Videos da festa da fraga

Loading...

sábado, abril 21, 2007

Día Mundial da TERRA

O 22 de abril de 1970 máis de 20 millóns de persoas mobilizáronse para aumentar a escasa conciencia ambiental. O Día da Terra de 1990 máis de 200 millóns de persoas de 141 países participaron en celebracións conmemorativas en todos os continentes, levantando o status dos problemas ambientais a nivel mundial. Desta forma abriuse o camiño para o Cume da Terra das Nacións Unidas celebrada en Río de Janeiro en 1992.

Este ano, coincidindo con este día, as principais organizacións ecoloxistas españolas, así como outras organizacións, convocaron a manifestación Fronte ao cambio climático, menos CO2. A esta medida súmase a campaña Lazo verde, que pretende concienciar á cidadanía sobre a necesidade de tomar decisións drásticas para deter o cambio climático.

Pra consultalo pulse aquí

Sem comentários: