sábado, abril 21, 2007

Os derradeiros días da fraga de Menáncaro

O goberno do Concello de Ferrol (PP-IF) aprobaron a construcción dunha urbanización de chalets nunha das derradeiras fragas de carballos centenarios do municipio. A polémica acrecentouse máis aínda, debido a que a maior parte dos terreos está relacionados directamente con familiares do ex-conselleiro do PP e lider de IF, Juan Fernández.

A veciñanza e organizacións ecoloxistas, en roda de prensa, denunciaron a actitude antidemocrática da Alcaldía, que este goberno municipal non defende os intereses da veciñanza nin o patrimonio natural do Concello; sacrificando un dos escasos espazos naturais de interese paisaxístico e ecolóxico do Concello; anunciaron recursos contra o acordo plenario e que defenderan a Fraga de Menáncaco até conseguir unha proteción definitiva deste espazo natural.
O vindeiro Luns, 23 de Abril, terá lugar unha reunión da Comunidade Menáncaro con ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, nos locais do Ateneo Ferrolán, para analizar a situación e avaliar as medidas de fefensa xa tomadas.

Blog da Comunidade Menáncaro:http://menancaro.blogspot.com/

Sem comentários: