
As tertulias que a asociación cultural Lefre de Caldereta celebra periódicamente no pub Borsalino (rúa Pardiñas, 29) céntranse hoxe no 76 aniversario da proclamación da II República. Por este motivo, a partir das oito da tarde, falará deste período o historiador Bernardo Máiz Vázquez. Este profesor ofrecerá unha visión do que supuxeron eses anos para o desenvolvemento do país desde unha perspectiva ferrolá. Logo dunha exposición duns quince minutos, abrirase o uso da palabra ós asistentes.
+ no Diario de Ferrol ou no enderezo electrónico:
lefre@lefredecaldereta.com
1 comentário:
Aqui tedes un video da República con música dos Canallas:
http://www.youtube.com/watch?v=QEcXo4OgFnI
Enviar um comentário