sexta-feira, abril 13, 2007

Entrevista a Felipe Senén

A PLATAFORMA CIDADÁ POLA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES ven de publicar unha entrevista con Felipe Senén (arqueólogo, técnico en xestión cultural e museólogo na Deputación da Coruña), na que reclama dos poderes públicos un maior respeto ó patrimonio e defende a idea da construcción dun túnel para continuar ca tan ansiada autovía entre Ferrol e Vilalba, que posibilitaría ao mesmo tempo, protexer a nécropole da Mourela para a súa posta en valor a través da etnoarqueoloxía e da arqueoloxía experimental.


A entrevista non ten desperdicio. Se queres ve-la preme eiqui.

1 comentário:

Anónimo disse...

A seguir amigos.... pese aos nefastos conformistas que acaban sucumbido nos vicios da daministración e do poder, os que non regatean en destruir a paisaxe, a historia e o futuro. Os que tamén confunden, entre seus traumas e complellos, xentes e feitos de progreso e retroceso, intereses e desintereses... ¡ que fagan, de vez as cousas ben, con planificación e futuro. Todo é posible, todo está inventado, convén saben mirar aos povos cultos. A acrópole de Atenas poido desaparecer polo vandalismo e ourbanismo , tamén as sete colinas de Roma... nelas foi e sigue sendo posible reconstruir o pasado que nos identifica na Historia. Cartilal elemental, da que debe presumir, como recurso cultural, identitario e turístico quen se di galeguista e máis nacionalista. E, a arqueoloxía debe valer para facer as cousas ben e con rigor... nunca para dividir ou paralizar... vellos ritos que tentan e siguen algúns iteresados, os que nunca creron na cultura que abre os ollos, os sentimentos e as portas aos povos e ao futuro.
Apertas e adiante, que o futuro sempre esta de que fai e recibe ben.

Felipe-Senén