quinta-feira, novembro 06, 2008
XVIII Semana de Jazz de Lugo
E xa van XVIII, todo un luxo ter tan preto de As Pontes, unha semana de Jazz gratuíta, exceptuando as actuacións no Clavi, onde sempre podemos animarnos e participar nunha Jam session con músicos de primeiro nivel.
Programación:
10 / 11 / 2008
20.00. Doris Cales & Dan Rochlis: All that jazz. Auditorio Caixa Galicia.
21.30. 50 Anos de Bossa Nova (100 anos de El Progreso). Círculo de las Artes.
23.30. Coolbeat. Club Clavicémbalo.
11 / 11/ 2008
20.00. Eduardo Niebla Trio. Auditorio Caixa Galicia.
21.30. Mike Stern Band, con invitados especiales: Randy Brecker, Dave Weckl y Chris Minh Doly. Círculo de las Artes.
23.30. Sumrra. Club Clavicémbalo.
12 / 11 / 2008
20.00. Pablo Arrieta Trio. Auditorio Caixa Galicia.
21.30. The Avishai Cohen Trio. Círculo de las Artes.
23.30. Jordi Matas Quintet. Club Clavicémbalo.
13 / 11 / 2008
20.30. Jean Michel Pilc Trio. Círculo de las Artes.
23.30. Citric + Gravity Zero Trio. Club Clavicémbalo.
14 / 11 / 2008
20.30. Christian Scott Quintet. Círculo de las Artes.
00.00. Ivan Rojas Quartet + O Quinteto da Casa. Club Clavicémbalo.
15 / 11 / 2008
20.30. Danilo Perez Trio con Lee Konitz. Círculo de las Artes.
00.00. Ivan Rojas Quartet + O Quinteto da Casa. Club Clavicémbalo.
quarta-feira, outubro 29, 2008
De mina a lago nas Pontes de García Rodríguez
Nin Obama, nin McCain!! LITIÑO FOR PRESIDENT!!
quinta-feira, outubro 23, 2008
ANDY CHANGO
terça-feira, outubro 14, 2008
O Cantar do Mio CID deixa de ser anónimo pra serén atribuída a súa autoría ao literato musulmán al-Waqqasi
quinta-feira, julho 17, 2008
CIBERACCIÓN: "O EUME MORRE"
Medio Ambiente vén de culpar (9 de xullo) ás obras da autovía Ferrol-Vilalba da acidez no Eume, causa da morte dos peixes. Días antes (1 de xullo) para a consellaría o responsábel era o encoro do Eume, que explota Endesa. E non esquecimos a rocambolesca explicación ofrecida pola consellaría de Manuel Vázquez (25 de xuño) culpando da catástrofe ás "características xeolóxicas da canle", isto é, ao propio Eume. Diante deste paripé, ADEGA trasladará á Fiscalía de M. A. o ocorrido no río, para investigar o proceder da administración e depurar as responsabilidades neste atentado ecolóxico.
Tí podes esixir á administración que tome medidas urxentes para recuperar o ecosistema do Eume e o Chamoselo e que namentras non se leven adiante medidas correctoras, se suspenda a pesca no Eume entre As Pontes e a desembocadura. Tamén, podes esixir da administración máis transparencia e rigor á hora de determinar a orixe da acidificación e a morte dos peixes, probabelmenmte debida á "limpeza" do encoro da Capela. Dende a web de www.vadeando.com podes facer chegar a túa protesta á Consellaría de Medio Ambiente.
sábado, julho 12, 2008
dIRE sTRAITS
Os que queirades algo diferente fora do folk, tedes unha oportunidade de quedarvos en As Pontes, e desfrutar dun bo rato de lecer, con Dire Straits, non son eles, pero con toda a vontade de dar unhas notas de Mark Knopfler, e compañía, podedes vir o PUB PALIQUE e revivilos coa Brothers iN bAND
terça-feira, julho 08, 2008
Debuxos animados contra a outra cara dos xogos olímpicos chineses
sábado, junho 28, 2008
Entrevista a Steve Wozniak, cofundador de Apple
O canle de Internet Mobuzz TV, aproveitou a presenza en España de Steve Wozniak, cofundador de Apple co máis popular Steve Jobs, para facerlle unha entrevista. Conta a lenda que Steve Wozniak empeñou a súa calculadora HP, para crear o primeiro Apple I, mentres que Jobs a súa furgoneta. Wozniak era a cabeza programadora mentres que Jobs a empresarial, Wozniak desvinculouse do mundo empresarial fai xa bastantes anos, adicandose a dar cursos, conferencias, etc. En concreto en Madrid estaba no Congreso Nacional de Internet na Aula, para aplicar a novas tecnoloxías no ensino. Vaia que todo un personaxe. Para saber máis.
terça-feira, junho 24, 2008
Rever + Raze en concerto
segunda-feira, junho 23, 2008
Curta completa que se achega ao problema dos accidentes de tráfico e a mocidade.
Tres mozos suben ao Petón, un outeiro preto da súa vila, para beberen unhas cervexas. En canto beben e fuman falan do seu futuro, sen saber que poucas horas despois ese futuro deixará de existir debido a un accidente de tráfico. 3.500 persoas morren en España ao ano por accidentes de tráfico. Esta curta pon rostro a esta cifra. As vítimas pasarán a formar parte das estatísticas das máis de 40.000 persoas que morren anualmente nas estradas de Europa. Ver curta
sexta-feira, junho 20, 2008
A asociación cultural DZ presenta:
REGGAE NIGHTS vol. 2
+
Jr. PEPE
+
SOUND SYSTEM
Sábado 21 Xuño
23:30h 3€
no local da A.C DZ de San Sadurniño
E durante todo o verán.... OS MERCORES DZ!!!! todo-los mercores disfruta da millor música ao vivo no local da asociación
mercores 9 Xullo ESKAKEO + EKISDE
mercores 16 Xullo BLACK ROSE (versions de Thin Lizzy)
mercores 23 Xullo AL VILA
mercores 30 Xullo NEBOA + THE ARRADIOS
terça-feira, junho 17, 2008
Alqueva: o maior lago artificial de Europa Occidental
El pasado mes de febrero de 2007, el nivel del agua en el embalse de Alqueva llegó a la mayor cota alcanzada desde su construcción, ligeramente superior al 90% de la máxima capacidad de almacenamiento. En la actualidad, el embalse se encuentra lleno en un 80%.
Este embalse del río Guadiana se encuentra en la región portuguesa del Alentejo, próxima a la frontera hispano-portuguesa. De hecho, parte de la cola del embalse está en la provincia española de Badajoz.
La presa del embalse de Alqueva es grande, pero sin llegar a dimensiones colosales, unos
Informes de Ence apuntan riscos na ampliación do seu negocio galego
Derivados como o tisú, os cueiros ou o cartonaje son as opcións máis valoradas para unha papeleira
Os técnicos ven obstáculos tecnolóxicos, de evolución do mercado, e de capacidade ou organización forestal
Pechar o ciclo produtivo galego da madeira cunha papeleira é unha opción industrial que ofrece riscos de competitividade tecnolóxica, de funcionamento dos mercados e de xestión forestal. Así o admiten informes sectoriais internos realizados na comunidade autónoma durante os últimos anos. E así lle consta tamén á firma impulsora do proxecto, Ence, que nas súas últimas auditorías internas analizou os factores máis críticos da produción de celulosa.
A grandes ciclos aos que está sometido o mercado da pasta e o papel son un dos factores que máis preocupan aos expertos. Para Ence, a venda de celulosa representa o 79% dos seus ingresos, o que somete á firma a unha gran variabilidade pola evolución dos prezos.
No seu informe anual, o grupo admitiu que os ingresos provinientes da venda de celulosa están sufrindo os efectos do actual tipo de cambio dólar/euro, xa que os prezos de referencia no mercado internacional mídense en dólares por tonelada. Nos últimos anos, Ence recorreu a operacións forward (compra e venda anticipada de produtos en condicións pactadas de antemán) e contratou millonarios seguros de cambio.
O outro gran risco anotado pola empresa é o límite forestal de Galicia. De feito, o maior custo da actividade celulósica corresponde á adquisición de madeira en rolos de terceiros. Todas as filiais de Ence no mundo dispoñen dunha rede de captación de madeira de terceiros que aseguran a materia prima. Unha papeleira aumentaría as necesidades e tamén os custos.
O déficit está sendo superado por Ence grazas á contribución de madeira procedente de Uruguai, Chile e Congo, principalmente. Esta tendencia, que esixe o aumento das importacións de madeira non europea para as empresas do sector en España e Portugal, confirma a estratexia de Ence de maximizar o autoabastecimiento. A compañía realizou esforzos para ampliar o seu patrimonio forestal e mellorar a súa produtividade, coa compra en Uruguai de máis de 5.000 novas hectáreas neste primeiro trimestre do ano e con programas de I+D+i para a implantación de clons adaptados.
O impacto ambiental desta actividade industrial supón outro factor crítico. As auditorías reflicten que a renovación e disposición tecnolóxica sería tamén máis custosa en lugares periféricos, como Galicia. Ademais, España está considerada como un mercado pequeno para a pasta de fibra curta (a que produce Ence co eucalipto).
Fronte a estas deficiencias estruturais, os mesmos informes subliñan as oportunidades que se abrirían co peche do ciclo de papel en Galicia. Os expertos apuntan cara á fabricación de derivados do papel, como o tisú, os cueiros, envases e cartonaje como unha das opcións con maior capacidade de colocación nos mercados nacional e europeo, aínda que a competencia é dura, con grupos industriais que adquiriron dimensión nos últimos dez anos mediante fusións.
XOSÉ ALBERTE NA EXPO ZARAGOZA 2008
quarta-feira, junho 11, 2008
Próximos eventos na A.C.DZ.
DE CÓMO AS CHOIVAS IMPIDEN A CONTINUACIÓN DOS TRABALLOS; A FÁBULA DA FORMIGA E OUTROS CONTOS
A ambigüidade do discurso
Restan xa poucas horas para que se cumpra a primeira efeméride da destrución do Círculo Lítico da Mourela e aínda nada sabemos deses informes que restaban importancia á conservación da necrópole e que falaban de cabanas medievais e outras lerias, deses mesmos informes que aconsellaban a destrución do círculo e que daban o visto bon á grave alteración dun conxunto funerario milenario. Onde están eses informes? Por que logo dun ano non foron feitos públicos?
Levamos doce meses asistindo aos avatares da mala planificación dunha obra pública que día a día está a pór en perigo a integridade do noso patrimonio cultural e imos xa fartos e cansos de que a administración ignore os nosos consellos, que con todo o cariño que lles gardamos como administrados que somos deles, non chegamos a comprender que é o que se pretende facer no lugar. Entristecerianos moito ver un túnel ocupando o furado da Mourela.
Hai que lembrar que no mes de xuño do pasado ano, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural levantaba a cautela sobre os restos da necrópole megalítica e establecía unha serie de áreas de exclusión de obra no perímetro das mámoas. Esta decisión política excluía a necesidade de garantir a máxima protección dos elementos que aínda quedaban, ignorando a proposta plantexada pola Plataforma e por ADEGA para a construción dun túnel baixo o xácigo, que nun principio fora apoiada por Patrimonio.
Desbotada esta alternativa por parte da Consellería de Política Territorial, alegando a inviabilidade técnica e económica do proxecto, iniciáronse as tarefas de desmonte para a construción dunha gabia. Gabia que ben podería figurar no récord Guiness cos seus sesenta metros de profundidade como a máis fonda do mundo, aínda que tamén podería ser proposta a récord da ineptitude na planificación dunha obra pública.
Parece que a decisión de trazar unha autovía por medio dun campo de mámoas impide que a gabia conte cun sistema de terrazas laterais que neutralicen os desprendementos de terreo, que regulen a escorrentía das augas e que deixe pasar a luz do sol. É por isto que a día de hoxe as obras seguen paradas.
Unha mámoa ao bordo da gabia
En contínuas comunicacións dirixidas ao Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias Vilas, informábaselle sobre o risco de afectación das áreas de exclusión de obra que a súa dirección establecera no mes de xuño de 2007 e solicitábaselle a paralización das obras que estaban a afectar á área de exclusión de obra da mámoa catalogada co código GA15070127.
A día de hoxe a mámoa atópase a uns tres metros do bordo do talud, lonxe dos 40 metros de distancia establecidos por Patrimonio. Ao noso entender a situación actual impide a súa documentación se temos en conta a perigosidade de acometer a escavación deste elemento, por mor dos desprendementos. Das comunicacións ao director xeral nada sabemos, ninguén se sentiu aludido ao parecer. Mágoa que as oracións e as plegarias nada serven contra a forza da gravidade.
Intoxicación informativa
Como guindiña para este pastel administrativo tivemos a sorte de coñecer a semana pasada na televisión local das Pontes, unhas declaracións da Consellería de Política Territorial nas que se nos “informaba” aos ponteses do retraso nas obras da autovía por mor das choivas. Nada se dicía dos contínuos desprendementos de terra na Mourela, que obligaron a modificar os plans de actuación na zona, que engadiron máis tempo á finalización da obra e que están a por en perigo a integridade dos elementos patrimoniais que ainda quedan na Mourela. Tampouco se informaba das contínuas fendas na estructura de gunitado na parede Norte da gabia, que tiveron que ser feitas de novo en repetidas ocasións.
A choiva tivo algo que ver, pero non son os fenómenos ambientais os que planifican as obras públicas.
Reflexión final
Certo é que nos últimos meses preocupámonos moito ou demasiado por todo o que aconteceu na Mourela e dende algún sector local criticouse a nosa inoperatividade noutros temas a nivel patrimonial que afectan aos elementos arqueolóxicos das Pontes. Mais o caso da Mourela é un caso real e actual que exemplifica perfectamente cal é o interese e a atención que se lle presta ao patrimonio, tanto dende a corporación local como dende o goberno da Xunta. Por isto, a nosa teima de defender o que ninguén defendeu, a nosa teima por esclarecer o que ninguén esclareceu e a nosa ilusión por ver algún día o que é noso, respectado.
sexta-feira, junho 06, 2008
Lago da mina xuño 2008
E continua o enchido do lago...pasiño a pasiño
Pois si, comeza o mes de xuño, acercase o verano, afortunadamente diría eu, e entre opinións negativas, coma a do Catedrático Ramón Varela e tamén favorables coma a do tamén Catedrático Felipe Macias, continua a encherse o tremendo burato da xa, antiga mina de Lignito de As Pontes. Por certo moi boas entrevistas tanto a de Varela coma a de Macias que recomendo leades neste mesmo blog.
Sen entrar a valorar opinións concretas o que si me molesta dende a miña reducida óptica e a falla de información. Non se esta informando o pobo de As Pontes da evolución desta obra xigantesca. Estamos falando duna rexeneración medioambiental que vai transformar o noso entorno de maneira irreversible. Nin concello, nin Endesa, nin xunta. ¿non merece o pobo de As Pontes estar informado? Eu coido que si.
O pasado domingo día un de Xuño, din un paseo por a zona dos alimpadoiros. Déixovos un vídeo do aspecto que presenta o Lago. (Ver vídeo do Lago)
J.A.Blanco Bouza
Primeira Apostasia Party
PROGRAMACIÓN:
18:30 h - Happening Freak Cabaret - en la Pl. Catedral de Barcelona
20:00 h - Procesión Apostásica - Catedral, casa del Obispo hasta el Burdel (Raval)
21:30 h - La Última Cena - en el Burdel 74 (carrer del Carme 74)
23:00 h - Apostasía Party & Cabaret Show – en el Burdel 74
Para máis información: http://apostasiaparty.blogspot.com ou http://www.myspace.com/losmotivados
quinta-feira, junho 05, 2008
Cómo entran os lodos de ENCE no Ulla?
As minas de Touro reparten-se en dous sectores, Bama e Arinteiro. No sector de Bama, cando chove, a agua escoa ou filtra-se através dos lodos que se utilizan para restaurar os taludes, e a agua accede á lagoa superior, a máis grande das duas existentes neste sector.
quarta-feira, junho 04, 2008
Ramón Varela: "O enchido actual do lago das Pontes paréceme que non é o correcto"
Como ben sabe o enchido do oco da mina das Pontes xa se está a producir. No horizonte agárdanos o que será un dos maiores proxectos ambientais levados a cabo na nosa comarca nos últimos anos. Que eivas pensa vostede que presenta o actual proxecto do lago da mina das Pontes?
Ben, existen efectivamente varios problemas, uns relacionados co que é o medio físico e outros relacionados co medio ambiente. Co que respecta ao medio físico, hai que dicir que existe unha falla no lugar que ocupa a mina, que está aí dende fai millóns de anos inactiva na maior parte, pero que tivo unha actividade en épocas históricas, fai 2.500 anos aproximadamente. Esta falla que pasa polo Pedroso, As Pontes e Muíño Novo e que se extende en 55 kilómetros, pode ter actividade e pode provocar terremotos. Entón atopámonos que en canto se encha o oco de auga, debido á presión hidrostática, pode lubrificarse a falla e provocar terremotos. É evidente que este é un perigo certo que pode existir. Isto a nivel de medio físico. E logo a nivel ambiental, hai outros problemas como a humidade que pode crear, e ao mesmo tempo o problema e as repercusións que pode traer para as augas do río Eume. A miña opinión é que debería facerse un estudo ecolóxico de todo o entorno, estudo do impacto que pode producir o enchido desta forma e ao mesmo tempo sacar as conclusións, é dicir se merece a pena facer esta obra, en función das consecuencias negativas que pode traer.
Fálase de que un dos fáctores esenciais para obter unha correcta calidade das augas é o ritmo de enchido, que no caso de ser prolongado sería máis prexudicial para a calidade da auga. Cal é a súa opinión ao respecto?
Ben, coido que non debemos xogar con aspectos que na natureza non están comprobados. Refírome a que, se ben hai algúns exemplos de lagos que se crearon a partir de minas abandoadas, son todos exemplos que non son comparables ao que temos na actualidade aquí, pois teñen só a décima parte do tamaño que ten o oco das Pontes. Neste caso concreto, non hai ningunha experiencia no mundo onde se enchera un oco tan grande con estas condicións ambientais. Polo tanto se sae mal, non se poderá dar marcha atrás, no sentido de que non se vai a poder baleirar a auga, que sería demasiado ácida e traería problemas, e podería producirse problemas a nivel de ecosistema na ría. Entón a cuestión fundamental reside en que é preferible antes de comezar a facer as cousas, facelas con garantía. A calidade das augas terá que ser controlada por parte da Administración, por que a empresa o que fai é abandoar o proxecto unha vez que está cheo o furado e pasarllo á Administración. Polo tanto no futuro correremos todos cos gastos que poida levar consigo o control desa posible contaminación, e iso será un efecto máis que nos vai a deixar esta industria. Non é certo que non haxa alternativas, o enchido actual do lago paréceme que non é o correcto, tal e como o pretende facer a empresa, esa é a cuestión.
Fálase tamén das posíbeis modificacións do clima da zona debido á gran masa de auga que albergará o futuro lago. Como pode chegar a repercutir en constantes ambientais como a temperatura, a humidade e outros fenómenos asociados?
Ben, hai que ter en conta que estamos nunha zona de vacía e rodeados de montañas o que crea unhas condicións determinadas. A gran evaporación que se pode dar no lago nesas condicións, vai a repercutir nun aumento da humidade relativa, podéndonos atopar un ambiente cunha maior humidade da que existe na actualidade, e isto vai a traer repercusións negativas. Sábese despois da experiencia dos grandes encoros galegos, como o caso de Belesar ou de Castrelo de Miño, que antigamente nas zonas próximas aos encoros os agricultores tiñan que utilizar tres veces o sulfato para atacar o mildeo das viñas, e agora cos encoros xa construidos, en vez de tres veces necesitan aplicar ata oito veces o sulfato. Isto explícase por que as pragas como os fungos propáganse moi ben en condicións de humidade, polo que un aumento de temperatura cunha maior humidade na zona, serían as condicións perfectas para que proliferasen algunhas enfermidades, parásitas e vexetais. Pero ao mesmo tempo tamén podería repercutir na saúde das persoas pois veríanse agudizados algúns dos problemas relacionados co asma, a bronquite, os enfisemas e outros, de tal xeito que repercuta na saúde sobretodo dos nenos e das persoas maiores, que son o grupo máis sensible aos problemas respiratorios.
Como ben sabe o último dos mellores bosques atlánticos conservados alberga un treito deste río. Como pensa que pode afectar ás Fragas do Eume unha baixada no caso de seca, do caudal do río? E nos bancos marisqueiros da ría de Pontedeume?
Hai que ter en conta que esa auga áceda que se vai a producir no futuro lago en contacto coa pirita, vai a provocar a transformación dos sulfuros en sulfatos e polo tanto vaise a producir unha baixada do pH. É dicir que sí se verán afectadas as Fragas do Eume dalgunha maneira o que repercutirá negativamente nun espazo natural importante, repercutirá na calidade das augas do río Eume, repercutirá na calidade das augas da ría de Pontedeume e evidentemente repercutirá incluso, na saúde dos habitantes que están nas zonas próximas. Por qué? Pois por que aí vai a haber unha evaporación importante e unha humidade e iso vai a proliferar o aumento de pragas no campo, así como repercusións a nivel de enfermidades respiratorias como asma e bronquitis que poden afectar á poboación.
Que especies animais e vexetais poderíamos atopar nun futuro lago de seguirse co proxecto actual?
Eu non me atrevo a dicir o que vai a haber aí por que pode ser un lago morto tranquilamente. Se non hai garantías de que as augas teñan unha calidade determinada e de que esa auga sexa similar á do río Eume -e iso vai a ser bastante dificil-, é evidente que non podemos dicir que especies vai a haber aí. Ao mellor é un lago morto. Pódese dar a circunstancia de que sexa así. A evolución da calidade das augas tampouco se mira no primeiro momento, é dicir ao cabo de catro ou cinco anos, senón que hai que vela co paso do tempo, pois nun primeiro momento pode parecer que as cousas funcionan con normalidade e calidade, e despois a medio ou longo prazo pódense chegar a dar uns problemas importantes. O máis normal é que xa comecen os problemas dende o principio.
Logo de que a calidade da auga sexa a axeitada e a rexeneración do entorno esté completa, o control do lago pasará a Augas de Galicia. Como pensa que pode repercutir este traspaso de competencias no futuro?
A cuestión é que a nivel privado sabemos que non existe un control, pero que a nivel público ese control tampouco se dá. A proba é que moitos dos nosos ríos están contaminados, hai zonas de praia que están contaminadas, hai falta de depuración de augas residuais en moitos concellos e é unha competencia municipal e da administración pública. É dicir que nos atopamos que hai unha empresa que busca gastar o menos posible na solución dun problema creado pola propia empresa e a Administración acepta que ese problema se lle traspase a ela, o cal tampouco é garantía de que se vaia a realizar un control exhaustivo. Eu non entendo moi ben como a nivel público se pode aceptar un compromiso desta índole, pois isto traerá consigo que no futuro terá que haber un control exhaustivo e reparar o que a empresa estivo deixando mal. Isto recaería despois na Administración que tería que solucionalo, cando foi un problema creado por unha empresa privada. Atopámonos pois no punto de inicio, é dicir, como unha empresa privada logo de sacar uns benefizos tan grandes como tivo, -nos anos 90 acadaba uns benefizos netos de 40.000 millóns de pesetas-, agora poida estar escatimando a nivel económico a solución dun problema, que realmente non significa nada para o imperio que é esa mesma empresa. Penso que a Administración non debe pagar o custe da empresa privada, cos custes sociais que isto implica e cos custes económicos, claro.
Segundo os responsábeis do proxecto de rexeneración da escombreira, este é un dos exemplos europeos de rexeneración ambiental polo que destruir ou desfacer esta escombreira hoxe en día sería tirar os cartos que se invertiron para rexenerar esa zona. Que opinión ten vostede ao respecto?
Eu penso que a empresa actuou moi á lixeira, dende o punto de vista de que ela fixo o que lle pareceu coa escombreira, pois creou unha montaña artificial onde non a había por un lado, e por outro creou un foso onde antes non o había, ou sexa dous problemas distintos. A súa obriga tal e como establece a lei, é a de devolver os materiais que se sacaron dun lugar ao seu lugar de orixe, sempre que se poida. Neste caso o lugar que lle corresponde é o oco da mina. Pódese amortiguar o foso que produciu, cos escombros que depositou facendo a montaña. Isto é o que tiña que facer agora, trasladalo de novo, pero como á empresa lle resulta máis barato coller e abrir para que lle entre auga directamente do Eume é o que pretende facer, non é máis que unha cuestión de custes da empresa, trasladándolle o problema á Administración. Ao final é iso, enténdase da maneira que se entenda, e todo o demais son xustificacións do mundo, chamémoslle entre comiñas “científico” que máis ben é anticientífico, por que intenta xustificar o inxustificable. Non se pode xustificar neste momento unha alternativa como esta baixo ningún concepto e o que parece xa inconcebible é que os que dalgunha maneira teñen unha información científica distinta, que nin sequera se lles escoite, este é o caso do Instituto de Xeoloxía da Coruña que nin sequera a Administración se lle pon ao teléfono.
terça-feira, junho 03, 2008
LEO BASSI Unha bomba no teatro Alfil
Ateos, Agnósticos e escépticos fundan a primeira Asociación Ateísta Portuguesa
Em declarações hoje à agência Lusa, o presidente da comissão instaladora da AAP, Carlos Esperança, disse que os ateus estão a ser «atacados publicamente, de forma violenta», nomeadamente pela religião católica.
«Foi o Papa Bento XVI e depois o Cardeal Patriarca, D. José Policarpo, que considerou o ateísmo o maior drama da humanidade», sublinhou Carlos Esperança.
Para os ateístas, «o grande drama da humanidade é a fome, a guerra, o analfabetismo e o terrorismo», justificou. Carlos Esperança adiantou que a associação surgiu da necessidade da defesa da laicidade do Estado e de todas as correntes religiosas.
«Não podemos sofrer represálias por mudar de crença ou ser anti-crente», sustentou à Lusa.
A AAP defende «os interesses comuns a todos os que escolhem viver sem religião, defendendo o direito a essa escolha e a laicidade do Estado, e combatendo a discriminação e os preconceitos pessoais e sociais que possam desencorajar quem quiser libertar-se da religião que a sua tradição lhe impôs», conforme refere o «Manifesto Ateísta» da associação.
«O direito de não ter religião, ou de ser contra, é igual ao direito inalienável de crer, deixar de crer ou mudar de crença, sem medos, perseguições ou constrangimentos», sublinha o manifesto.
No «Manifesto Ateísta», a associação saúda ainda «todos os livres-prensadores: ateus, agnósticos e cépticos», que «dispensam qualquer deus para viverem e promoverem os valores da liberdade, do humanismo, da tolerância, da solidariedade e da paz».
«O direito de não ter religião, ou de ser contra, é igual ao direito inalienável de crer, deixar de crer ou mudar de crença, sem medos, perseguições ou constrangimentos», acrescenta.
Fonte: Sol, 03 de Junho de 2008.
segunda-feira, junho 02, 2008
Pontedeume oponse a que Ence trasládese á comarca das Fragas
O alcalde eumés, Gabriel Torrente (PP), declara que Ence non sería ben recibida na comarca. «É unha aberración que se instale aquí, nun espazo natural». Agustín Vilariño, portavoz do PSOE de Pontedeume, resume a súa postura así: «Canto máis lonxe estean este tipo de proxectos, mellor». Para o BNG eumés, a instalación de Ence nas Pontes suporía unha «voadura controlada para ou parque natural». A Sociedade Galega de Historia Natural tamén considera que As Pontes non é o lugar idóneo para Ence. «Vos tremendos impactos dabondo coñecidos deste tipo de industria, sumaríanse aos causados dende hai décadas pola central térmica de Endesa e as actividades mineiras», sinala. Tamén argumenta a entidade que a industria papeleira repercutiría de forma negativa no parque natural.
Estas posturas en contra de Ence contrastan coas mantidas polos políticos e sindicatos das Pontes e o propio conselleiro de Medio Ambiente. O alcalde das Pontes, o socialista Valentín Formoso, sinala: «Temos auga, gas industrial, 2.200 megawatts eléctricos, vocación industrial, 180 hectáreas de chan industrial, proximidades con infraestruturas viarias e eucalipto nun radio de 70 quilómetros». Formoso conta co respaldo de UXT e do PP. O portavoz do PP no municipio, Eladio Pico, tamén se mostrou favorable ao asentamento de Ence nas Pontes, aínda que asegurou sentirse escéptico de que finalmente o proxecto concrétese na vila mineira. BNG, CIG e CC.OO. eludiron pronunciarse ata coñecer en profundidade os detalles da iniciativa.
A Voz de Galicia
quarta-feira, maio 28, 2008
Trompos nas glorietas co beneplácito do alcalde das Pontes
terça-feira, maio 27, 2008
As lagoas artificiais 'secuestran' o CO2
Un estudo con partipación española asegura que este tipo de balsas absorbe máis dióxido de carbono cos bosques,e tanto coma os océanos
Ata o de agora foran desprezadas, pero realizan un traballo importante de mitigación do cambio climático. Os estanques agrícolas, creados polo home para fornecer auga aos campos de regadío, absorben máis dióxido de carbono que os bosques, e tanto como os océanos. E trátase de cantidades nada desdeñables, segundo un estudo liderado pola Universidade de Iowa (EEUU) e publicado en Global Biogeochemical Cycles. O investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Carlos Duarte, quen participou neste estudo, apunta que a taxa de captación das presas agrícolas é mil veces superior por metro cadrado á dos océanos, e de 20 a 50 veces maior á dos bosques.
é a primeira vez que se realizaron medicións nestas infraestruturas. "Son sistemas acuáticos pequenos, que ata agora non se tiveron en conta, pero que contribúen a mitigar nunha medida modesta pero importante o cambio climático", apunta Duarte. Os estanques artificiais secuestran cada ano 150 millóns de toneladas de carbono, unha cifra similar á que se almacena nos océanos.
Para realizar o estudo, os investigadores realizaron medicións da cantidade de carbono que absorberon as balsas de EEUU durante os últimos 10 anos e revisaron os informes con medidas puntuais de diversos países. "Fronte aos lagos naturais, os estanques teñen unha maior capacidade de captación de carbono polo propio uso das balsas, ás que tamén acode gañado, e que están enriquecidas con nutrientes, polo que a produción fotosintética é maior", explica Duarte.
A taxa de acumulación de sedimentos na piscina é moi alta, polo seu propio uso, e como consecuencia a súa vida útil é curta. Unha vez que se deixa de empregar para regadío, o ideal é que se abandone, e que se escave unha nova. Duarte indica que un dos prexuízos é que se drague, xa que os sedimentos que atrapan ao CO2 removeríanse e liberaríase o dióxido de carbono.
No mundo hai 304 millóns de lagoas naturais e balsas agrícolas, que cobren uns 4,2 millóns de km2. España carece dun inventario destas lagoas, unha materia pendente para o que podería perfílase como unha nova solución para salvar o clima.
Incorporar os estanques no "post-Kioto'
Dada a importancia destas balsas, o investigador do Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (CSIC-Universidade das Illas Baleares) Carlos Duarte afirma que se deberían incorporar no próximo réxime internacional de redución de emisións, tras o Protocolo de Kioto en 2012, como sumidoiros de dióxido de carbono.
Os encoros agrícolas absorben en torno ao 5% das emisións e iso debería recollerse na lexislación. "Deberíase incorporar como sumidoiro e, ata, dentro do conxunto de créditos de carbono, que se computaría á agricultura", indica Duarte. Os lagos artificiais terían a mesma consideración que os bosques, como captadores.
Artigo do diario Público
quinta-feira, maio 15, 2008
Exposición en Fene
Non sempre podemos asistir a exposicións primixenias, de artistas que aínda non están metidos na boraxine dese mercantilismo feroz que rodea a todas as facetas do arte hoxe por hoxe. Tres artistas novos, invítanos a apreciar a súa obra a partires desta sexta feira no concello de Fene.
XII FESTA DA MAROSA
Este fin de semana, tedes todos unha cita na praia da Marosa no concello de Burela, dende xa fai anos 12 concretamente, levase celebrando este festival que nos axuda a quentar motores para todo-los vraos. Así que xa sabedes se queredes unha finde animada tedes un peazo cartel en Burela a partires desta sexta feira.
Seguro que algún dos que anda por aí o coñecedes, canto tempo...
quarta-feira, maio 14, 2008
Reportaxe sobre Choiva Azeda no xornal comarcal Pegadas
Acerca de mim
- choiva ázeda
- As Pontes, Galicia - Spain, Antarctica
- A Asociación Cultural foi creada no ano 2003, e nace co obxectivo de ser un medio de apoio para todo tipo de representación e inquedanza cultural da cidadanía, así coma medio de formación, por medio de cursos e actividades. A bitácora de Choiva Azeda pretende divulgar o traballo de distintos colectivos sociais, e ca idea do fomento da participación social en materias como o patrimonio cultural e medio ambiental, a sustentabilidade ou a educación. forma de contacto: choivazeda@hotmail.com ou nos tlfos: 659092297 (Marcos), 650003849 (Helio) local social: Rúa Alimpadoiros s/n CP: 15320, As Pontes (Galicia)
Arquivo do blogue
-
▼
2008
(140)
-
►
junho
(16)
- Entrevista a Steve Wozniak, cofundador de Apple
- Rever + Raze en concerto
- Curta completa que se achega ao problema dos accid...
- A asociación cultural DZ presenta:
- Alqueva: o maior lago artificial de Europa Occidental
- Informes de Ence apuntan riscos na ampliación do s...
- XOSÉ ALBERTE NA EXPO ZARAGOZA 2008
- Próximos eventos na A.C.DZ.
- DE CÓMO AS CHOIVAS IMPIDEN A CONTINUACIÓN DOS TRAB...
- Lago da mina xuño 2008
- Primeira Apostasia Party
- Cómo entran os lodos de ENCE no Ulla?
- Ramón Varela: "O enchido actual do lago das Pontes...
- LEO BASSI Unha bomba no teatro Alfil
- Ateos, Agnósticos e escépticos fundan a primeira A...
- Pontedeume oponse a que Ence trasládese á comarca ...
-
►
junho
(16)