sábado, abril 14, 2007

promenten un museo arquelóxico nas pontes

Segun a voz de galicia:

O Concello de As Pontes di que reunirá o patrimonio arqueolóxico nun museo cunha sala permanente que exhibiría pezas procedentes de escavacións de Endesa. Din ca Universidade de Santiago e a Xunta colaborarán nesta iniciativa municipal.

Francisco Dasilva explicou que o proxecto incluirá tamén o deseño dunha exposición temporal na Casa Dopeso na que se explicarán aos veciños os principais recursos patrimoniais que se atopan no municipio, entre eles o círculo lítico de A Mourela con a colaboración de Andrés Bonilla. O xoves pasado, Bonilla e mailos seus compañeiros visitaron As Pontes para manter encontros de traballo co alcalde e con Dasilva, a fin de perfilar xa como se artellará esa exposición para divulgar o que foi o círculo lítico prehistórico. A Dirección Xeral de Patrimonio está analizando o informe elaborado por Andrés Bonilla sobre a investigación nos últimos meses do xacemento de A Mourela. As conclusións de ese estudio confidencial -que nin o propio Concello coñece- serán determinantes para que Patrimonio decida si se conservan os restos do círculo lítico ou se destrúen ou se construe o tunel para continuar coas obras da autovía... Ferrol-Vilalba.

imaxen: sir soane museum

1 comentário:

Anónimo disse...

Grazas Plataforma, estádelo conseguindo!!