sábado, abril 21, 2007

A longa, difícil e dura travesía do apóstata

Moitas dioceses poñen trabas para renegar da fe católica.
A Axencia de Protección de Datos xa axudou a 50 ateos.
Para apostatar hai que facelo primeiro na parroquia e despois na diocese.
A Igrexa sabe cantas ovellas hai no seu rabaño, xa que asegura que o 94% da poboación española está bautizada. Con todo, descoñece ou non quere saber cantas desexan saír do curro católico. E é que apostatar (renunciar á fe católica) en España é unha travesía bastante longa e complicada. A Conferencia Episcopal remite a cada diocese (hai 69 no noso país) e aí empezan os problemas.
Mentres que a de Sevilla é máis aberta e non pon reparo ás apostasías, a de Madrid e Valencia, por exemplo, decidiron combatelas. En Sevilla non se pon trabas aos apóstatas, en Madrid e Valencia sí.
Para Esquerda Unida, a solución tena o Goberno. Debe regular un procedemento que permita de forma rápida e con garantías causar baixa das relixións. Non só darse de baixa, senón que a Igrexa suprima dos seus rexistros os datos persoais das persoas que non queren formar parte da súa confesión, indica a deputada Isaura Navarro.

O QUE HAI QUE FACER PARA APOSTATAR
Apostatar, segundo a Lei Orgánica de Protección de Datos, recibe o nome de exercicio do dereito de oposición. Para poder facelo, hai que realizar dous procedementos paralelos: un na parroquia onde se recibiu o bautismo e outro na diocese desa parroquia. En ambos os casos hai que enviar unha carta de exercicio do dereito de oposición cunha fotocopia do DNI. Pódese entrega en man, mediante burofax ou requirimento notarial. Se non se recibe resposta nun mes, pór unha denuncia na Axencia de Protección de Datos.

1 comentário:

Anónimo disse...

eu xa intentei apostar con eses dous das fotos. Para cando o segundo intento? (e definitivo, que no primeiro non puxemos moito empeño).

Apertas dende o chollo (en galego). :)