Cariño) e O Caxado (As Pontes).
Na fografía pódese olla-la Serra da Faladoira dende O Caxado, que se estivese así na época de Cervantes... Don Quixote tería traballo dabondo.
Información dos miradores comarcais
Etiquetas:
asociacionismo,
comarca do eume,
ecoloxía,
fotografía,
novas tecnoloxías,
patrimonio
sábado, julho 14, 2007
Sectarismo en estado puro
Propoñemos unha serie de videos de youtube que están expostos no blog Ateología, onde se leva a cabo un análise da realidade diaria dende a perspectiva do ateísmo combativo. Case nada...
A páxina é xestionada por membros da Federación Internacional de Ateos, da que xa temos falado anteriormente, pola súa labor de defensa dun laicismo como alternativa ao sectarismo relixioso e intolerante "co outro".
A páxina é xestionada por membros da Federación Internacional de Ateos, da que xa temos falado anteriormente, pola súa labor de defensa dun laicismo como alternativa ao sectarismo relixioso e intolerante "co outro".
Recomendamosvos un video dun neno predicador en Sudamérica, que simplemente da peniña polo rapaz, que de seguro non ten nengunha culpa de non ter nocións do revolucionario Charles Darwin.
Etiquetas:
apostasía,
asociacionismo,
ateísmo,
vídeo
Nace unha asociación para coñecer o patrimonio cultural da comarca do Alto Verdugo
Imaxe: Cama do Home (Taboadelo-Ponte Caldelas)
Estudar o patrimonio etnográfico, potenciar o turismo da área arqueolóxica e programar actuacións de tipo turístico para dar a coñecer o patrimonio da zona do Alto Verdugo son algúns dos obxectivos de “A laxe da Irena”, unha asociación composta por estudosos da zona de Ponte Caldelas que toma o seu nome un dos petróglifos máis importantes de Galicia que foi achado na zona. Ademais, este colectivo é herdeiro do grupo Alfredo García Alén que foi creado hai 25 anos.
A asociación ten o seu ámbito de acción nos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes.
Etiquetas:
asociacionismo,
cultura,
patrimonio,
prehistoria,
sostenibilidade
quinta-feira, julho 12, 2007
Programa das Festas do Carme e da Fraga 2007
No seguinte enlace tedes o programa ó completo das Festas das Pontes 2.007, nun formato electrónico moi útil para consultar día a día. O deseño e o laborioso traballo foi feito por CyberMODE, un dos amigos de @migus.
Clicar aquí para ve-lo programa das FESTAS DO CARME E A FRAGA 2.007
Clicar aquí para ve-lo programa das FESTAS DO CARME E A FRAGA 2.007
Os xitanos galegos de hoxe en día
O Pobo Xitano, minoría étnica que no Estado español que ten sufrido ao longo dos derradeiros cinco século persecucións, discriminación e racismo, está actualmente pelexando arreo para lograr a integración na sociedade.
Dende o noso blog pretendemos divulgar novas dos xitanos que contribúan ao maior coñecemento da súa cultura e das súas problemáticas, procurando evitar as actitudes negativas e de intolerancia e racismo, que se amosa constamente entre a cidadanía e os medios de comunicación de masas. A nosa actitude é nada na crenza de que as doctrinas ou políticas de discriminación racial, cultural, sexual, económica (marxinal-pobreza), relixiosa, ideolóxica, de cor ou orixen étnico son científicamente falsas, socialmente inxustas e perigosas, e éticamente condeables.
Nova pubricada no Faro de Vigo:
El pueblo gitano reivindica su cultura y sabiduría popular. Se acabó para ellos la época errante del carromato. En estos momentos hay 312 gitanos censados en el municipio de Ourense, la gran mayoría trabaja, lleva a sus niños al colegio y están arropados por una asociación que preside Raúl Salazar. Han celebrado la Semana Cultural Gitana, para dar a conocer los trabajos de formación que realizan en colaboración con el Concello de Ourense y para reívindicar algunos aspectos de su cultura popular.
El pueblo gitano reivindica su cultura y sabiduría popular. Se acabó para ellos la época errante del carromato. En estos momentos hay 312 gitanos censados en el municipio de Ourense, la gran mayoría trabaja, lleva a sus niños al colegio y están arropados por una asociación que preside Raúl Salazar. Han celebrado la Semana Cultural Gitana, para dar a conocer los trabajos de formación que realizan en colaboración con el Concello de Ourense y para reívindicar algunos aspectos de su cultura popular.
"Somos muchos y estamos trabajando a fondo por la integración y además sumamos ya muchos votos, deben tenemos en cuenta", bromeaba Raúl Salazar presidente de "Chanela", la Asociación Gitana de Ourense y, de la Federación de Asociaciones Gitanas de Galicia, tras la presentación de los actos de la semana cultural, que tuvo lugar en la sede del colectivo gitano y en el que participó además Amelia Belmonte, responsable del Área Social del Concello que promueve esta iniciativa.
Hace sólo 27 años que los miembros del pueblo gitano fueron reconocidos como ciudadanos de pleno derecho y deberes, lo que les obliga a respetar los cánones oficiales, económico y políticos del país en el que viven.
Etiquetas:
igualdade,
participación,
reivindicacións,
xitanos
Medio Ambiente freará a concesión de novas explotacións mineiras no Courel
Entre o 1992 e o 2005 a Xunta recibiu 28 peticións de concesión de explotacións mineiras na Serra do Courel que estaban pendentes de resolver. Segundo informa hoxe La Voz de Galicia, Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, presentará hoxe no Consello Galego de Medio Ambiente un informe que recolle o compromiso da Consellería de informar desfavorablemente estas solicitudes no seu trámite de impacto ambiental, así como de revisar as 26 concesións mineiras xa aprobadas na Serra de acordo cos cambios na normativa ambiental. Aínda así, a decisión final sobre as concesións seguirá estando na Consellaría de Industria, que é quen autoriza as licenzas de explotación.
Esperamos que a Xunta esté á altura das cirscuntancias e sexa capaz de conquerir que o ben público se impoña por riba dos intereses duns poucos. Dende aquí estaremos a espreita. Coñecemos de preto as "boas intencións" dos políticos e os resultados finais no caso do patrimonio arqueolóxico da necrópole da Mourela, coida que agora non suceda o mesmo co patrimonio natural galego...
Etiquetas:
ecoloxía,
galiza sos,
patrimonio,
reivindicacións,
sostenibilidade
quarta-feira, julho 11, 2007
Mosteiro de San Xoán de Caaveiro
Penduramos unhas instatáneas da visita que fixemos esta fin de semana ao Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume.
O conxunto foi declarado no ano 1975 monumento histórico-artístico pola súa importancia arquitectónica. Sendo na actualidade propiedade da Deputación provincial da Coruña, que iniciou un proxecto de restauración para a posta en valor do conxunto.
Para todos os interesados en visita-lo apreveitade que de momento está aberto, e isto é novidade:
do 1 de xuño ao 30 de setembro de 2007 (tempada estival):
-días: todos, incluídos domingos e festivos
- horario: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.
meses de outubro, novembro e decembro de 2007:
-días: fins de semana e festivos
- horario: de 11:00 a 17:00 h
A última visita guiada comezará 30 minutos antes da hora de peche. Información adicional: Servizo de Patrimonio e Contratación: tlf 981.183.314
Teléfono de atención a visitantes: 981.257.801 (entrada de balde)
Foto satélite da ubicación do Mosteiro de Caaveiro
Foto satélite da ubicación do Mosteiro de Caaveiro
Etiquetas:
arte,
comarca do eume,
cultura,
ecoloxía,
patrimonio
Xogos e rutas para coñecer os bens culturais
Cativos e cativas aprenderán a valorar o patrimonio cultural durante os campamentos de verán.
O programa de actividades en campamentos de verán forma parte dunha campaña de concicenciación social sobre o patrimonio curtural que a Consellaría está a levar a cabo co nome de Mira por el. A campaña pretende dar a coñecer o noso patrimonio e, asemade, transmitir a necesidade de coidalo. As actividades inclúen xogos, material divulgativo e exercicios para traballar o coñecemento dos tipos de patrimonio. O obxectivo é que os nenos e nenas poidan identificar os bens patrimoniais e valoralos; así como comprender as normas para o seu coidado, os perigos que poden padecer e os axentes involucrados na súa protección. As actividades están impartidas por monitores e monitoras con formación especializada en patrimonio cultural.
Parécenos moi boa iniciativa aínda que, recordando exemplos como o do Círculo Lítico da Mourela, preguntámonos se a Consellería, ademáis de educar para o respeto polo patrimonio, non debería predicar co exemplo....
Etiquetas:
arte,
cultura,
patrimonio
terça-feira, julho 10, 2007
Romería da Virxe da Cela a carón do Mosteiro de Monfero
Este domingo pasado, aproveitando a romaría en honra á Virxe de Cela, poidemos desfrutar dun xantar entre amigos e familia na parroquia de San Fiz de Monfero no concello de Monfero, moito preto do Parque Natural das Fragas do Eume.
Despois da sobremesa, visitamos o fermosísimo Mosteiro de Monfero, que atópase por fin aberto, en horario de 12.00 a 14.00 horas pola mañá e polas tardes de 16.30 a 20.30.
O mosteiro de Santa María de Monfero constitúe un dos máis importantes complexos conventuais de Galicia. Fundado en 1135, ó parecer a instancias de Alfonso VII. Constuído en estilo románico, foi ocupado por monxes benedictinos ata que se uniu ó Císter cara a 1201, ficando baixo a xurisdicción do mosteiro de Sobrado.
O espazo leva anos en proceso de rehabilitación, que segundo parece, rematará na instalación dun hotel-balneario nas dependencias monacais. Polo que nós poidemos contemplar esta fin de semana as obras seguirán por tempo, xa que o estado de conservación segue a ser moi deficiente.
Etiquetas:
arte,
comarca do eume,
cultura,
ecoloxía,
patrimonio,
tradición
Unha alternativa ás tradicionais vacacións de verán
Solidaridade Internacional permite coñecer de primeira man como se levan a cabo proxectos de desenvolvemento en países como Ecuador ou Nicaragua.
A través do programa Vacacións Solidarias esta organización non gobernamental de desenvolvemento permite aos voluntarios compartir as súas vacacións coas poboacións indíxenas daqueles países onde ten proxectos de cooperación en marcha. Desde a oenegué encárganse de facilitar todos os detalles da viaxe e de coordinar a estancia do voluntario.
+ info ou tamén en http://www.solidaridad.org/
Etiquetas:
acción humanitaria,
cooperación,
participación,
voluntariado
Agricultura sustentable
A sustentabilidade da denominada agricultura de conservación -con pouco ou nulo laboreo- centra os traballos de investigación dun equipo científico da Universidade de Santiago (USC). En concreto, trátase de avaliar diferentes fórmulas de laboreo en varios puntos da cornixa cantábrica, un proxecto cofinanciado pola Xunta e o Ministerio de Educación.
Unha granxa de Lugo desenvolve este novo experimento.
Unha granxa de Lugo desenvolve este novo experimento.
Etiquetas:
ecoloxía,
sostenibilidade
Fotografías do cambio climático
Dez dos máis prestixiosos fotógrafos da axencia Magnum foron os encargados de obter imaxes en doce localizacións distintas para ilustrar tanto os efectos do cambio climático como as solucións que se están pondo en marcha para reducir as emisións de carbono en diferentes recunchos do planeta. Esta mostra inclúese dentro da iniciativa ZeroCarboncity, unha campaña global impulsada polo British Council para incrementar a concienciación sobre o cambio climático. A exposición, que desde o 2005 percorreu máis de setenta países de todo o mundo, poderase visitar no Aquarium Finisterrae ata o próximo 9 de setembro.
+ info
+ info
Etiquetas:
anuncios,
arte,
desorden climático,
ecoloxía,
fotografía
As Pontes acollerá o domingo un novo intercambio de irmanamento con Lesneven
O domingo chegarán ás Pontes un grupo de cincuenta veciños de Lesneven (Bretagne-Francia) para participar nun novo encontro de cidadáns de ámbalas dúas localidades, irmanadas desde hai dezaseis anos. Os visitantes bretóns visitarán a vila mineira ata o próximo 23 de xullo. Á fronte do séquito chegará Claude Le Menn, presidente do Comité de Jumelage, adxunto á alcaldía de Lesneven e fillo adoptivo das Pontes desde o ano pasado.
Os bretóns aloxaranse nas casas de veciños ponteses, con quen poderán participar en diversas excursións programadas, como unha a Santiago de Compostela e outra ás Rías Baixas e o norte de Portugal. Cinco días logo deste intercambio, un grupo de 35 ponteses e outras localidades galegas partirán en avión a Carmarthen (Gales), outra das cidades irmanadas.
Etiquetas:
anuncios,
as pontes,
asociacionismo,
participación
domingo, julho 08, 2007
Amigus-Party Verán 2007
A partires do vindeiro xoves día 12 os nosos amigos da Asociación Amigus terán unha nova edición da @migus-party, a 14ª :). Estrearán as Festas do Carme coa súa grande festa! ;) E que mellor que despois do largo curso ven de rematar, facela no Lar de Endesa coa piscina ao lado.
Corre, apuntate!
Etiquetas:
anuncios,
as pontes,
asociacionismo,
novas tecnoloxías,
participación
sexta-feira, julho 06, 2007
Monfero existe!
Imaxe: Pena Fesa (Monfero)
Hai xa uns cantos meses, a estrada que une Pontedeume con Monfero, Irixoa e Monte Salgueiro aparecía chea de cruces coas que os veciños desta vía, especialmente os do tramo entre Monfero e *rixoa, pretendían chamar a atención polo pouco coidado que demostran os responsables de Obras Públicas da Xunta sobre o estado da mencionada estrada. Efectivamente, as cruces eran un reclamo un pouco tétrico, pero a iso víanse obrigados os veciños pola neglixencia dos administradores do ben común, ao non realizar obras que permitisen aos coches superar fochancas, cambios de rasante, desniveis e outros obstáculos ben visibles para os automobilistas, que parecían circular por unha montaña rusa e non por unha vía normal.
Nos meses pasados, a Xunta comezou unhas obras de mellora que van máis lentas que o xa famoso ascensor do monte de San Pedro coruñés. Seguramente esperaban -digo eu- os resultados electorais e, unha vez celebradas as eleccións, posiblemente comécese a dotala dun firme que evite fochancas e demais deficiencias. Pero velaquí que a atención a este vello concello coruñés de Monfero, que si existe, sorprendeu a moitos coruñeses defraudados por non pertencer ao área metropolitana, pois as súas 3.000 habitantes (con preto de 2.500 electores nos pasados comicios municipais) senten máis preto da Coruña que doutros núcleos urbanos.
Pero aí está esta pequena vila montañosa, de gran fama polo seu histórico mosteiro e pola súa proximidade ás Fragas do Eume, das que forman parte. Todos, veciños e forasteiros, piden con máis afán non só que se mellore a estrada, senón outras medidas a favor do si existente municipio de Monfero.
Artigo de Ángel Padín pubricado na Voz de Galicia
Etiquetas:
comarca do eume,
reivindicacións,
sostenibilidade
Rapa das bestas na Serra do Forgoselo este domingo
O curro do Pico das Troitas, na serra do Forgoselo, botará o domingo co trote dos preto de trescentos cabalos salvaxes que baixarán do monte varias decenas de aloitadores. Trátase da tradicional celebración de rapa das bestas da Capela, que comezará ao mediodía co peche dos animais no curro.
De aí ás dúas da tarde, aproximadamente, os participantes mediranse coas bestas para cortarlles as crines e marcalas.Pero a celebración non quedará aí. Cunha parada para gozar dunha comida campestre (haberá postos comerciais instalados especificamente para a rapa das bestas), a tarde estará coroada pola competición.
Galope, marcha e trote son as tres categorías nas que se disputarán premios en metálico e trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha.Ademais, os asistentes poderán participar no sorteo dunha poldra comprando as rifas da organización.
Para chegar ao curro non hai máis que dirixirse á Capela e buscar a igrexa de San Boulo. Desde alí poderanse seguir as indicacións cara a esta contorna natural.
Etiquetas:
comarca do eume,
cultura,
lecer,
tradición
quinta-feira, julho 05, 2007
Un roteiro reivindicativo solicitará a paralización do proxecto da mina de andalucita
Organizacións ecoloxistas e cidadáns de Ferrol e comarca organizan un roteiro reivindicativo o vindeiro día 15 de xullo para solicitar a paralización do proxecto de mina de andalucita en Pico Vello (As Pontes). Un total de dez asociacións ecoloxistas e cidadás organizan un roteiro reivindicativo pola zona de Pico Vello (As Pontes), no macizo do Forgoselo, para o vindeiro domingo 15 de xullo. O traslado ata a zona farase en bus que partirá de Ferrol con paradas en Caranza, Fene e As Neves.
O obxectivo desta marcha é protestar contra a pretendida instalación dunha mina de andalucita na zona. Os colectivos convocantes entenden que a mina suporía a desaparición dunha amplia zona de fraga autóctona e de brañas de gran valor ecolóxico, así como a destrución irreversible dunha das tres fontes do Río Belelle, o Rego Cernadas. Por outra banda, a zona adicada a escombreira no proxecto estaría a rentes do Rego Gallel, que forma parte da rede hidrográfica do Río Eume, coa conseguinte ameaza para o parque natural.
Se ben é certo que o proxecto foi corrixido para que non estivese incluído dentro do Parque Natural das Fragas do Eume, a distancia de 50 metros que se contempla resulta insuficiente para asegurar a protección dos valores naturais existentes nel. As organizacións convocantes consideran ademais que a apertura da citada mina suporía tamén a perda dun entorno que atesoura grandes valores non só naturais, senón tamén culturais e antropolóxicos (muíños, rueiros, acueductos, soutos, regadíos, etc.).
Entre as asociacións convocantes atópanse Adega, Clube de Montaña Ferrol, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Plataforma Ártabra 21, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia. Asímesmo participa o Concello de A Capela. Precisamente varios destes colectivos veñen de presentar recentemente alegacións á Declaración de Impacto Ambiental do proxecto.
As persoas interesadas en participar no roteiro poden realizar a súa inscrición ata o 13 de xullo (incluído) no local da Sociedade Galega de Historia Natural, sito na rúa Méndez Núñez 11 de Ferrol, ou ben chamando aos teléfonos 981352820 ou 649779774. O importe é de 2 euros.
O obxectivo desta marcha é protestar contra a pretendida instalación dunha mina de andalucita na zona. Os colectivos convocantes entenden que a mina suporía a desaparición dunha amplia zona de fraga autóctona e de brañas de gran valor ecolóxico, así como a destrución irreversible dunha das tres fontes do Río Belelle, o Rego Cernadas. Por outra banda, a zona adicada a escombreira no proxecto estaría a rentes do Rego Gallel, que forma parte da rede hidrográfica do Río Eume, coa conseguinte ameaza para o parque natural.
Se ben é certo que o proxecto foi corrixido para que non estivese incluído dentro do Parque Natural das Fragas do Eume, a distancia de 50 metros que se contempla resulta insuficiente para asegurar a protección dos valores naturais existentes nel. As organizacións convocantes consideran ademais que a apertura da citada mina suporía tamén a perda dun entorno que atesoura grandes valores non só naturais, senón tamén culturais e antropolóxicos (muíños, rueiros, acueductos, soutos, regadíos, etc.).
Entre as asociacións convocantes atópanse Adega, Clube de Montaña Ferrol, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Plataforma Ártabra 21, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia. Asímesmo participa o Concello de A Capela. Precisamente varios destes colectivos veñen de presentar recentemente alegacións á Declaración de Impacto Ambiental do proxecto.
As persoas interesadas en participar no roteiro poden realizar a súa inscrición ata o 13 de xullo (incluído) no local da Sociedade Galega de Historia Natural, sito na rúa Méndez Núñez 11 de Ferrol, ou ben chamando aos teléfonos 981352820 ou 649779774. O importe é de 2 euros.
Etiquetas:
anuncios,
as pontes,
asociacionismo,
comarca do eume,
ecoloxía,
galiza sos,
participación
Programación musical para as Festas Patronais das Pontes 2.007
...o vindeiro sábado 21, os asistentes poderán seguir a unha Marta Desesperada que repasará desde os seus mellores éxitos musicais ata o discotequero Superstar que tanto soa na actualidade nos diales de toda España.
Pero esta non será a principal sorpresa das festas de verán nas Pontes. A vila mineira tamén acollerá unha interpretación do musical Grease, e servirá de escenario para artistas da talla de Loquillo, Celtas Cortos e Doutor Funkstein, entre outras formacións.Para isto, o Concello programou un ano máis o clásico Nabiza Rock e o seu festival de folk para coroar a festa da Fraga. No primeiro dos casos, Loquillo, Doutor Funkstein, The Sweat, Shroud of Tears, Bon a Chic e Ogmios encherán un cartel de luxo que se consolida ano tras ano.
Na cita folk, os míticos Celtas Cortos estarán acompañados por Muxarega e por Four Men and a Dog. Ademais, a tradicional romaría da Fraga, o último fin de semana de xullo, contará coas actuacións das orquestras Galilea e Matraca Perversa, quen animarán aos centos de persoas que se congregan alí cada ano.
En canto ás festas patronais do Carmen , as verbenas de toda a semana estarán amenizadas pola música de formacións como a orquestra Sintonía, Panamá, Charlestón, Philadelphia, Olimpus, París de Noia e Lamas...
Nova na Voz de Galicia 05/07/2007
Pero esta non será a principal sorpresa das festas de verán nas Pontes. A vila mineira tamén acollerá unha interpretación do musical Grease, e servirá de escenario para artistas da talla de Loquillo, Celtas Cortos e Doutor Funkstein, entre outras formacións.Para isto, o Concello programou un ano máis o clásico Nabiza Rock e o seu festival de folk para coroar a festa da Fraga. No primeiro dos casos, Loquillo, Doutor Funkstein, The Sweat, Shroud of Tears, Bon a Chic e Ogmios encherán un cartel de luxo que se consolida ano tras ano.
Na cita folk, os míticos Celtas Cortos estarán acompañados por Muxarega e por Four Men and a Dog. Ademais, a tradicional romaría da Fraga, o último fin de semana de xullo, contará coas actuacións das orquestras Galilea e Matraca Perversa, quen animarán aos centos de persoas que se congregan alí cada ano.
En canto ás festas patronais do Carmen , as verbenas de toda a semana estarán amenizadas pola música de formacións como a orquestra Sintonía, Panamá, Charlestón, Philadelphia, Olimpus, París de Noia e Lamas...
Nova na Voz de Galicia 05/07/2007
Coñeces os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio?
Sabías que a nutrición e a saúde básicas para todas as persoas do planeta custarían 13.000 millóns de dólares ao ano... e Europa e Estados Unidos gastan 17.000 millóns en comida para mascotas? Ou que para lograr a educación primaria universal en 2015 necesítanse polo menos 18 millóns de profesores e profesoras máis? Ou que no ano 2000 cada vaca europea recibiu 760 euros de subsidio da UE mentres cada persoa en África subsahariana recibiu pouco máis de 6 da mesma institución? Sabías, finalmente, que o consumo de auga en mal estado provoca máis mortes que a guerra ou o terrorismo? Se non sabías todo iso, quizá debas coñecer aínda máis os Obxectivos do Milenio.
O 8 de setembro do ano 2000, 189 Xefes de Estado e de Goberno reuníanse na sede das Nacións Unidas de Nova York no chamado Cume do Milenio cun claro obxectivo: transmitir a políticos e cidadáns, a sociedades e gobernos, que a erradicación da pobreza mundial debía ser unha prioridade para todos e todas. Con esta motivación como pano de fondo, subscribiron a Declaración do Milenio, pola que se comprometían a acabar coa pobreza e o fame a través de oito retos concretos, os denominados Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM).
Os primeiros sete obxectivos fan referencia á erradicación do fame e a pobreza, á educación primaria universal, á igualdade de xénero, á redución da mortalidade infantil e maternal, á detención do avance do VIH/SIDA, paludismo e tuberculose e á sustentabilidade do medio ambiente. O Obxectivo 8 céntrase en fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento a través da materialización dun compromiso firme que axunte recursos e vontades en forma de alianzas entre países ricos e pobres.
Culturagalega.org propón alternativas turísticas en Galicia
Turismo Cara B é unha serie de propostas para coñecer Galicia desde novos ángulos nestes meses de lecer.
As rutas típicas, o descanso e a paz espiritual, os ríos como espazos de lecer, o turismo en familia, os escenarios da revolta irmandiña, Álvaro Cunqueiro e os seus "Viaxes e Xantares", os deportes de aventura, as aldeas abandonadas ou a piques de selo, a observación astronómica, a riqueza de lendas e crenzas do noso país, os paraxes naturais, as ruínas militares, a peculiar xeomorfoloxía, as especies animais ou vexetais únicas e moitas outras cousas que ver, oír, sentir e gozar aquí, no noso país.
Etiquetas:
cultura,
lecer,
sostenibilidade
Subscrever:
Mensagens (Atom)