quarta-feira, abril 11, 2007

terceira edición das Xornadas da Terra

O catedrático da Universidade de Santiago, Xosé Manuel Beiras, estará mañá en As Pontes para participar na terceira edición das Xornadas da Terra, organizadas polas asociacións Niño do Azor e Irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen.

Beiras, presidente da Fundación Galiza sempre, pronunciará unha conferencia titulada A represión do nacionalismo galego en 1936.

O acto terá como escenario o salón de actos da sede do departamento de Cultura, Casa Dopeso, dende as oito e media da tarde.

Sem comentários: