
EXPERIMENTOS, PROBAS INTERACTIVAS E ILUSIÓNS VISUAIS EXPLICAN COMO FUNCIONA O CEREBRO NA MOSTRA “O MUNDO NA TÚA CABEZA” esta exposición amosa o proceso da información dende os sentidos até o cerebro e ofrece unha viaxe na que o punto de partida son as percepcións sensoriais humanas e o destino o procesamento da información no encéfalo. A mostra dá ademais unha perspectiva histórica da neurociencia e detalla técnicas utilizadas na investigación nesta materia ao longo da historia.
Horarios de apertura da expo con visitas :
de luns a venres de 10 a 14h e de 16 a 20h e sábados de 11 a 14h e de 17 a20h
A exposición contará con monitores que farán de guias da expo a que poderán acudir estudantes de 3º ciclo de primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos e público en xeral.
Se desexan concertar visitas para grupos dirixirse a:
museo de historia natural luis iglesias
981 593 589 (Paula Lorenzo) museohn@usc.es
A mostra está promovida pola Consellería de Innovación e Industria.
Sem comentários:
Enviar um comentário