Videos da festa da fraga

Loading...

sexta-feira, abril 20, 2007

Actividades culturais nas Pontes e outras cousas que teñen que ver

Dende o departamento de cultura do Concello das Pones envíannos información sobre o programa:
CON-CERTA XUVENTUDE, co-patrocinado entre o Xacobeo e o Concello das Pontes.

O primeiro concerto será o de FOLK, este sábado 21 de abril e participarán os grupos:
PE DE BOI
PEPE VAAMONDE GRUPO
RUXE RUXE.

O concerto comezará ás 22h no patio do Colexio Sta. María.

Ademais mañá ás 16 h na Casa Dopeso terá lugar o acto de concesión de subvencións ás entidades culturais, deportivas, sociais, de medio ambiente e de participación veciñal. En total concéderonse 351.904euros de subvencións a 68 entidades sen ánimo de lucro do Concello das Pontes.

Tamén vos recordamos que mañá ás 20h na cervexaría Excalibur terá lugar o CAFÉ CIENTÍFICO ( con motivo da presenza nas Pontes da exposición O MUNDO NA TÚA CABEZA).

Sem comentários: