terça-feira, abril 10, 2007

Un informe do Consello Escolar constata a desgaleguización da educación

Suspenso en normalización e no uso de novas tecnoloxías. Son os datos que facilita o “Informe sobre o Estado e a Situación do Sistema Educativo en Galicia” dende os cursos 2002- 2003 ata o 2004-2005 encargado polo Consello Escolar de Galicia e elaborado polo Instituto de Ciencias da Educación.

O estudo aconsella un esforzo orzamentario para incrementar a incorpración de novas tecnoloxías e cursos de formación, ademais de alertar do suspenso en normalización. Segundo o informe, o ensino incidiu na mellora da escrita e da lectura, pero non na oralidade, ademais de constatar o incumprimento da normativa en materia de lingua.

+ na Xunta

Sem comentários: