Videos da festa da fraga

Loading...

sexta-feira, abril 20, 2007

Edicións Positivas en Barna

A editorial EDICIÓNS POSITIVAS convídavos a todos ás seguintes actividades no Sant Jordi barcelonés:

Día 21, ás 12, 30 h. lectura colectiva e plurilingüe do poemario CONTATRÁS, de Paula Carballeira.

A continuación xogarase o III Campionato Contatrás de Brilé.
Lugar: Praia da Barceloneta, pegado ao Espigó del Gas, e alí onde se escoite unha gaita.

Ás 18 h., na Galería Sargadelos, presentación do libro A MIRADA IMPASÍBEL (As películas de Andy Warhol) do que é autor Alberte Pagán.
A continuación proxección da película Bs.As., tamén de Alberte Pagán.


E por último, o día 22, ás 12, 30 h. lectura colectiva do poemario APOSTASÍA, de Óliver Escobar, politólogo de Xove, aficando actualmente en Edimburgo (Escocia) e amigo persoal noso, que poderán desfrutar todos os que se atopen diante da Catedral de Barcelona, na Pla. De la Seu.

Unha aperta para Oli, e para todos os galegos espallados polo mundo adiante, que non deixan de facer MATRIA.

1 comentário:

Markesa Merteuil disse...

Dalle biquiños de parte de Carme, una xornalista que o entrevistou hai anos en Xove... Apetéceme saber del...